CRÓNICAS 24ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “PORTEÑO E BAIÑAS IGUALES A PUNTOS NA LOITA POLO TÍTULO TRALA DERROTA DOS DA PONTE NO DERBI CO CAMELLE E UN POSTO DE PROMOCIÓN AINDA NO AIRE, NESTES INTRES PARA O LAXE”.

 

O Porteño agradeceu a afección o seu apoio.

 

 

Crónicas 24ª Xornada

No día de onte poñíamos que o Baiñas eo Pereiriña empataran a ceros, erro motivado o coller o resultado das actas da web da Federación, e tal como nos explicaron dende o Baiñas, o colexiado andaba apurado e non redactou o acta. pedimos disculpas polo erro. O equipo baiñés goleaba o Pereiriña e con este resultado ademáis de ser novo equipo da Liga da Costa 2023/24, empatan na cabeza da táboa co Porteño, primeiro por golaveraxe. Os da ponte do porto seguen a depender deles mesmos nas duas xornadas que quedan e onte caía por 3-4, nun intenso derbi ante o Camelle, cun ambentazo na Grixa, e coa celebración por parte dos da ponte do Porto, do ascenso acadado a semana pasada.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CD Baiñas, xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, e afección.

Queda por definir o título e quen ocupará o posto de promoción que está no aire, e que se dilucidará según o que fagan. Laxe, (que ostenta agora este posto), ou Lira.E se fallan os dous ata podería quedarse con él o Seaia. Buño e Camelle xa teñen a promoción asegurada, e o Zas pendente de como mínimo gañar un encontro.

 

O Camelle exultante tras levarse o derbi.

 

 

CF Porteño 3-4 SD Camelle

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) :“Antes de nada darlle a noraboa o Baiñas polo ascenso direto e sobre o partido decir que o Camelle foi máis intenso ca nós, con algo máis de coraxe e de gañas para levarse o partido. Non tivemos un bo día, cometemos moitos erros atrás, dos que non acostumamos a cometer. Marcaban eles, empatábannos, volvíamos a marcar e empatábannos e fallábamos e metíanse por diante. encontro raro con máis fallos do que aciostumamos en toda a tempada, con ata 10 ou 12 erros graves. Felicitar o Camelle por gañaro o derbi. Seguimos dependendo de nós polo título e agora temos unha final para a semana en Laxe”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido moi intenso e moi disputado donde tivemos innumerables ocasións os dous equipos. Eles levarían o xogo e nos intentamos sair o contraataque. Nun deles poñeríamonos por diante cun gol de Rodri Crejo de vaselina o porteiro. Empataban eles o pouco cun gol de Pejo, en fora de xogo, nunha falta sacada rápida polo Bello, pero un par de minutos despois, Marcotinho noutro balón en longo definiría nun man a man co porteiro. Habería moitas máis ocasións pero chegaríamos así o descanso. O partido seguiu a mesma dinámica en ocasións, pero penso que nos empezamos a coller algo máis o control do balón. Empatábannos de penalti, e volveríamos a poñernos por diante cun tiro de Tereso. Tiveron eles unhas cantas ocasións claras, e nos mandábamos 3 balóns o pao en 5 minutos, pero quen poñeria o empate seríamos nos en propia meta, nun balon que perde Quintelo e o centro do xogador do Porteño o balón bate en Dido, e iríase o fondo das mallas. Xa no derradeiro suspiro do encontro, nun balón en longo por banda, recolleo Crejo e vaise do defensa e poñe o pase da morte que non desaproveitaba Adrian. Antes desto o Porteño quedaba cun menos o ser expulsado o porteiro por mans fora do área“.

Goles : 0-1, Rodri, (23´); 1-1, Pejo, (27´); 1-2, Marcotiño, (28´); 2-2, Manuel, (62´de penalti); 2-3, Carlos, (76´); 3-3, Carlos de Dido, (85´en propia porta); 3-4, Adrián Pasantes, (90´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Óscar Santos, expulsou ao xogador do Porteño, Lema, (85´), por tocar o balón fora do área ca man. Tamén expulsou o técnico do Camelle, por dobre cartón, (42´e 42´). O xogador muxián do Camelle, Marcotiño sufreu nunha xogada fortuita un corte na cella que tivo que levar 3 puntos. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

 

Xallas FC B 1-1 CF Lira

Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Partido igualado no que nos primeiros minutos de xogo houbo ocasións claras do Lira. Ttiveron ata 5 ocadións de gol. Os nosos estiveron ben plantados no campo, tocando ben o balón e dominando o xogo. No 1º tempo tivemos que realizar dous cambios por lesión, Couto e Juli. Na segunda parte facemos un cambio de sistema e encaixamos o gol, despois toda segunda parte dominamos o partido e marcamos o gol do empate por medio de Adrián Forján, e seguimos buscando o gol da vitoria que non dou chegado. Bo partido o do Fontenla contra un Lira ben plantado no campo. Valorar o moi bo debút de dous xuvenís do equipo B, Fabián e Álex”. 

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Rui, (50´); 0-2, Adrián Forján, (78´).

Incidencias : Debutaron os xuvenís Fabián e Álex, no Xallas e con boa actuación, segundo o seu adestrador.

 

SCD Buño 0-1 SD Laxe

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido moi frouxo pola nosa parte con moi pouco ritmo e moitas imprecisións, no que se notou a diferencia de un equipo que se xogaba algo, e outro que non se xogaba nada. A primeira parte foi moi parexa por parte de ambos equipos, nos tendo máis control do partido e o Laxe esperando o seu momento. Apenas se xeraron ocasións por ambos equipos. Na segunda metade, pola nosa parte seguimos na mesma dinámica ainda que o Laxe empuxou un pouco máis, e dispuxo dalgún golpeo de Iago Torres desde media distancia, e nós respondemos con un golpeo de Eloy que pasou cerca da escadra. Adiantouse o Laxe nunha xogada por banda de Bieito, que entrou na segunda metade, que tras un rexeite cáelle o balón só a Miguel Torres e bate a Darío a placer. A partir de aí o Laxe intentou aguantar o resultado, (máis ainda despois da expulsión de Gora por doble tarxeta), e nós tampouco tivemos ningunha ocasión clara para empatar. Mal partido pola nosa parte, do peor da temporada.
Triunfo xusto do Laxe a pesar de non facer un gran partido. Por outra parte, felicitar tanto o Porteño coma o Baiñas polos seus ascensos”.

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido no que nós sabíamos o que tíñamos en xogo, e o rival cunha marcha menos. Foi xusto o marcador pero puido ser máis ampla. Tralo noso gol buscaron o empate, pero nós cunha actitude moi positiva, e soubemos defender co 0-0 e sabemos que arriba temos moito perigo con calquer equipo. Iago Torres e Felipe Oróns ou Santi Casás, tiveron ocasións para que o resultado favorable fose maior. Estamos aí na beira da promoción, calquer desliz, fainos quedar na beira e sen salvavidas. Tíñamos que ter feito os deberes moito anos, pero tras unha moi boa primeira volta, a partires do Nadal xa non foi o mesmo e nas derradeiras 5-6 xornadas reactivámonos como equipo, sendo un bloque, que éramos un dos favoritos a estar aí arriba, e agora a ver como saen estas dúas últimas xornadas”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (67´).

Incidencias : O árbitro do encontro Marcos Ordóñez, expulsou ao xogador do Laxe, Gora, con dobre cartón, (75´e 92´).

 

“Once” do Ameixenda ante o Castrelo.

 

SD Ameixenda 0-6 CF Castrelo

Fernando Domínguez, (delegado do SD Ameixenda) : “Victoria xusta do Castrelo pero a diferencia de seis goles paréceme algo esaxerada polo visto no campo. Ao Ameixenda, mais que o xogo, o que o penaliza case sempre don os erros, as veces en cadea, que terminan en goles dos rivais. E se o equipo está xogando ben pero recibe un gol, vense abaixo. Onte non había un dominio claro de ningún equipo, e o Castrelo na primeira chegada marcou o 0-1 no m. 12. Aí e certo que durante uns minutos puideron facer o segundo pero aos poucos o Ameixenda igualou o xogo, que non o marcador. E o Castrelo nunha xogada idéntica ao primeiro gol, solo que polo outro lado, fixo o 0-2, m.37. Dous centros laterais, dous goles. E no segundo tempo entrou moi ben o Ameixenda. Con Chucho e o xuvenil Alex controlando o xogo. Parecía que chegaría o 1-2 pero nun fallo garrafal de toda a defensa o que chegou foi o 0-3 no m.52. Ese gol afectou ao equipo e en duas contras, minutos 61 e 63, chegaron o cuarto e o quinto. E noutro regalo (e van…), despois dunha serie de rebotes e rexeites, o sexto no m.69. Como dicía, xusta ainda que algo esaxerada victoria do Castrelo. E no Ameixenda estiveron ben os rapaces, xuvenís, que están a coller a remuda dos que non queren seguir. Pero ainda son novos e hai que ser pacientes. Xogaron polo Ameixenda: Costa (Rivers 79′), Evaristo, Chapu, Juan Lagoa, Pablo (Pikita 66′), Adán, Álex, Chucho (Fabián Barreiro 73′), Torices (Darío 59′), Mauro e Yago (Dani 59′)“.

José Manuel Ordóñez (Adestrador do CF Castrelo) : “Púxosenos de cara o partido co gol no minuto 15, e marchamos o descanso con 0-2,. Na segunda parte a partires do terceiro notouse o baixon anímico dos xogadores do Ameixenda, que apesar do resultado seguiron peleando ata o pitido final”.

Goles : 0-1, David, (12´); 0-2, Rubén, (38´); 0-2, Rodrigo, (53´); 0-4, David, (63´); 0-5, Adrián, (70´); 0-6, Rubén, (71´).

 

 

O Baiñas volve a Liga da Costa un ano despois.

 

CD Baiñas 4-0 Atlético Pereiriña FC

Ángel “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Aguantou a tarde sin chuvia pero con un fuerte vento que sufrimos en contra na primeira parte. O equipo fui quen de rasear e levar a iniciativa con balón dispuxemos dunha boa ocasion de Kevin cun balón o Pau e doutra de Ruli que escapa do central e nun man a man o porteiro fixo Unha moi boa parada.
No segundo tempo empezamos con muita intensidad e enseguida enganchou un Bo disparo Maikol de fora da área conseguindo un golazo pola escuadra. Non moitos minutos despois Unha falta sacada en corto por Kevin para Oreiro consigue o segundo golazo de fora da área buscando outra escuadra, estábamos mais encima e Ruli conseguía anotar moi atento o terceiro dispuxemos dun penalti que falla Ruli e tamen eles que Fallou Charlie. O final aproveitamos Unha das muitas cheghadas para anotar o 4 por medio de Hermida. Penso que dominamos e ghanamos merecidamente. Xogharon: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Carlos, Oreiro, Maikol, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Hermida, Chipi, Rodrigo, Christian Rguez e Joel. Celebramos o ascenso cun bo resultado e recortando distancias co Porteño. A seguir competindo para pelear polos puntos que quedan e estar preparados por volve a pinchar o Porteño. Tamen dedicamos tanto a victoria como o ascenso en especial a Samueliño e Esteban que se teñen que operar de lesións graves de xeonllo
“.

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido totalente conicionado polo forte vento cunha parte diferenciada para cada equipo. O primeiro tempo o Atlético tiña o vento a favor, pero sen acabar de materializar as xogadas, soamente dúas claras, (unha de Charli e outra de Miguel), ambas desviadas por Sergio. Eles tamén tiveron un pao e un man a man cun paradón de Isma. No segundo tempo, o peso levouno o Baíñas onde cada chegada era un gol de mellor factura que o anterior. Tamén houbo un penalti parado por Isma e un fallado por Charli que metiu fóra.
Noraboa ao Baíñas e Porteño que ambos fixeron un temporadón”.

Goles : Marcaron polo Baiñas : Maikol, Oreiro, Ruli e Hermida.

Incidencias : O Baiñas converteuse en novo equipo da liga da Costa 2023/24 con esta vitoria.

 

 

Sporting Seaia CF 1-0 CD Nantón

Óscar Mosocoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido moi irregular marcado polo vento que condicionou moito o desarrollo do xogo. Afrontamolo con baixas importantes como a de Camilo e Juni por lesións . Na primeira metade nunha das poucas ocasións claras que tivemos, tras unha boa triangulación realizamos un centro lateral raso o cal remata de primeiras Álex Mato para poñer o 1-0. Na primeira parte lesionaríasenos tamén Mario Pose. A pesar de haber tido algún que outro susto nalgunha xogada por parte do Nantón, o partido transcurriu así ata o final sin moverse o marcador”.

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“. 

Goles : 1-0, Álex Mato, (5´).

Incidencias : O xogador do Seaia, Mario Pose tivo que abandoar tralo descanso o encontro doido dunha lesión. O noso desexo dunha pronta recupaeeración.

 

 

Sporting Zas 3-0 SCD Malpica

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que tivemos controlado en posesión en todo momento, xenerando bastantes chegadas e ocasións de gol. A pesar de todo o que creamos na primeira parte non se moveu o marcador. Na segunda parte seguimos movendo ben o balón e foron chegando os goles, cun dobrete de Adri, e xa nos minutos finais marcou nunha contra Chrístian”.

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Adrián Rama, (54´); 2-0, Adrián Rama, (61´); 3-0, Crístian, (80´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus/Isma “Pardelo”

-Foto do Baiñas : CD Baiñas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies