CRÓNICAS 23ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “SAN LORENZO E CORME ESCÁPANSE E MUXÍA E CASTRIZ, DESCOLGANSE DA LOITA POLO TÍTULO…POR ABAIXO O OZA ASOMA A CABEZA”.

 

Muxía e Castriz non pasaron do empate nos seus encontros e deixan a loita polo título para San Lorenzo e Corme, que ambos gañaron os seus encontros contra as cordas, pero distáncianse 2 puntos dos seus perseguidores. Os cormeláns ademáis de gañar un encontro moi complicado ante o Corcubión, sufriron varias lesións. O Muxía segue no podio e cunha boa renda polo terceiro posto que da opción a promoción, cousa que non aproveitou o Castriz que podía poñerse de cheo nesa lea. Por abaixo o Volantes fixo un punto que pode ser de ouro ante un Cee, que ao igual co Camariñas non lle acaban de sair as cousas en canto a regularidade. O Oza sorprende o Coristanco, nun encontro con 16 minutos de desconto, e manda a pechar a cancela o Cerqueda e ponse a 3 puntos do antepenúltimo, (tamén en perigo de descenso), Corcubión e a 5 do Volantes.

Na 3ª da Costa o Porteño xa se converteu en novo equipo da liga da Costa a falla de 3 xornadas para o final, e o adestrador do Camelle, Sergio “Crejo” pide o apoio do fútbol costeiro aos árbitros, polo abandono que están sufrindo dos entes federativos. 

 

Adrián Alcaina, (12), fixo o segundo dos muxiáns.

 

Cabana SD 2-2 Muxía CF

José Manuel Vázquez, (Adestrador Cabana SD) :”Primeiro tempo no que o Cabana se impoñía e disfrutaba de varias chegadas que solventada o porteito do Muxía. O equipo muxián saía con contras que non conseguían inquedar o noso  porteiro, salvo un lanzamento de falta que paraba Víctor con solvencía. Cerca do final un lanzamento longo do Muxía e tocado por un dos seus xogadores, e Manu encara a Víctor acadando o 0-1, moi protestado polos nosos, por entender fora de xogo. Xa no segundo tempo empezaba apretando o Cabana e reclamaba un penalti por mans, que o árbitro non apreciou. Empataba Aarón o rematar un rexeite nun balón parado. Os nosos chegaban máis pero era o Muxía o que se volvía adiantar cun remate nun corner. Pronto empataba o Cabana en outro corner que Sergio Ferreiro mandaba o fondo da porta. Ata o final os dous equipos tentaron conseguir a vitoria e puido chegar polos locais en varios remates, e cunha última ocasión de Sergio Antelo na que o porteiro muxian fixo un paradón…Víctor, Aaron, Sergio Ferreiro, Ismael (David), Dani (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simon (Miguel), Manuel ((Pablo), Castro”.

Diego Lobelos, (Adestrador Muxía CF) : “Partido marcado polos continuos paróns, moito balón parado e pouca continuidade no xogo. No primeiro tempo estivemos máis cómodos, sin conceder ocasións apenas, salvo en córners, e intentando crear perigo con balóns ó espacio. O gol chega nun balón largo de Joselu sobre Maikel, que peina cara Manu que non falla no man a man. No segundo tempo o Cabana foi mellor, pero os tres goles chegaron de saques de esquiña. Aarón caza un rexeite e de volea fai un golazo para empatar. Adrián Alcaina volve a poñernos por diante con un remate a escadra, e Sergio fai o definitivo 2-2 de cabeza. As ocasións máis claras foron locales ó final, pero o xuvenil Miguel rematou fora e Joselu salva con un paradón a última do partido“. 

Goles : 0-1, Manu Nogueira, (47´); 1-1, Aarón, (52´); 1-2, Adrián Alcaina, (59´); 2-2, Sergio, (60´).

 

 

Ponteceso SD 0-1 SD San Lorenzo

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) :Recibimos un pau duro ante o lider, meteron eles o gol nunha xogada aillada máis alá do 90. O partido estivo moi igualado, quizais eles un pouquiño mellor na primeira metade, na que tiveron unha ocasión con dous ou tres tiros diante do porteiro que non souberon resolver. Nos a máis importante foi un tiro cruzado de Charro. No segundo moi igualdado, eles tiñan máis o balón e sen chegada. As ocasións foron nosas a balón parado, en especial, algunha que non entrou de miragre. O partido podía caer para calquer lado, nos buscando algunha contra, e tivemos unha no 89 con Charro, pero eles sacárona ben, e puido ser o 1-0, pero na seguinte wlws marcan. O equipo a equipos en boa inercia éntralles e vai para o que ten esa inercia. Partido moi parello, asumir a derrota que é dura e tentar recuperarse para o encontro da semana que ven“.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Eloy, (91´).

 

 

SD Castriz 1-1 CD Muros

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido falto de ritmo, pero si iontenso. O Muros sempre lle poñe moita intensidade os encontros, con contacto físico, barullo, e nese contexto eles fano moi ben, e nunha falta conseguimos poñernos por diante e eso condicionou o partido, pois nós estivemos máis contemplativos ca de costume. Eles tiveron duas moi boas no primeiro tempo, que parou ben David e nós tivemos unha de Saúl, que parou ben Xandro. O lóxico sería o empate no primeiro tempo. Eles nos derradeiros 10-15 minutos do segundo tempo subiron a desesperada, cando antes tiñamos controlado o encontro sen que nos crearan perigo. Subiron ao central Pelos de dianteiro. Puidemos matar a contra o partido con boas chegadas de Forján, Mourelle, Noly e Braulio. Non fomos capaces e no derradeiro minuto de partido, un rexeite quedoulle o interior esquerdo deles o balón, e ca esquerda mete un centrochut e cólase na nosa porterñía. Xusto o empate, pero a pena que de 80 minutos que tivemos controlado, escapousenos na derradeira xogada. Terceiro empate e temos que aprender desto“.

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Seria inxusto que o C.D. Muros se fora de vacío do partido en Castriz. Empezamos o partido moi ben intentado presionar nun bloque alto que obrigaba o equipo local a xogar en largo. Teriamos un par de ocasions clarísimas para adiantarnos no marcador pero o seu porteiro estaria acertado”para min o millor xogador deles” e nuha falta que non defendemos ben e con posible fora de xogo que eu desde a miña posición non consigo ver pero si moi protestado polos meus xogadores e a partir de ai no que restaba da primeira parte e en toda a segunda o Castriz que especulaba co marcador e trataba de perder todo o tempo posible que contribuian asi o xogo “embarullado” si que e certo que tuveron alagunha contra con peligro, pero loitamos ata o final e asi empatar o encontro”.

Goles : 1-0, Sebas Rial, (1-0´ ); 1-1, Daniel, (95´).

 

 

UD Cerqueda 1-2 UD Monte Louro

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “A crónica do encontro é doada…Erramos 5 goles cantados e eles no 45 fannos gol, nunha falta colgada o área, dende o medio do campo, e a colexiada non ve a clara fora de xogo, por estar no círculo central, e na segunda parte fannos o segundo na 2ª aproximación a nosa porta. No 75 recurtamos diferenza cun tanto de Manu a saida dun saque de curruncho. Estamos onde estamos porque somos incapaces de marcar as numerosas ocasións que xeneramos, e con nada nos vacunan. A actuación arbitral foi lamentable“.

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido no que se notaba que nos xogabamos moito os 2 equipos. Onde a primeira parte foi horrible onde non se conseguían dar 3 pases seguido. Empezaron dominando eles pero sin crearnos moito peligro. A clave e xusto antes do descanso onde eles teñen unha ocasión clara e fallana. Na seguinte acción adiantamos nos nunha falta lanzada por Manolo e rematada por Xian moi ben chegando desde segunda liña. Na 2ª parte ca entrada de riki dominamos un pouco mais e nunha boa xogada fai Iker o 0 a 2. Aí tivemos tres ocasións claras que parou o seu porteiro ben. Despois nun corner a 14 minutos para o final nun fallo de marca encaixamos o 1-2 e entraronos as dudas de que pudieran empatar. Eses minutos metémonos máis atrás pero conseguimos que non nos tiraran a portería, únicamente balóns a área e saques de banda largos onde nosa defensa estivo de 10 despexando todo. Estamos no mellor momento da tempada inda que onte non fose noso mellor partido pero conseguimos sácalo adiante”.

