Crónicas 23ª Xornada
O empate antre Camelle e Buño no “Rodeiro”, fai que o Porteño xa sexa equipo da vindeira Liga da Costa, (2ª Galicia G2), a falla de 3 xornadas para o remate da liga. Agora e cos resultados dados esta xornada o equipo da Ponte do Porto precisa un par de vitoria para proclamerse campión de liga, ou que o Baiñas falle en máis dun encontro. No que se refire a promoción o Buño xa a ten asegurada, o Camelle fáltalle sumar de 3 nun encontro para certificala, e logo a loita vai ser fermosa ata o final, pois as outras duas posicións son do Zas e Lira, que ambos fallaron e veñemn por detrás para disputarlle esas duas posicións, o Laxe, Seaia e Pereiriña.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CF Porteño, xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, e afección.
Destacar a petición que lanza o adestrador do Camelle, Sergio “Crejo”, que pide o apoio aos árbitros da costa, de todo o fútbol costeiro, ante o “abandoados” que os ten a Federación e a propia Delegación da Costa.
O Porteño xa é equipo da Liga da Costa 2023/24.
CF Lira 0-2 CF Porteño
Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Partido no que como habitualmente cedémoslle o balón ó contrario sin conceder espacios as costas da nosa última líña, e fixemos un partido máis que correto, na primeira parte houbo unha ocasión para cada lado, ata que un penalti tan claro como innecesario no último minuto da primeira parte nos condenou. Na segunda parte variamos un par de aspectos pero seguindo ca mesma idea inicial e tivemos dúas ocasións moi claras para empatar pero sería o porteño quen sentenciaria. Darlle a noraboa a todos que forman a familia do Porteño pola victoria e polo ascenso máis que merecido son un equipazo. Nós a seguir traballando e mellorando, cada xornada que pasa síntome máis orgulloso do equipo e de seguro que trataremos de competir por algo bonito”.
Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido no que fomos superiores, eles tiveron unha ocasión cun tiro de lonxe o que Mariolo respondeu cun paradón. Fixemos un encontro moi completo, moi serios con balón, e en dfensa moi serios e xogando moi ben. O balón non entraba, pero o final do primeiro tempo un penalti moi clro transformouno Álan. A verdade é que tíñamos a flecha para arriba e sainos todo moi ben e fixemos un partidazo. Houbo momentos que tocamos canto quixemos. Do ascenso enterámonos xa cando ía cada un para o seu lugar de residencia e a ver se para semana na Grixa facemos algo para celebralo“.
Goles : 0-1, Álan, (45´ de penalti); 0-2, Álan (84´).
O Malpica que inicio ante o Xallas B.
SCD Malpica 0-2 Xallas FC B
Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “O Xallas con moito balón pero as ocasións mas claras o empezar nosas, un man a man de Lou que para o porteiro, cáelle a Kevin o rexeite e tira forte pero fora da portería. Pouco despois Alberto tira e da no longueiro, auto expúlsase Nicci, e dominio do Xallas con moito toque polo medio, e nun balón as costas da defensa meten o primeiro. Tralo descanso comezouse co dominio do Xallas e tiveron 3 que salvou Lamas con grandes paradas. Despois un tiro forte desde a frontal e entra. Tivemos varias, (Lou, Paco, Alberto) pero non quiuxo entrar o balón”.
Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Partido marcado polas decisións arbitrais, (parando moito o xogo e impedindo dar ritmo ao partido). O Xallas dominou pero o Malpica saiu a contra e tivo varias ocasións de gol. Na 1ª parte tivemos a lesión de Couto, entrando no seu lugar Asier. O Xallas tamén fallou nalgunhas ocasións, pero o gol chegaría no minuto 32, asinado por Nando. Tralo descanso, os cambios realizados perseguían meter máis profundidade. Asier anotaría o segundo gol, cun bonito disparo desde o bordo da área e que sería o derradeiro do encontro (0-2). En conclusión, un bo rendemento dos xuvenís e do equipo en xeral, conseguindo sacar tres puntos e aproveitando a desvantaxe do Malpica, que acabou o partido con nove xogadores”.
Goles : 0-1, Nando, (32´); 0-2, Asier, (59´).
Incidencias : O árbitro do encontro, Ángel Acuña, expulsou ao xogador do Malpica, Nicci, (9´e 33´), que acababa con 9 ao retirarse Alberto por fatigamento. Saeu lesionado o xogador do Xallas, Adrián Couto no 37 de ncontro, ao que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.
Sorteo de campos no Malpica-Xallas B.
+++
SD Laxe 2-0 Sporting Seaia CF
Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Un dos mellores encontros do Laxe no que vai de tempada, decindo en tres palabras, foi unha ODA, órde, disciplina e actitude. Saimos con esas primicias o campo e deunos a ventaxe no marcador, dominando o aspecto do xogo e minimizando o rival co balón. Tivemos a sorte de conseguir gol pronto e tivemos outras 3-4 ocasións, pero non foi ata o derradeiro treito da primeira metade cando chegaba o segundo por medio de Santi Casás. O rival tivo o derradeiro cuarto de hora da primeira parte na que nos pechou no noso campo e puideron empatar. Foi o mellor tretio dos seaieses, pero chegou o gol noso antes do descanso. Na segunda mentade foi un pouco un calco do mesmo. Puidemos marcar en infinidade de ocasións. Eles tamén tiveron duas ou ytres, pero non se moveu o marcador. Resultado xusto por levar a cabo esa palabra que dixen, “ODA”. Darlle a noraboa o equipo. Se houbésemos feito esto o longo da tempada, con esta actitude, xa estaríamos no grupo de 6. Agora para semana outra final en Buño. Destacar o papel do noso novo xogador, Elías, que se vai incorporando o grupo e veunos “chapó” para o medio do campo. Seguimos na loita pola promoción da que nos quedan 3 finais”.
Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Recuperábamos para este partido a juni e Camilo, ainda que non estaban o cento por cento, que viñan de sendas lesións. Fomos con todo, sabedores de que se gañábamos metíamonos moi pretiño da zona de promoción, e se perdíamos íasenos poñer moi complicado. O partido foi moi malo pola nosa parte, o peor que fixemos ata o de agora, e o Laxe superounos dende o primeiro minuto o último, en gañas, competividade, en intensidade, e en ningunha parte do encontro fomos quen de meternos no mesmo. En resumo, un moi mal partido por nosa parte, unha derrota xusta e darlle a noraboa o Laxe, que foi tremendamente superior, sobre todo no aspecto competitividade, sacrificio, gañando duelos tanto en balóns divididos, coma en balóns de cabeza”..
Goles : 1-0, Miguel Torres, (10´), 2-0, Santi Casas, (45´).
Incidencias : Debutou no Laxe, Eloy Liñares, xogador procedente do Corme CF, que volta a xogar tras unha grave lesión.
Empate no duelo de equipos en promoción de ascenso.
SD Camelle 2-2 SD Buño
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado no que tivemos houbo metade para cada un. Na primeira metade levaba o Buño o xogo, pero as ocasións poñeríamolas pos dous equipos. Adintábamonos cun gol de Dido a centro d Gabi, e empatábanos o Buño nunha indecision do porteiro nun balón en longo, e que o dianteiro deles aproveitase. Poñíanse por diante tras unha mala marcaxe nunha xogada que acaba en remate só dentro do área. Habería ocasións claras para ambos equipos. Segunda parte na que penso que nós tivemos as xogadas de perigo, e eles achegaríanse con centros de falta, pero apenas crearían perigo. Empatábamos nun remate de falta, donde eles fallan na marcaxe, e Marcotiño adiantase o porteiro nun remate de cabeza. Teríamos máis ocasións pero o marcador non se movería. Empate xusto.
Fora do que foi o encontro quería decir que, creo que entre todos os equipos da costa teríamos que facer algo para poñerlle unha man os árbitros da costa, que polo que vexo os mandamaises que loitaron por formalos, e facela Delegacion da costa parece que non os estan apoiando. Queria mandar o apoio os árbitros da costeiros, xa serán mellores ou peores, pero creo que o futbol da costa somos todos, empezando polos xogadores, presidentes, delegados, misters…e todos os que forman os equipos, pero creo que os nosos colexiados non están recibindo o apoio que eles tamén merecen, por eso penso que entre todos tamén deberíamos facer algo a para apoialos“.
José Antonio Carabel, (SCD Buño) : “Partido tremendamente igualado desde o inicio. Adiantáronse eles nun centro lateral que remata Carlos Tajes de cabeza, marcando o 1-0. Pouco despois nun balón direto tras unha indecisión entre un central e o porteiro, Eloy está máis listo e cruza o balón para empatar o partido. Creábamos perigo a balón parado e nun saque de banda tras varias disputas…Luis Miguel marca o 1-2. Estábamos ben, ainda que eles tiveron unha ocasión clara nunha contra que Adrián Pasantes manda a vaselina alta. Despois do descanso, eles empuxaron máis e nunha falta lateral non acertamos a despexar e a porta valeira marcan o empate, que creo que fai xusticia o visto no campo”.
Goles : 1-0, Carlos de Dido, (8´); 1-1, Eloy, (18´); 1-2, Luis Miguel, (32´); 2-2, Markotiño, (62´).
Incidencias : Debutou no equipo “oleiro” a nova fichaxe, Simón Prieto, xogador que xa estivo no Buño, e en equipos coma o Montañeros ou o Imperator.
O SD Camelle está as portas de pechar a promoción.
+++
CD Baiñas 3-0 Sporting Zas
Ángel “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Iniciamos o partido levando a iniciativa con balón e con presión alta para recuperar pronto. Marcamos no minuto 20, cunha moi boa xoghada donde combinando Héctor a pase de Canosa centra e Raúl chegha para remachar…dous laterales doblando en ataque para o 1-0…seguimos co dominio e o Zas aguantou ben e defendiuse sin que tuvésemos ocasions claras na primeira parte. Xa o inicio da segunda buscamos un balón en profundidade a Ruli quen consigue cruzar a escuadra conseguido un golazo, ós poucos min de empezar. Nós seguimos elaborando e tras boas combinacións, nunha entrada algo fea sobre Crístian Canosa, o Zas quedou con un home menos por vermello directo. A partir de aí seguimos buscando a portería rival, e noutra boa internada de Carlos conseguimos o terceiro, que sentenciou o partido. Mui bo partido pola nosa parte ante un bo rival. Agora quedamos a sete puntos de Buño tralo seu empate en Camelle, e a falta de 9 puntos esperamos rematar a faena canto antes.
Tamén hai que felicitar o Porteño porque con este empate xa e equipo de Segunda, enhoraboa. Xogharon: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Hermida, Maikol, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Carlos, Samuel, Chavico e Chrístian Rguez.“.
Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Ruli, (19´); 2-0, Ruli, (46´); 3-0, Carlos, (85´).
Incidencias : O árbitro do encontro Iago Senín, expulsou ao xogador do Sporting Zas, darío, con vermello direto no 75 por unha dura entrada.
O Ameixenda máis xove da tempada.
CD Nantón 11-2 SD Ameixenda
Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido no que comezamos dominando con dúas ocasións claras que resolve moi ben o porteiro deles, pero serían eles quen se adiantarian no marcador. Nunha xogada desafortunada deles conseguimos empatar e en pouco tempo marcariamos tres goles máis. Eles anotarían un segundo gol pero sentenciaríamos o partido con dous goles máis nesta primeira metade, chegando o descanso cun 6-2. A segunda parte sería de mero trámite acadando 5 goles máis, que aínda poideron ser máis se nn fora polas boas intervencións do seu porteiro, que a pesares dos 11 goles tivo intervencións de moito mérito”.
Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Antes de nada felicitar ao Porteño polo merecido ascenso a Segunda. En canto ao noso partido, dicir que hoxe debutaban no Ameixenda 4 rapaces de 16 anos. Ante as contínuas ausencias de xogadores non quedou mais remedio que fichar para terminar a tempada cos menos sobresaltos posibles en canto a disponibilidade de xogadores. Ainda que a mala sorte sigue connosco xa que aos vinte minutos de xogo lesionábase precisamente un destes rapaces (Borja). En principio quedouse nunha forte escordadura de xeonllo. Empezou ben o Ameixenda, marcando Yago aos sete minutos nunha contra. Pero colleuse por norma facer os regalos de turno e xa no m.10 empataba o Nantón cun gol en propia meta cando menos surrealista. Falla a defensa nun despexe e Fabián ao querer despexar de novo, dende fora da área, nanda o balon a escadra. Velo para crelo. E xa, en pleno desconcerto, no m. 12 facía o Nantón o 2-1. Non se sentía a gusto o Ameixenda nun campo bastante irregular e as chegadas locales eran constantes e perigosas. E así nos minutos 21 e 23 marcaban o terceiro e o cuarto. E ainda que Dani facía o 4-2 no m.29, nunca dou a sensación de que o Ameixenda poidera meterse no partido. E mais ainda cando antes do descanso a vantaxe do Nantón medraba ata o 6-2. O segundo tempo, de puro trámite foi para certificar a goleada ata o 11-2 definitivo. Xogaron polo Ameixenda: Costa, Evaristo (Fabián Barreiro 60′), Chapu, Fabián Louzán, Borja (Dani 20′), Alex, Darío,, Sergio (Pikita 46′), Torices, Yago e Mauro”.
Goles : Marcaron polo Nantón : Redondo, (3), Iván Moreira, Daniel López, Manuel, (3), Tato, (2) e Micael, ademáis dun gol en propia porta do visitante, Fabián. O gol dos do Ameixenda foi obra de Yago Costa aos 7 minutos de xogo e que representaba o 0-1.
Incidencias : Alex, Mauro, Darío e Borja, catro xuvenís debutaron no Ameixenda.
Atlético Pereiriña FC 2-0 CF Castrelo
Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Tardaba en chegar a primeira victoria do 2023, pero ao final os 3 puntos foron para os nosos. Partido moi igualado e no que foron determinantes 2 erros vimianceses na primeira parte, acabando ambos en gol. O primeiro obra de Miguel tras recoller un rexeite do central, e o segundo obra de Lucho dende o punto de penalti. O segundo tempo estivo máis controlado pola nosa parte, e cun xogo máis previsible pola parte dos vimianceses, pero que tampouco deixaron de tentalo ata o pitido final”.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Encontro con moito xogo en medio campo, e moi pouco traballo pros dous porteiros. O final o partido decidiuse por dous erros na zona defensiva. Un nunha cesión o porteiro que se queda corta e deixa só o diaanteiro para facer o primeiro. Pouco despois un erro de pase, tamén en zona defensiva, acaba en penalti para poñeer o 2-0 o Pereiriña. Na segunda parte foi máis do mesmo, e apenas houbo ocasións polos dous bandos. Quero aprobeitar para felicitar o Porteño polo ascenso”.
Goles : 1-0, José M, (12´); 2-0, Kevin, (25´de penalti).
CLASIFICACIÓN
-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez
-Foto Camelle : Gonzalo Lemus
-Foto do Malpica : Jorge Calvete
-Foto do Porteño : CF Porteño Oficial
-Texto : Xosé Búa “Pirata”