CRÓNICAS 24ª XDA 2ª GALEGA FEMININA G4 : “XORNADA REDONDA PARA XALLAS, CEE E DUMBRÍA, OS TRES NO “TOP 5” DA LIGA. AS MIÚDAS SEXTAS EN “POSIBLE PROMOCIÓN”, E O MAZARICOS ERA O ÚNICO QUE PERDÍA E FACÍAO NO DERBI CO DUMBRÍA.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-24ª Xornada-

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

O Dumbría entra en promoción con esta vitoria.

 

 CF Mazaricos 0-5 CF Dumbría

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Saímos moi ben situadas oa campo sabendo o perigo do Dumbría. Os minutos pasaban e apenas había ocasións de gol por parte de ambos equipos, certo é que había algún achegamento pero Pedrosa non tivo moito traballo durante estes 45 minutos. Nos estabamos repregadas esperando a nosa oportunidade que a tivemos nos pés de Lúa pero a bola sae rozando o pau. Xa na segunda parte foi un vendaval branco. O primeiro gol chega dun centro lateral e pouco despois dun balón parado mal defendido chega o segundo. Intentamos que nn seguira o partido nese ritmo pero xa non chegaban as forzas. Acabamos 0-5, contra un gran equipo“.

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Con moita calor sobre o campo da Picota disputouse neste lunes festivo o encontro entre duas escuadras ben coñecidas. Na primeira parte o xogo foi bastante espeso e sin ritmo, dominando as dumbriesas o balón e as ocasións, pero as locales estuveron moi ben colocadas en campo propio e superon defender con orden as embestidas das dumbriesas. Varios cambios de orientación de Fandi atoparon fenda na zaga local, pero nin Kelly nin Eva conseguiron batir a unha Pedrosa moi segura baixo paus. Juliette tuvo a máis clara desta primeira parte pero con todo a favor mandou o remate por riba do longueiro. Jirra por parte mazaricana dispuxo dunha boa ocasión tras presionar na saída, pero o disparo saleu escorado. Carril con molestias tuvo que abandonar o campo dando entrada a Ainoa no minuto 22.

Á volta de vestiarios aumentou un pasiño a intensidade por prte do Dumbría, e con Claudia en banda e Kelly polo medio atopaban máis ocos para lanzar ataques, así no minuto 55 unha boa xogada por banda de Claudia, que se mete na area gañando liña de fondo para ceder a Juliette e abrir a lata. Pouco despois unha falta lateral de Fandi sobre o segundo pau, é rematada de maneira impecable por Mai facendo o segundo. Novamente unha internada de Claudia, que volvía con moitas ganas tras varias semanas lesionada, é derribada cando encaraba a Pedrosa, ela misma tiraría o penalti facendo o terceiro. Kelly tiraría ó longueiro tras un roubo na medular antes do terceiro. Tamara, por parte das locales, era a que máis fondo demostraba tentando presionar e cortar o xogo, pero a calor e as forzas iban a menos.
Reyes, que foi unha das destacadas do encontro movéndose entre liñas, poría un bonito pase para que Kelly non fallara nunha das xogadas a destacar. E o definitivo 0-5 o faría Ainoa, que voltaba ainda con molestias, tras outra xogada combinativa na que estuvo máis rápida que a zaga para rubricar a victoria. A destacar o traballo notable das locales, que competiron de cara mentras duraron as forzas e de seguro irán a máis”.

 

 

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Mariña, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra
Tamén xogaron: Katia, Buján, Antía, Hermida e Araceli. Adestrador : Borja Busto.

CF Dumbría : Naira, Carril, Sabela, Noa, Mai, Fandi, Eva, Kelly, Claudia, Yoli e Juliette.
Tamén xogaron : Ainoa, Reyes, Lucía, Icía e Paula Rodríguez.  Adestrador : Fran Figueroa

Goles : 0-1, Juliette, (55´); 0-2, María, (58´); 0-3, Claudia, (66´ de penalti); 0-4, Kelly, (86´); 0-5, Ainoa, (desconto).

Árbitro : Alberto Pombo. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Cacheira CF-CF Mazaricos

07/05/2023 ás 17:30 horas

CF Dumbría-CF Vista Alegre

07/05/2023 ás 12:00 horas

 

As Miúdas suben o posto de posible promoción.

 

Victoria FC C 2-4 ED As Miúdas

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido contra un equipo que fai bo fútbol. Costounos empezar o partido, recibindo un 2-0 nos primeiros minutos, pero fomos capaces de darlle a volta antes do descanso. Pouco a pouco imos encontrando o xogo que nos gusta ainda que nos queda moito traballo por diante os progresos vanse notando. Destacar de novo o traballo das máis pequenas que xa van poñendo o selo da sua calidade en cada partido.
A seguir sumando e aprendendo un día máis”.

ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, Sofía, Marina, Marta Piñeiro, Paula, Ana e Ximena. Tamén xogaron: Naiara.

Goles : 1-0, Eva, (6´); 2-0, Adriana, (9´en propia porta); 2-1, Bárbara, (22´); 2-2, Elba, (25´); 2-3, Sofía, (43´); 2-4, Bárbara, (desconto).

Árbitro : Marco Ricigliano. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

ED As Miúdas-CD Rois

07/05/2023 ás 17:00 horas

 

 

Praiña Sp Club 1-2 UC Cee

-Buscamos colaborador para as crónicas e novas do UC Cee feminino-

Encontro ben levado polas ceenses na primeira metade na que se poñían 0-2 con goles de Saray e María Lijó. Xa na segunda metade as de Vedra acurtaban distanzas e facían que o encontro collese outro caríz, pero o traballo defensivo de todo o equipo ceense fixo que non se movese o marcador.

UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Laura, Lucía Caamaño, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Ruth, Antía e Nayara.

Goles : 0-1, Saray, (23´); 0-2, María Lijó, (37´); 1-2, Fátima, (73´).

Árbitro : Daniel Rodríguez. Amonestou ao delegado das ceenses, Isidro Caamaño.

 

Próximo encontro

UC Cee-SR Calo

07/05/2023 ás 12:00 horas

 

CD Rois 0-3 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “O Xallas comezou moi forte con varias ocasións nos primeiros minutos e nunha delas Olalla faría un fermoso gol. O Rois tivo na súa porteira a xogadora máis destacada, moi valente e segura durante todo o partido. Con só un gol, e con un sol de xustiza, chegamos o descanso. O que nos dou folgos para que Yasmina en dúas ocasións volverá a facer o que mellor sabe e que liquidara o encontro antes de ser substituída por unha forte entrada. Destacamos o bo facer de Ali, de dianteira nos últimos e que cada vez está máis adaptada. Tres puntiños máis e que pase o seguinte“.

Xallas FC :Rosio; Laura, Saskia, Alicia, Rita; Luchy, Andrea Barbeira, María; Andrea Otero, Olalla e Yasmina.
Tamén xogaron : Mayte, Inés, Leti, Nuria e Paula Barcia. Adestrador : Rupper

Goles : 0-1, Olalla, (3´); 0-2, Yasmina, (60´); 0-3, Yasmina, (64´).

Árbitro : Adrián Ponte. Expulsou con dobre cartón ao auxiliar das locas, Manuel Batalla, (58´3 59´). Amonestou das xalleiras a Yasmina e o delegado do equipo Eloy García.

 

Próximo encontro

Xallas FC-Praiña Sporting Club

07/05/2023 ás 19:30 horas

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Miúdas : Luis Ferreiro

-Fotos Dumbría : FaceBook Veteranos CF Dumbría

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores