2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2
-24ª Xornada-
Lucía e Vero destacadas pola sua implicación co equipo.
Corme CF 8-1 SDC Órdes
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi serio nos primeiro 45 min por parte do noso equipo, dónde salimos coa idea de non deixar Ter opcions o rival en ningún momento e intentar sentenciar rápido o encontro e así o fixemos, con una presión en campo rival moi boa que nos permitía conectar rápido coas atacantes para generar ocasions q se acabarían transformando en goles, cunha Naroa que pasa por un estado de forma brutal arroupada sempre polo traballo das suas compañeiras.
A destacar a entrada na segunda parte de Candela, Salomé e Carla Vázquez que fixeron un gran partido as 3 e é algo que nos pon moi contentos a todos. Pero en ésta crónica gustaríame que todos fixerades incapié en éstas duas xogadoras, primeiro Lucía, que ante a lesions das nosas duas porteiras non dudou e poñerse os guantes e sacrificarse polo equipo, UNHA VALIENTE!!!. E Vero, que ante as 3 baixas en defensa que tiñamos, fixo un gran esforzo e xogou lesionada, tanto e así que no min 30-35 resentiuse da lesión e foi sustituida no descanso co partido xa sentenciado, UNHA LIDER!!”.
Corme CF : Lucía, María, Aroa, Laura, Vero (Candela), Cris (Salomé), Irene, Carla, Nati (Carla Vázquez) e Ana.
Goles : Ana, e Naroa, (7), por parte cormelá, e Candela polas de Órdes.
Árbitro : Alfonso Caamaño. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
UD Cerqueda-Corme CF
07/05/2023 ás 17:00 horas
SCD Pastoriza 7-0 Ponteceso SDC
Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido correspondente á xornada 24 na que nos desprazamos a xogar o luns a Pastoriza para xogar coas líderes da liga. Comezamos o encontro intentando xogar replegadas para evitar que o Pastoriza poidera combinar fácil, pero vímonos claramente superados en todas as liñas de xogo por un equipo que aspira a cousas moi diferentes ás nosas. Tivemos varias ocasións para facer algún gol por medio de Lauriña, Andrea e Vir, pero foron ben rexeitadas pola defensa e meta local. Ás locais fixéronse donas do partido nunha primeira metade onde o resultado foi de 7-0. Comezamos a segunda metade correxindo varios erros e facendo un excelso traballo de todas as pontecesás e conseguimos manter o resultado ata o remate do partido. Saída difícil que serve para aprender e mellorar dun equipo punteiro na categoría”.
Ponteceso SD : María, Laura, Andrea Varela, Eva, Myrella, Ainhoa, Lara, Noe, Laura Berdeal, e Silvia. Tamén xogaron : Noelia Blanco, Virginia, Laura Rodríguez, Lucía e Laura Amado.
Goles : Cristina, (2); Alba, Diana, (2), Antía e Noa.
Árbitro : Martín Zas. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Ponteceso SD-CCD Curtis
07/05/2023 ás 17:00 horas
As cerquedenses felices ca vitoria.
CCD Curtis 1-2 UD Cerqueda
Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido a o que chegamos con bastantes baixas, pero no que o equipo traballou unido e a reo. Entramos ben no partido creando ocasións e apenas concedendo nada as rivais.
Froito deso a media hora estabamos 0-2. O primeiro no minuto 15, cun bo pase filtrado que Paula resolve dentro da area, e o segundo no minuto 30 nun fermoso gol dende fora da área. Contra o final da primeira metade, nun erro en cadea concedemos o 1-2. A segunda parte foi de moito ida e volta. Tivemos un man a man para poñernos co 1-3, pero erramos na definición. Polo que a base de traballo defensivo conseguimos sacar os 3 puntos.
Felicitar as rapazas por todo o esforzo e empeño que poñen cada día no campo”.
UD Cerqueda : Paula casal, Lucía, Mónica, Paula Veiga, Tatiana, Irene, Vanesa, Andrea, Inés e María Isabel. Tamén xogaron : Lorena, Sonia e Carla.
Goles : 0-1, Paula Veiga, 815´); 0-2, Paula Veiga, (30´); 1-2, Salma, (44´).
Árbitro : Miguel Antonio González. Un cartón para a local, Marta, e un para a pontecesana, Inés.
Próximo encontro
UD Cerqueda-Corme CF
07/05/2023 ás 17:00 horas
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : EN ELABORACIÓN
+++++
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Ponteceso : Marcos Curro
-Foto cerqueda : Dani García
-Foto Corme : Fin Lema
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores