CRÓNICAS 23ª XORNADA 2ª GALEGA FEMININA G2 : “XORNADA MALA PARA AS COSTEIRAS CON DERROTAS DE CORME, PONTECESO E CERQUEDA”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-23ª Xornada-

 

Sporting Meicende 3-1 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido contra un equipo moi superior en todas as facetas do xogo, tanto a nivel individual como a nivel táctico, con moitas variables no xogo que nos rompían unha e outra vez as líneas e así fomos cun 3-1 o descanso. Na segunda parte fixemos unha pequena corrección táctica e parece que conseguimos minimizar as suas ocasions e manter ese 3-1 da primeira parte. O peor foi a lesión da nosa porteira Belén e de Vero, ambas con un forte golpe na zona lumbar que as fixo ser sustituidas, a ver si as damos recuperado ahora para os tres partidos importantes que nos tocan da “Nosa Liga” para rematar o campionato o máis arriba posible”.

Corme CF : Belén, Lucía, (Ana), (Aurora), Aroa, Vero (María), Maria, Nati (Candela), Irene, Ana, Cris, Carla e Naroa.

Goles :1-0, Sandra, (12´); 2-0, Alba, (25´); 3-0, María Isabel, (40´); 3-1; Naroa, (44´de penalti).

Árbitro : Martín Zas. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Corme CF-SD Órdes

29/04/2023 ás 16:00 horas

 

O Ponteceso tivo o empate nas mans.

 

Ponteceso SD 1-2 UDJ Almeiras

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido correspondente á xornada 23 na que nos enfrontamos ao Almeiras en horario matutino para apoiar á gala benéfica do “Síndrome de Rett”. Comezábamos o encontro cun Almeiras que saíu disposto a facerse dono do balón, pero que gracias a unha boa actitude defensiva das de Curro eran incapaces de poder lograr un tiro a porteria. Non tardarían moito as visitantes en adiantarse dun gol directo de falta na frontal da área debido a unha falta por plantilla moi dubidosa que cometía a todoterreo Muíño. A partir de aí o partido sería un toma e saca continuo no que calquera dos dous equipos podía facer gol. Cando todo parecía que chegaría o tempo de lecer co marcador do cero a un, aproveitaríamos por medio da killer Andrea a transformar un claro penalti por máns visitantes, cortando unha clara ocasión de gol, para rematar esta primeira metade co 1 a 1.

Comezaba unha segunda metade cun solo protagonista… o colexiado. Era un partido tranquilo ata que decidiu estragalo con varias polémicas sen moito sentido.  O Almeiras só conseguía facernos dano con accións a balón parado nas que tanto a meta Colores como logo María resolveron moi ben. Desesperábanse as visitantes xa que non eran capaces de crear ocasións claras de perigo logo de anularnos un posible 2 a 1 nun inexistente fora de xogo da capitá Eva. Tamén teríamos claras ocasión para poñermos por diante por medio de Lauriña e Muíño que non conseguimos transformar en gol. E cando todo parecía que remataría cun merecido empate, de novo noutra acción polémica de fóra de xogo que non asubiaría o colexiado, no minuto 106 de partido as visitantes aproveitarían para transformar o man a man diante da meta María no 1-2 final.

Quédanos mal sabor de boca por todo o acontecido hoxe no terreo de xogo do Pinguel, pero por outro lado queda patente a increíble progresión deste equipo que comezaba neste ano dende cero e plantándolle cara ao cuarto clasíficado da categoría. Un enorme esforzo truncado por incorrectas decisións“.

 

 

Ponteceso SD : Colores (María 56’), Lara (Laura 89’), Berdeal, Ainhoa, Noe, Silvia, Muíño, Eva, Mel (Vir 73’), Andrea, e Lauriña

Goles : 0-1,Claudia, (12´); 1-1, Andrea, (37´de penalti); 1-2, Yadira, (90´)

Árbitro : David Castreje. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

SCD Pastoriza-Ponteceso SD

01/05/2023 ás 17:00 horas

 

 

UD Cerqueda 0-9 SCD Pastoriza

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi complicado contra as líderes da categoría.
Fixemos dos mellores 40 minutos da tempada. Fomos capaces de aguantar os ataques das visitantes, e fomos capaces de crearlles perigo. 3 ocasións bastante claras, nas que nos faltou definir ben. No minuto 40 marcan o 0-1 e a partir de ai, fíxosenos o partido longuísimo. Chegamos o descanso con 0-3. Intentamos volver a estar no partido, pero non fomos capaces de frealas. A pesar do 0-9 final, temos que darlle moito valor a eses 40 minutos nos que competimos moi ben contra todo un Pastoriza, e no debe, seguir mellorando, para manternos mais minutos bos en cada partido.”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula Veiga, Tatiana, Irene, Raquel, Andrea, e María Isabel. Tamén xogaron : Mariña, Vanesa, Sonia, Paula Casal e Carla.

Goles : Alba, (3), Sabela, (2), Noa Naveira, Noa Ferreiro, Candela e Begoña.

Árbitro : Samuel Amado. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CCD Curtis-UD Cerqueda

30/04/2023 ás 19:30 horas

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : EN ELABORACIÓN

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Ponteceso : Marcos Curro

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores