CRÓNICAS 24ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “DESCALABRO NOS EQUIPOS DA COSTA COA ÚNICA VITORIA DO XALLAS NO DERBI ANTE O DUMBRÍA E DERROTAS DE SONEIRA, ESTEIRANA, MAZARICOS E BAIO”.

 

Moi mala a xornada para tódolos equipos costeiros agás o Xallas que derrotaba no derbi costeiro desta xornada, ao Dumbría, (1-2). Un equipo o xalleiro que sube a promoción, da que desbanca aos dumbrieses. Tamén se alonxa dos postos da promoción o Soneira, tras caer ante o Negreira, e póñense as portas do descenso coas suas derrotas, a Esteirana, que por segunda semana consecutiva xogaba moitos minutos cun home menos por expulsión. Tamén cos esteiráns están en postos de posibles arrastres o Mazaricos, que se afundía na Agolada e o Baio que tamén perdía, e que está en posto de descenso, marcando o límite, polo que terá que loitar cos compañeiros costeiros pola salvación.

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.

 

 

Xallas FC 2-1 CF Dumbría

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido igualdo e bonito, xogado de ti a ti. Un bo partido para os que viñeron a Fontenla. Creo que nos primeiros 45 minutos fomos superiores, éramos quen de ter balón e nunha falta lateral fixemos o 1-0. Os derradeiros 20 foron eles superiores e a raiz diso empátannos o partido, e o mellor foi chegar o descanso. Na segunda houbo ocasións para ambos equipos. Eles tiveron unha falta lateral que mandan a madeira e con varias chegadas claras de ambos, ata que nunha xogada nosa por banda chégalle o balón a Capelo e fai o 2-1 no 90 . Contendos de gañar e subir a cuarta posición. Creo que tanto este encontro, coma cando xogamos no Conco foron moi igualadois e puideron caer de calquer banda”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Brais, (11´); 1-1, Diego Estévez, (38´); 2-1, Capelo, (90´).

 

 

Puebla FC 2-0 SCDR Esteirana

A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Chrístian, (23´); 0-2, Eduardo, (82´).

Incidencias : O colexiado do encontro, Darío Rodríguez, expulsou con dobre cartón, (30´e 33´), o xogador esteirán, Brais.

 

 

SD Agolada 7-2 CF Mazaricos

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Pouco ou nada que destacar neste encontro no que o rival é moi superior a nós, campo pequeno no que eles practican o fútbol direto e nesa segunda xogada foron superiores a nós, ganándonos o 90% delas e tamén nos crearon moito perigo con golpeos lonxanos e defeito fannos moitos goles. Partido no que me equivoco no plantexamento e sen moito máis. Na segunda metade podo trocar de esquema e meter o equipo para tentar que o resultado non fose tan abultada, pero penso que ainda podemos revertir a situación, pero o final non sale ben. O máximo responsable sou eu que me equivoco, e nada, a seguir pensando xa no seguinte partido”.

Goles : 1-0, Óliver, (21´); 1-1, Kevin, (30´); 2-1, Aitor, (36´); 3-1, Óliver, (39´); 4-1, Crístian, (44´); 5-1, Santiago, (50´); 6-1, Aitor, (66´); 7-1, Santiago, (74´de penalti); 7-2, Pablo Losada, (85´). 

 

 

Soneira SD 1-4 SD Negreira

Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Partido no que entrou mellor o Negreira e que se lle puxo de cara na 1 metade índose ó descanso 0-2. Na segunda metade metémoslle outra marcha e recurtamos distancias, e quizais cando mellor estabamos, con sensacións de poder empatar o partido, chegaron os dous goles que sentenciaron o choque. Xusto gañador por tanto o Negreira”.

Goles : 0-1, Caamaño, (1´); 0-2, Brais, (41´de penalti); 1-2, Borja, (55´); 1-3, Sanín, (80´); 1-4, Sanín, (82´).

 

 

CD Baio 2-1 SD Cruces

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido igualado entre dous conxuntos moi pendentes de non cometer erros, moita interrupción de xogo por ambas partes. Ainda así na primeira parte ponse por diante Tordoia, a pesar de varias ocasións e chegadas falladas polos meus. Segunda parte cun Baio con moita intención e un Tordoia a defensiva. Logramos 1-1 a hora de xogo, e a raiz de aí ningún argumento por ambas partes ata o final de partido, polo medo a perder. O final un partido decidido a nivel individual cun Denis que marcou diferencias con duas xenialidades”.

Goles : 1-0, Denís, (30´); 1-1, Iván, (64´); 2-1, Denís, (85´).

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Cruces 3-0 CF Vista Alegre

Flavia SD 3-0 SR Calo

CF Silleda 0-4 Cidade de Ribeira FC

Cordeiro CF 1-0 CD Lalín

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

-Foto Mazaricos-Soneira : Jorge Villar “Gorrión”

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies