CRÓNICAS 24ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “CLARÉANSE AS COUSAS NAS LOITAS POR ARRIBA E POR ABAIXO”.

 

Crónicas 24ª Xornada

O lider San Lorenzo gañaba o sábado e poñíalle presión ao Corme e Muxía, segundo e terceiro respectivamente. Os cormeláns caían sorpresibamente ante o Coristanco, (nun choque con susto para o xogador cormelán Eloy, e nun choque moi tenso), e fan que se lle escapen os de Berdillo a 5 puntos. A derrota do Castriz ante os berdilleses pon a loita pola promoción máis “light” e parece difícil que se lle escape a Corme e Muxía, ainda que quedan por disputar 18 puntos, pero a diferenza dos xalleiros cos do Roncudo é de 9 puntos e cos da Vila da Barca de 7. O título e ascenso direto ten cada vez máis cor carballesa.

Por abaixo o Oza puntou e o Corcubíón tamén e aprétase a cousa. O Cerqueda segue sen dar señais de vida pero ainda ten opcións. Nesta loita tamén está o Volantes que perdía en Muxía, e escapase do perigo o Ponteceso ca importante vitoria en Camariñas. Todo apunta a que será antre Cerqueda, Oza, Corcubión e Volantes.

As crónicas irémolas completando segundo nos cheguen os comenrtarios dos adestradores, polo que non están pechadas ata completar todos.

 

 

Partido entretido con goles o que se veu na Arliña.

 

Muxía CF 5-2 Volantes de Baño FC

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “O partido comeza con un gol. Pesco pon un balón largo perfecto para que Mamadou de volea ca zurda mande o balón ao fondo da rede. Costounos coller o dominio do partido, xa que o xogo parábase moito con faltas. Iago é derribado cando ía entrar na área e Michael lanza a falta que para o porteiro. Toja fai un gol pero é anulado. Iago nunha boa xogada individual fai o empate. Un xogador visitante foi expulsado con cartón vermello direto. Pasada a media hora Fran entra pola lesión muscular de Toja, e antes do descanso fai un bonito gol de volea. E a mellor foi para Mauro que se atopou co longueiro. Tras o descanso, co partido bastante controlado, chega o empate nunha xogada embarullada na que Miguel acaba rematando a gol. Non nos viñemos abaixo e pouco despois Iago volve a marcar. Contamos con varias ocasións claras, e Fran a pase de Manu fai o cuarto, e na última xogada do partido o propio Fran fai o 5-2 a pase de Mauro”.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Pape, (1´); 1-1, Iago Muiño, (27´); 2-1, Fran Moreira, (45´); 3-1, Fran Moreira, (45´); 3-2, Miguel, (63´); 4-2, Iago Muiño, (63´); 5-2, Fran Moreira, (76´).

Incidencias : O colexiado do encontro, Óscar Rey, expulsou ao xogador do Volantes, Borja no 43´, con vermello direto. Debutou no Muxía o cadete Hugo, que entrou no minuto 76.Segundo o adestrador dos da Vila da Barca tivo o rapáz unha boa actuación.

 

 

Corme CF 2-3 SD Coristanco

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) : “Partido que chegamos con baixas importantes, con duas metades pa casa equipo, con pocas ocasions, moitas interrupcions, pouco futbol, xogadas moi polemicas, de novo marchamos con lesionados do partido e cun expulsado ( expulsión xusta a de Alejo) e o rival impugne. Partido no primeira parte que empezamos durmindo, e algo nerviosos e nun despiste en defensa adiantariase o rival. Empezamos a controlar o partido, buscando o empate con mais corazón que cabeza e sería Jesús quen de facer o empate despois dun diro lonxano co axuda do forte vento. Seguimos intentando, e sería o xuvenil Rubén quen teria un gran ocasion pa poñernos por diante no luminoso pero non tuvemos afortunados. Segunda métade más de lo mismo, donde o rival tuvo algo mais de control e de novo noutra indecisión nosa adiantariase o coristanco. Seguimos intentando, pero con pouco acerto, moitas imprecisions, sufrimos outra lesión mais, dests vez Eloy, despois dunha durisima entrada por detrás, sin opcions de xogar o balón, tuvo que ser sacado en camilla, temíamos o peor, xa que sufrira a ruptura dunha vértebra nun accidente, despois de pasar polo hospital e de facerlle probas descartouse calquer lesión osea, xa se encontra na sua casa tratando de recuperarse. Despois chegaria o terceiro do rival nun clarísimo fora de xogo. Reclamaron un penalti do noso porteiro xuvenil, cando e o propio dianteiro rival o que fai a primeira falta agarrando o noso porteiro. De novo outra pequena trifulca despois de sair do campo un xogador do Coristanco, o que provocou a lesión de Eloy, saindo por detrás da porteria donde se atopan os aficionados do corme, podendo sair po lo outro lado do campo. Conseguimos o 2/3 despois de transformar un penalti Alejo cando xa estaba pa rematar o partido, e de novo tangana o final do partido que non chegou a mayores. Resultado final cun 2/3 no marcador. Toca seguir pelexando contra vento e marea e pensar xa no próximo partido de FUTBOL”.

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido condicionado polo vento, no que o Corme plantexou moito xogo direto en busca de Alejo que caía unha e outra vez nas costas da defensa. Nós procuramos combinar, dentro do que permitía o vento, e nunha das primeiras chegadas definía Rama xirándose dentro da área tras un centro lateral de Villa. 0-1. Pouco despois, un destes balóns lanzado polo lateral dereito local envelenábase co aire e tras botar supera a Diego por alto.1-1 ó descanso. Xa na segunda, puxemos o 1-2 na primeira acción de ataque, onde tras boa xogada Mario era o que marcaba. Co vento a favor, conseguimos dominar máis se cabe, mentres o Corme seguía buscando chegar á nosa área lanzando balóns directos. A seguinte acción chave foi un penalti moi claro no que o porteiro agarra a Rama polas costas e o tira cara atrás, non é sinalado. Pero sería o propio Rama o que pouco despois poñía o 1-3, definindo perfectamente no man a man. Cando parecía que xa o Corme se daba por vencido, unha acción idéntica a que antes non se sinalou na nosa área, era cobrada como penalti de Pazos sobre Alejo. Metería o 2-3. Ten mérito o Corme porque, imaxino que pola presión desa gran afección que ten, nas moitas ocasións en que xoguei ou adestrei alí os visitantes marchamos con un 1 ou 2 penaltis en contra e ningún a favor. A partir de aquí demos un pasiño atrás, e eles con máis corazón que cabeza buscaron o empate. Resultado xusto tras un gran partido de todos os nosos xogadores“. 

Goles : 0-1, Rama, (6´); 1-1, Suso, (13´); 1-2, Mario, (46´); 1-3, Rama, (80´); 2-3, Alejo, (86´de penalti).

Incidencias : O colexiado do encontro, Manuel Espasandín, expulsou ao xogador do Corme, Alejo no  tempo de desconto final, con vermello direto. Saeu lesionado Eloy do Corme, tras unha dura entrada, e que deu un susto monumental ao adestrador e compañeiros. Xa está na casa e o noso maior desexo de que todo quede só nun susto e prionto esté de novo cos compañeiros.

 

 

SD Oza 4-1 UD Monte Louro

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que na primeira parte tivemos tres ocasións claras e nas conseguimos materializar. E sempre fomos a remolque xa o que perdona págaa casi sempre.
Adiantáronse eles nun erro defensivo pero pronto empatariamos por medio de Juan Lois. A segunda parte non se xogou moito onde había moitas disputas de balón pero sin ningún equipo ter o control. E sobre o minuto 80 adiantase o Oza nunha acción que o seu dianteiro esta 2 metros fora de xogo. Nos aí fomos con todo para arriba e por orgullo conseguimos o empate no 90 por medio de Raúl. Teríamos outra máis no seguinte minuto pero pararía ben o seu porteiro. Creo que o empate e xusto o final e só nos vamos insatisfeitos co tempo de desconto que foi de un minuto con 4 cambios por cada equipo, máis tres veces que houbo que atender xogadores. Para acabar seguimos en boa líña de resultados e estamos máis preto do noso obxetivo
“.

Goles : 1-0, Iván, (23´ ); 1-1, juan Lois, (31´); 2-1, Iván, (76´); 2-2, Raúl, (87´).

 

 

UC Cee 2-2 UD Corcubión

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) :  “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”. 

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “O vento foi influinte no partido. O equipo competeu de marabilla. Houbo moitas tarxetas no desconto. O Cee veuse co 2-0 e que empatasemos fixo que o encontro fose tan intenso. A primeira con vento e todo chegounos o Cee, e fallamos algún gol, pero xogou Iago lesionado e se estivese ben non as fallaba. A primeira parte para o Cee e a segunda para nós. Competimos ben e soubemos levar o partido sendo moito mellores na segunda e tendo moitas ocasións de gol. Competindo coma onte poderíamos estar fora dos postos de perigo nos que estamos metidos”.

Goles : 1-0, Bruno, (12´ ); 2-0, Adrián, (37´); 2-1, Iago Lema, (42´); 2-2, Mario, (68´de penalti).

Incidencias : O colexiado do encontro, Iván Guerra, expulsou no desconto do encontro os xogadores do Cee, Bruno, rubén e Jon. Amosoulle 13 cartóns amarelos aos ceenses e 4 aos corcubioneses.

 

 

Camariñas FC 1-2 SD Ponteceso

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Máis do mesmo, cando as cousas están de non, é non. Seguimos sendo superiores os rivais pero séguenos a penalizar os erros, moi claros, pero é a nosa seña de todo ano. O partido púxosenos moi costa arriba en 5 minutos do segundo tempo, nos que tiramos pola borda o feito, en duas accións nas que nos meten dous goles, o segundo a balón parado como nos acostuma a pasar. A prtir de aí foi asedio total, pero estamos negados de cara a gol, cóstanos Deus e axuda. Non fomos quen de remontar o parido. No fútbol o que mandan son os goles e aí non puidemos. Tampouco temos sorte con algunhas decisións que nos afectan en cada partido. A seguir loitando nestes 6 encontros que quedan.”.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Rompemos a racha negativas das derradeiras xornadas e volvemos a coller a senda da vitoria. Unha vitoria sinceramente, moi traballada pero non merecida, eu creo que o Camariñas tivo ocasións de sobra para empatar o partido. A primeira parte foi moi iuguala, vistosa e sen ocasións. A nosa máis clara foi unha de Luca na que o porteiro fai unha parada impresionante e eles tiveron algunha que o noso porteiro parou en liña de gol. Na segunda metade saimos moi activos e aproveitamos os 10 primeiros minutos nos que acadamos os dous goles. O primeiro de Charro tras unha boa contra levada por Neira, e o segundo de corner, foron os minutos nos que estivemos mellor ca eles. A partires de aí, o Camariñas fixo tres trocos e xa foi un acoso e derribo por parte deles. Defendemos como puidemos, cas baixas que traíamos e cas que se produxeron no encontro, saeu Luca, Dani e Peón lesionados, o que fai que estexamos en cadro e tirando de xuvenís, con ata 4 e o porteiro xogando de dianteiro. Ata o final foi achicar auga e o desconto de 10 minuto foi moi duro para nós. O máis xusto sería o empate, pero a veces a sorte tamén mira para nós, que outras veces merecémolo e non nos sorrío. Bo trunfo para darnos moral nos próximos encontros e escapar deses postos de perigo“.

Goles : 0-1, Charro, (50´); 0-2, Ángel, (53´); 1-2, Roi, (88´).

Incidencias : Sairon lesionados os xogadores do Ponteceso, Luca, Dani e Peón, este último cunha forte escordadura de nocello. A todos eles o noso desexo dunha pronta recuperación.

 

 

Outes FC 2-0 UD Cerqueda

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) :“Partido trampa ante un equipo que está aí abaixo e que non tiña nada que perder e viña a tentar gañar para poder salvar a categoría, estes rivais non se nos soen dar ben. Primeira metade de “toma e daca”, sen dominador claro de balón, con ida e volta de área a área, con incertidume de que en calquer xogada ou balón parado nos puideran facer gol. Non estábamos cómodos, non podíamos combinar, e ainda así a ocasión máis clara témola cun remate de Estefan o longueiro. Por parte deles non hai ningunha ocasión reseñable. Na segunda metade tentamos cambiar, axustar cousas para ter máis balón, controlar o partido para que non seguise sendo de ida e volta e conseguímolo pero sen acabar de estar ben. Eles co paso dos minutos van perdendo tono físico e eso permítenos ter máis chegadas o área. Creamos un par de boas ocasións e outro balón o poste, pero non estábamos finos no remate, ata os derradeiros instantes do partido cando conseguimos estar acertados e marcou Capelo por partida dobre, en duas accións de chegadas o área. Cun pouco máis de calma na segunda metade poderíamos ter solventado antes o partido. Tres puntos máis e a pensar no seguinte partido“.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Primeira parte con 3 ou 4 ocasións claras de Lorenzo, Andrés e Palermo, nas que non fomos capaces de acertar. Eles tiveron máis posesion, e un tiro o longueiro. Tiveron menos ocasións ca nós. Na segunda metade o principio tivemos unha clarísima de Alexis, e despois o Outes dominou e tivo unha ocasión na que estivo Mario acertado. Dispuxeron tamén doutro balón o longueiro. Cando parecia que ía ser un partido de empate no 85′ eles consiguen unha contra tras un rebote que lles beneficia e fan o 1-0. Acto seguido a sorte volvenos ser esquiva nunha falta onde entre o porteiro, e o balon o longueiro, non foi posible marcar. Despois no 93′ xa cos brazos baixados fannos o 2-0. Partido moi serio do Cerqueda que como minimo mereceu un empate”.

Goles : 1-0, Capelo, (84´); 2-0, Capelo, (93´).

 

 

CD Muros 2-1 Cabana SD

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Partido moi importante para nos nos que acadamos os tres puntos e asi preparar o derbi. Saimos moi enchufados na primeira parte con unha presión alta e con varias ocasións, conseguiríamos poñernos por diante, e incluso marcar o segundo para ir con tranquilidade o descanso.Na segunda metade todo trocou donde o Cabana seria moi superior, non conseguimos axustar a liñas e deixando asi moitos espacios e o Cabana tería tamén as suas ocasións. Conseguiria recurtar distancias e incluso puido empatar o partido pero ai estaba Xandre que unha vez mais axuda e moito o equipo. Conclusión, unha metade para cada equipo que sufrindo nos levamos os tres puntos”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeiro tempo no que o Muros presionou moi arriba e o Cabana cometía moitas imprecisións que facían que o perigo rondará a nosa meta. Adiantábase o Muros e non reaccionábamos, e noutra perda de balón fannos ó 2-0, merecido según o visto. Cambio radical no segundo tempo que foi totalmente noso e acurtábamos distancias por medio de Manuel. Dispuxemos de boas ocasións pa acadar o empate pero Xandre, e un defensa baixo paus desbarataron os nosos intentos. Xogaron : Víctor (Manuel), Aaron, Sergio Ferreiro, Naka (David), Dani (Javi), Fernando (Miguel), Sergio Antelo, Moreno, Simon, Pablo (Castro), e Manuel”.

Goles : 1-0, Alonso, (22´); 2-0, Aarón, (30´ en propia porta); 2-1, Manuel, (68´).

 

 

-Xogado o sábado-

 

San Lorenzo 3-0 SD Castriz

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado, dónde dominamos todas as facetas do xogo. Empezamos dominando, e dispoñemos de varias ocasións para poñernos por diante no marcador, e foi en un claro penalti por mano, que marca Iván enganando ao porteiro. Apartir de aí, xuntámonos un pouco máis e o Castriz dou un paso hacia diante, e nós moi serios atrás tratando de sair rápido, dispoñemos de duas claras ocasións antes de chegar o descanso. Na segunda, empeza o Castriz dominando, e nós con unha presión moi alta éramos os que seguiamos chegando con moita claridade a portería contraria con varias ocasións, pero non chegaba o segundo hasta que en unha moi boa contra, que conduce Eloy para deixar a Mateo en moi boa posición para marcar, pero fanlle falta dentro da área, e Iván marca o segundo de penalti por toda a escadra. Foi un duro golpe para o Castriz e non serían capaces de crearnos apenas perigo, salvo en algunha acción a balón parado que soubemos defender ben. Dispoñemos de algunha ocasión máis para facer o terceiro. Un gol anulado a Iván e outras duas ocasións claras por medio de Eloy e Diego. E o terceiro ven dunha contra que acaba en un centro de Carlitos e marca Iván para facer o terceiro. Vitoria importantísima para nós que nos serve para estar no máis alto, e a pensar xa no Cabana que será unha saída moi dificil”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Encontro condicionado polo terreo de xogo, o ser de céspede natural e con tanta chuvia como caeu facía moi difícil xogar por abaixo, sobre todo en determinadas zonas do campo. Evidentemente o San Lorenzo está máis acostumado a xogar neste contexto e polo tanto aclimatouse máis rápido o partido e estivo máis cómodo, ata que nós conseguimos meternos nél. Partido intenso, de moitas disputas, pero con moito centrocampismo, sen chegadas as áreas, poucas xogadas combinativas. Eles gañaron máis segundas xogadas no primeiro tempo ca nós e con eso daba sensación de estar máis preto do gol eles ca nós, ainda que sen ocasións claras por ambas partes. Unha semana máis que xogamos cos de arriba e que decisións arbitrais condicionan o partido. Desta volta foi un penalti nos primeiros minutos que para nós é inexistente, ou mínimo moi riguroso. Debería ter deixado xogar aos equipos sen influir. O gol sumado as baixas que temos, e a que temos xogadores con baixa forma, saindo de lesións, foi un pau duro. Tiveron no primeiro periodo un par de achegamentos, por un noso. Na segunda parte entramos nós mellor e co paso dos minutos dominamos as accións e a sensación era que estábamos máis preto do empate que dun gol deles, pero lamentablemente, outro penalti e deixoulles o encontros en bandexa. A lousa xa era moi grande para nós, e o títpico nestas situacións cando tratamos de estirarnos un pouco, otra acción polémica, roubanlle o balón a Iván Facal e clara falta, deixou seguir o árbitro e ven o 3-0. Tres goles con influenza diretísima do árbitro, e a pena como nos pasou en Muxía que non se puidera disputar ben o encontro por influencias. Darlle a noraboa o San Lorenzo que en termos xerais foron mellores ca nós, e mereceu a vitoria, pero doutra maneira, que nós deixasen competir sen influenzas”.

SD San Lorenzo : Benjamín, Raúl, Luciano, Pablo, Eloy, Alejandro, Jairo, Andy, Iván Rojo, Mateo e Daniel. Tamén xogaron : Diego, Juan, David, Diego Varela, e Joaquín.

SD Castriz : Juan, Carlos, Samuel, Adrián, Sebas, Adrián Rodríguez, Iván Facal, Martín, Mourelle, Ánxo e Saúl. Tamén xogaron : Juan Álvarez, Fran Calvo, é Álvaro.

Goles : 1-0, Iván Rojo, (12´de penalti); 2-0, Iván Rojo, (12´de penalti); 3-0, Iván Rojo, (80´).

Árbitro : Chrístian Sendón : Amonestou polo San Lorenzo a Andy, e polo Castriz a, Adrián garcía, Martín, Saúl e Álvaro.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”