Goles : 0-1, Xián, (45´); 0-2, Iker Lado, (72´); 1-2, Manu Guillamet, (80´).

Incidencias : A colexiada arentina, Edith Pereyra, expulsou ao adestrador local con vermello direto no desconto. Amosou un total de 9 cartóns, 7 para os locais e 2 para os visitantes.

 

 

UD Corcubión 2-3 Corme CF

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñeremolo aquí”.

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Partido donde chegabamos con baixas, e no que cometemos moitas imprecisións, e cometendo erros algunhas veces debido a presión do rival, e outras por estar algo nervosos. Primeira parte que pronto nos puxemos co marcador en contra despois dun penalti claro por mans. Tocaba de novo remar pero pronto igualamos a contienda despois dunha boa xogada por medio de Manu. E cando mellor estábamos, un novo contratempo pola lesión de Lucas dando entrada o xuvenil Yago. E nunha contra, cunha boa combinación entre os xuvenís, Yago e Borja sería este último quen de poñer o 1-2 no marcador, co cal chegaríamos o tempo de lecer. Segunda métade misma tónica cun rival presionando moito e buscando balóns en longo, a espalda da defensa. E a mala fortuna sigue cebándose con nós, e desta ves sería Eloy quen teria que abandonar o terreo de xogo, despois de recibir un forte golpe na cadeira. E de novo nunha contra sería de novo Borja quen de poñer o 1-3 no luminoso. Pouco nos durou a tranquilidade porque o Corcubión pronto recortaría distanzas no marcador e tocaba sufrir de novo. O rival seguía intentando cun xogo direto creándonos moito perigo. Nós dispuxemos de varias ocasións moi claras pero non estivemos afortunados. E cando estábamos no descontó sufriríamos unha expulsión por dobre amarelo, despois de recibir unha forte entrada Manu e este empuxar o rival. Final do partido cun 2-3 no marcador con moito sufrimento pero meritoria vitoria díante dun equipo que nos puxo as cousas moi complicadas”.

Goles : 1-0, Mario Suárez, (2´de penalti); 1-1, Manu Bermúdez, (4´); 1-2, Borja, (44´ ); 1-3, Borja, (78´); 2-3, Brais, (80´).

Incidencias : O colexiado, Sergio Castro, expulsou con dobre cartón no desconto o xogador do Corcubión, Brais e o do Corme, Manu Bermúdez. Amosou un total de 5 cartóns, 2 para os locais e 3 para os visitantes. Saeu lesionado no 25 o cormelán Lucas Rial, cun golpe na cadeira. O noso desexo dunha pronta recuperación. 

 

 

Outes FC 3-0 Camariñas FC

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Presentábase un partido moi igualado, con dous equipos parexos, co Camriñas un punto por enriba, pero as sensacións estaban sendo boas nas derradeiras semanas. tivemos algunha baixa por asuntos persoais e por lesión, e debutaba connosco Roberto, dianteiro que saeu de inicio. Primeira metade igualada, ainda que tiña máis posesión o Camariñas, e chegaban con máis perifgo ca nós, cunha presión alta da que conseguimos sacarnola a partires da media hora de xogo e fómonos arriba e nunha saida deles recuperamos chegamos arriba e fannos penalti. Tivemos tamén neste primeiro tempo un tiro o poste e un par de ocasións moi claras para facer o segundo. Na segunda metade sabíamos que nos ía a apretar para ir a polo empate como mínimo, ampliamos liñas para buscar máis espazos con contras. Sufríamos sen balón, pero eles non coseguíann facernos ocasións, e nos minutos finais acadamos o segundo e aí xa se acaba o encontro e na segunda facemos o terceiro. En resumo, na primeira puido marcar calquera, nos marcamos e ca solidez defensiva como a que tíñamos no inicio da liga, que nos da confianza no nosos xogo”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Calquera que veza o resultado pensa que nos pasaron por enriba, e nada máis lonxe da realidade. estamos nesa mala dinámica que calquer cousiña convírtese en gol en contra e a nós cóstanos Deus e axuda marcar. A primeira media hora foi de total dominio noso, tíñamos o rival completamente controlado, pero un despiste cun erro garrafal cometemos un penalti e a remar outra vez. Logo tiveron uns minutos nos que tiveron o control e ocasións. No segundo tempo volvemos a ter o encontro controlado, e hai un erro grave arbitral, un balón que entra completamente o balón, o árbitro non da o gol, que podía ser o 1-1, e nunha falta, que non era, fannos o segundo tras uns rexeites. O terceiro xa foi anedótico, no 95 co equipo xa co equipo totalmente desmoralizado, e non queda máis ca traballar, que só se sae deste bache traballando. Doeme sobre todo polos xogadores que as veces sufrimos derrotas coma esta sen merecelo, pero esto é fútbol e hai que aceptalo como é “.

Goles : 1-0, Sergio, (34´ de penalti); 2-0, José Ángel, (90´); 3-0, Aarón, (95´).

Incidencias : Debutou no Outes FC o dianteiro Roberto Piñeiro.

 

 

Volantes de Baño FC 2-2 UC Cee

Daniel Suárez, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido moi disputado no que entramos moi ben sendo presionanantes , e chegando a pisar a sua área. Sendo peligrosos a balón parado. O partido igualase conforme pasa o tempo. Na única contra na que nos enganchan castíganos o 9. Damos un paso adiante e antes de descanso Rachón remata en 2° poste e iguala. Saimos a segunda parte dando un paso adiante e aínda que o partido sigue enrredado as ocasións son nosas. Borja falla ub man a man co porteiro só. Nunha xogada desafortunada a Alex escápalle o balón das mans dunha forma absurda e de novo o 9 a marca pracer. Desde aí vamos para adiante con mais corazón que cabeza, e casi nos sentencian nunha contra na que Leo Picallo se mete de forma absurda en fora de xogo. Damos un paso adiante e xa acabando Pesco engancha un balón e marca de volea dende 30 metros. Desde aí encerrámolos atrás e Pablo ten nun corner os 3 puntos…pero non atina. Un punto que nós sirve, e nos sabe a pouco…Seguimos“. 

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “”.

Goles : 0-1 Isaac Fábregas, (31´); 1-1, Rachón, (44´); 1-2, Isaac Fábregas, (69´); 2-2, Pesco, (88´).

 

 

SD Coristanco 0-1 SD Oza

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Guión de partido previsto, cun Oza moi ordenado e nos propoñendo con balón (aínda que con pouca fluidez). Así, na primeira parte tiñamos 3 moi claras cun cabezazo de Rama, un tiro cruzado de Villa e un balón o longueiro de Joni. Tiña Unha tamén o Oza que salvaba Diego. Xa na segunda, si que conseguimos materializalas con Rama en dúas ocasións. Pero un árbitro totalmente sobrepasado, nun partido sen ningunha complicación, no que estivo máis atento ó que se falaba que ó que pasaba no campo, anulabaos inventándose que un pase previo saira de banda e un fóra de xogo. Chegábase os 10 minutos finais onde os visitantes manexaron as nosas presas de marabilla, e conseguían un penalti que marraban e un golazo dende fóra da área.
Para que non pareza unha crítica interesada ó colexiado, dicir que de novo se lle foi o partido ó final, con ambos equipos sin entender o motivo de 16 minutos de engadido
“.

Miguel A. Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Goles : 0-1, Iván Mato, (84´).

Incidencias : O árbitro, Hugo Fraga expulsou con dobre cartón ao xogador do Coristanco, Hugo Fraga no desconto. O primeiro cartón vírao no 35.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

AVISO

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia