2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4
-23ª Xornada-
Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.
AD Nicrariense 2-3 CF Mazaricos
Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Primeira parte onde saímos moi ben, atacando e tendo o control do xogo. Apenas concedemos ocasións e fomos moi eficaces de cara portería. Tamara fai o 1-0 cun golazo de volea onde a porteira non puido facer nada. Seguimos apretando arriba e Jirra está atenta a un mal pase entre a lateral e a central e consegue facer o 2-0. A partir do minuto 35 o nicra comezou a apretar e xa tomaron o control. Na segunda parte o Nicra foi superior. Creando pouco perigo pero sendo máis intensas e gañando todos os segundos balóns. Conseguen o 2-1moi pronto cunha asistencia da súa porteira que deixa a dianteira nun man a man e define moi ben. Seguimos co equipo replegado e sen conceder, ata os minutos finais onde un malentendido defensivo provoca o 2-2 no minuto 92, pero lexos de virse abaixo, na seguinte xogada Tamara marca o 2-3 que nos da moito moral para o que resta de tempada“.
CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Mariña, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra
Tamén xogaron : Katia, Buján, Leire, Saray e Antía.
Goles : 0-1, Tamara, (14´); 0-2, María Senra, (16´); 1-2, Daniela, (59´); 2-2, Paula, (92´); 2-3, Tamara, (93´).
Árbitro : Óscar Martínez. Amonestou a Martiña polas mazariquenses.
Próximo encontro
CF Mazaricos-CF Dumbría
01/05/2023 ás 12:15 horas
SD O Pino 0-4 ED As Miúdas
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Bárbara, Pati, Leti, Sofía, Marta Piñeiro, Paula, Ana e Ximena. Tamén xogaron: Marta, Marina e Naiara.
Goles : 0-1, Leti, (8´); 0-2, Pati, (41´); 0-3, Elba, (68´); 0-4, Elba, (80´).
Árbitro : Alberto Álvarez. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Victoria FC C-ED As Miúdas
30/04/2023 ás 17:00 horas
UC Cee 4-0 CD Rois
Costoulles as ceenses abrir o marcador e non foi ata xusto antes de irse o descanso cando Nerea facía o 1-0. Un gol de Lucía Martínez nada máis reanudarse o xogo tralo pase por vestiarios tirou abaixo todo o entramado defensivo visitante e acabarían goleando as de Cee con tantos de Saray e Ruth.
UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Caamaño, Nerea, Ruth, Saray, Sabela, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Nayara, Minerva, Thalia e Sabela.
Goles : 1-0, Nerea, (45´); 2-0, Lucía Martínez, (46´); 3-0, Saray, (66´); 4-0, Ruth, (70´).
Árbitro : Luis Mourelle. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Praiña Sp Club-UC Cee
29/04/2023 ás 11:30 horas
As xalleiras seguen loitando por todo.
Xallas FC 3-1 Victoria FC C
Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido no que o Xallas saíu enchufado proba de elo que xa no minuto 1 Yasmina a “gacela de Barbeira”, poñía por diante o equipo de Santa Comba diante das santiaguesas.
O Xallas que parece que superou a paxara que tivo e que volve a estar forte en todas as liñas. Diante un dos equipos que mellor trato ten do balón moi xoven con gran calidade, un gusto velas xogar, pero o Xallas con entrega e oficio non lles dou tregua, e Saskia a balón parado facía o segundo da tarde. Chegando así o descanso con moi pouca renta despois das ocasións desaproveitadas. Recortaría distancias o Victoria na segunda metade nun fallo no despexe de Saskia, Alicia e Rosio meterían o gol en propia porta… Resultado apretado para o que se estaba a ver no municipal de fontenla. Olalla de falta directa puña as cousas no seu sitio e daba a tranquilidade os siareiros xalleiros que ateigaban a grada cuberta cando caía unha tromba de auga. Con este triunfo, o Xallas segue na pelea en busca do dourado“.
Xallas FC : Laura, Saskia, Alicia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Paula Barcia, Olalla e Yasmina.
Tamén xogaron : Mayte, Inés, Rhany, Nuria e Paula Gándara.
Goles : 1-0, Yasmina, (1´); 2-0, Saskia, (13´); 2-1, Alicia, (53´en propia porta); 3-1, Olalla, (67´).
Árbitro : David Castreje. A monestou das santiaguesas a Angelix.
Próximo encontro
CD Rois-Xallas FC
30/04/2023 ás 12:00 horas
CF Dumbría 0-4 SR Calo
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Duro partido para as dumbriesas no Conco, non so polo resultado, xa que sobre o papel, o Calo ven demostrando argumentos e números que as poñen por méritos onde están, pero si xa o duelo era difícil de por sí, competir con unha menos dende o minuto 25 convertía a costa arriba en muro.
O partido empezou sin apenas ocasións, un lanzamento lonxano do Calo que non inquedou a Lía, e un Córner para as locales que Sabela non pudo concretar con todo de cara. O 0-1 chegou unha indecisión das centrales que non desperciciou a dianteira do Calo batendo a Lía por baixo.
Sin decaer as locales, recuperaban con intensidade e disporían de varios córners a favor, desta volta nin Eva nin Martina atopaban portería. Chegaba así o minuto 25, nun barullo na frontal salindo Lía a despexar, o balón queda solto e o remate da atacante é bloquedo de volta por Lía que xa recuara para dentro da area, pero non o interpretou así o colexiado, vermella directa para Lía, e máis traballo para un Dumbría que pese a protestar, se vían ainda máis lastradas para ir contra vento. Saleu Carril do campo, que ata ese momento evitou calquer ataque da extremo visitante, dando entrada a Naira na portería.
Lonxe de perderlle a cara o duelo con unha menos, as disputas collían intensidade e as locales deixaban que as teenses moveran en campo propio, para presionar e roubar cando cruzaban a medular e lanzar ataques que as veces por prisa e outras por oficio das rivales non daban premio. Unha mala salida de portería no minuto 40 deixou o balón na frontal para que Carla abrira a ferida ainda máis, poñendo o 0-2 co que se chegou o descanso.
Na reanudación quixeron as líderes meter unha marcha máis, algo bronco o duelo e as disputas, e seguían as locales tirando de máis xenio que orden para buscar un gol que dera alento. Lonxe deso, outro balón gañado en banda esquerda acabou sorprendendo a Naira para facer o 0-3 en apenas 8 minutos da 2ª metade. E non baixaron os brazos, as dumbriesas buscaron en todo momento gañar cada duelo, pero as forzas e o peso do marcador non deixaba decidir con claridade e cando máis achegamentos á area rival das dumbriesas estaba habendo, un balón en longo nunha rápida transición deixou novamente soa a Carla para poñer o definitivo 0-4. Pudo Fandi facer o merecido gol para as locales nunha arrancada individual deixando a 3 rivales no camiño, pero o lanzamento saíu escorado.
Merecida victoria das líderes, mostrando máis oficio, sabendo aproveitar a superioridade numérica que nos impideu ver unha disputa de ti a ti, así e todo, arbitrar este tipo de duelos sin asistentes non facilita nada a toma de decisións para os colexiados.
Agradecer ás nosas xogadoras o esforzo, difícil explicar a sua actitude, sin baixar os brazos nin o ánimo nos 90 minutos e a pesar de non sacar nada se vaciaron para demostrar que lle poden competir a calquer rival no noso 1º ano en competición.“.
CF Dumbría : Lía, Noa, Carril, Martina, Mai, Eva, Fandi, Kelly, Ainoa, Sabela e María das Carisas.
Tamén xogaron : Naira, Yoli, Sara e Icía.
Goles : 0-1, Cintia, (16´); 0-2, Carla, (40´); 0-3, Laura, (53´); 0-4, Carla, (78´).
Árbitro : Roberto Baña. Expulsou con vermello a Lía do CF Dumbría no minuto 25 e amonestou a sua compañeira Noa. Polas visitantes amonestou a Laura.
Próximo encontro
CF Mazaricos-CF Dumbría
01/05/2023 ás 12:15 horas
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Xallas FC : Rupper
-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores