CRÓNICAS 23ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “CORME E DUMBRÍA SIGUEN NA SUA LOITA PARTICULAR”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. 

A liga non se retomará ata a fin de semana do 6-7 de Abril, despois do parón pola Semana Santa.

 

-CRÓNICAS 23ª XORNADA-

 

UD Corcubión 0-0 Cabana SD

Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi aburrido e marcado polo vento con poucas ocasións para cada equipo. Pouco que contar, a 10 do Cabana tivo que ser cambiada por lesión e espero que non sexa nada pois é unha gran xogadora, e tamén, e sobre todo, desexarlle a nosa defensa, Vivi, moita sorte xa que nos ten que abandonar por temas laborais“.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido con moito vento que dificultaba moito o xogo e no que as defensas se impuxeron as dianteiras. Poucas ocasións de gol e moito traballo e o que puxeron os dous equipos no campo. O Corcubión puido adiantarse nos últimos minutos do primeiro tempo pero non acertou no remate, e o Cabana tivo na cabeza de Saray a vitoria pero o seu remate saiu fora. Empate xusto que reflexa o equilibrio do encontro”.

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Victoria, Marta, Carla, Cristina, Elena, Helena, Ana, Noa e Paula. Tamén xogaron : Claudia, Andrea e Daniela.

Cabana SD : Miriam, Antia, Sheila, Aroa, Begoña (Jessi Rojo), Inma, Alejandra, Iria (Nuria), Saray (Aitana), Irene (Natalie), Isabel.

Goles : 0-0

Árbitro : Manuel Trillo. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

Cabana SD-Ponteceso SD

CF Muxía-UD Corcubión

 

******

O Ponteceso afiánzase na terceira praza.

 

Ponteceso SD 8-0 SD Fisterra

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :As xogadoras do Puenteceso aproveitaron ben os espazos que deixaban as rivais para entrar ata área rival sen problema. O primeiro tanto chegaría por parte da killer Andrea a pase de Muíño no minuto 8. Dende o minuto 28 as visitantes pasarían a ter unha xogadora menos debido a unha tarxeta vermella por limitar a Claudia, que ía sola man a man coa porteira visitante, acabando a pontecesá recibindo unha clara tarascada da xogadora fisterrá que non protestou. As locais aproveitaron a situación para seguir mantendo o ritmo e intentar aumentar a distancia que lles garantise a vitoria. No minuto 36, Noemí lanzaba o balón cara a portería antes de que este escapase pola liña de fondo marcando un gol moi fermoso, que se sumaba o marcado minutos antes en propia meta polas xogadoras do Fisterra tras un saque de banda de Ainhoa.

Na segunda parte volvería a anotar a 19 do Puenteceso, apuntándose na conta propia un dóbrete. Tres minutos despois intentaríao Eva pero daría no longueiro. Alí estaba Andrea para aproveitar o rexeitamento e convertelo en gol. A killer volvería a rematar outro partido máis con hat-trick, tras marcar, de novo, no minuto 85. Tamén acertaron na diana Claudia e Muíño en dúas boas accións nun partido onde as xogadoras do Ponteceso foron bastante superiores durante os 90′. De novo tres puntos que permiten asentarse no terceiro posto e aumentar distancia con respecto as de abaixo. Despois de Semana Santa tocará volver fortes e enfrontarse ao Cabana nas Redondas“.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

 

Ponteceso SD : Colores (María 45′), Noe (Saray 61′), Ainhoa, Myre, Laura R (Silvia 45′), Berdeal, Eva, Muíño (Lucivili 65′), Andrea, Noemí (Lara 61′), Claudia.

SD Fisterra : Lucía, Ana, Lidia, Tamara, Jenifer, María Elena, Rosa María, Xaira, Jimena, Aroa e Lucía Marcote. Tamén xogaron : Adela e Tatiana.

Goles : Andrea Varela, Tamara, (en propia porta) e Noemi, (1ª parte). Noemi, Andrea Varela, (2), Claudia e Andrea Rodríguez.

Árbitro : Rai Reborido. Expulsou a Lidia do Fisterra, (29´) e amonestou as suas compañeiras, Jenifer e Ana.

 

Próximos encontros

Cabana SD-Ponteceso SD-UD Cerqueda

SD Fisterra-AD Nicrariense

 

******

 

EF Camariñas “Juan Cabrejo”  1-0 CF Mazaricos

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Camariñas) : “Vitoria ante o Mazaricos nun partido moi completo e no que a nivel defensivo estivemos moi ben, e onde non deixamos que tivesen ocasións para marcar, e no que nós, sobre todo na segunda metade, tivemos ocasións para que o marcador fose màis amplio, pero a gran actuación da porteira visitante impediu que obtivéramos premio.
Seguimos crecendo como equipo e iso estase a notar”.

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido o que chegabamos novamente con moitas baixas, tonica habitual das ultimas xornadas pero non é excusa. Saliamos co obxetivo claro de intentar defender ordenadas e intentar aproveitar as que tiveramos arriba. Estivemos moi ben durante os primeiros minutos pero sin crear ocasions. A falta de 5 para o final da primeira parte unha indecision na area fai que rematen e con un gol fantasma legal se adianten no marcador. Na seguinte xogada puidemos empatar nunha ocasion moi clara que mandamos fora. Na segunda parte o equipo fisicamente veuse abaixo o que fixoo que tiveramos 10 minutos de pajara donde puideron sentenciar pero unha vez mais, a nosa porteira Valeria, demostrou porque esta sendo das mellores porteiras da categoria este ano salvandonos unha e outra vez. De aí o final intentamolo dentro das nosas posibilidadees e cos nosos medios pero non conseguimos nin acercarnos casi a porteria rival. Parón que chega nun momento perfecto para que poidamos recapacitar e facer autocritica xa que esta non é a linea a seguir“.

Camariñas FC : Desiree, Maira, Uxía, Rosana, Rocío, Elena, Paula, Laura López, Nuria, Laura Pose e María. Tamén xogaron : Ainoa, Daniela, Cristina, Saray e María Cristina.

CF Mazaricos : Valeria, Paula, María, Claudia, Antía, Leire, Raquel, Iria Buján, Katia, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Saray, Paula, María Antelo, Iria Hermida e Valeria.

Goles : 1-0, Paula, (43´)

Árbitro : Esteban Domínguez. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Corme CF-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

SD Dubra-CF Mazaricos

 

******

 

O Corme volveu a amosarse un lider forte ante o Muxía.

 

Corme CF 2-0 CF Muxía

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi condicionado por dous factores, si no da ida éramos nos as que íbamos con baixas, na volta foi o Muxia o que veu sin xente moi importante, e eso a éstes niveles e imposible non notalo, o segundo factor foi o vento, Ainda así penso que dominamos ben as duas partes, tendo o vento en contra sí que nos obligaban un pouco máis en defensa, pero as ocasions mais claras foron para nos, cun pau de Carla e Unha ocasión moi clara de María dentro da área. Na segunda parte xa con vento a favor si que foi un dominio claro e buscando o gol constantemente, pero ainda así resistiuse ata o final do partido, sería primeiro Carla cun tiro desde a frontal e despois Nerea, nun rexeite dun corner, as que pondrian o 2-0 nun partido no que o equipo volviu a coller sensacións positivas en canto a xogo. Desde o Corme queremos desearlle unha pronta recuperación as xogadoras do Muxía, Elsa e Barca, ambas con lesións de larga duración, querémosvos volver a ver pronto no verde!!!.

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí.

Corme CF : Belén, Lucía, (Aroa), Irene, Laura (Nati), Vero, Candela (Cris), Olalla, Ana, Nerea, Carla e María, (Mónica).

CF Muxía : Sheila, Paula Vilela, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Claudia, Paula Rey, Irene, Nuria, Nerea Barrientos e Andrea Insua. Tamén xogaron : Denise, Xeila, Sara Haz, Sara Domínguez, e Marcela.

Goles : 1-0, Carla, (80´); 2-0, Nerea, (87´).

Árbitro : David Castreje. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Corme CF-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

CF Muxía-UD Corcubión

 

******

 

CF Dumbría 2-0 Outes FC

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Recibíamos o Outes na casa. Saliamos confiadas e o Outes tería a primeira ocasión do encontro, topándose un bo balón e estrellándoo contra o longueiro. A partires de aí o partido púxose o noso favor, sabendo ter balón e xerar ocasións. O Outes tentábao, pero sin fortuna…Seguir traballando para seguir mostrando bo xogo colectivo”.

.Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido moi difícil en Dumbría, con unha temperatura moi alta para o momento do ano en que nos encontramos, e que nos pasou factura fisicamente. A maiores un partido regular pola nosa parte.

CF Dumbría : Lisette, Lucía, Paula, Reyes, María, Kelly, Eva, Lara, Juliette, Claudia e Alba. Tamén xogaron : Adriana, Paula Fandiño, Icia, Serena, e Laura.

Outes FC : Lía, Claudia, Natalia, María Soledad, Marinha, Uxía, María Molinos, Míriam, Carla, Carmen e Paula. Tamén xogaron : Laura, Valeria, Erika, Sofía e Natividad.

Goles : Juliette, Eva Lema, (2), Kelly e Laura, (1ª metade); Claudia, Eva Lema, Kelly e Serena, (2ª metade).

Árbitro : Andrea Barbeira Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-CF Dumbría

Outes FC : Descansa

 

O Cerqueda no anexo as Eiroas.

 

Bergantiños FC B 1-0 UD Cerqueda

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido malo de ver, ninguno de los dos equipos hizo gran cosa. Si es verdad que el Bergantiños tuvo tres palos y alguna ocasión clara de gol pero, en general, a nivel de juego, fue el peor partido de la temporada del Bergantiños B. Se ganó pero se podía haber empatado o perdido en alguna jugada puntual“.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado que puido caer pa calquera lado. A primeira parte foi moi igualada, na que houbo poucas ocasións. Na segunda o Bergan B apretou máis pero ambos equipos tuvemos ocasións pa adiantarnos. Finalmente nunha boa acción combinativa delas conseguiron desequilibrar o marcador. Seguimos competindo moi ben e complicándolle moito os partidos a rivais teoricamente superiores.

 

As bergantiñistas fixéronse ca vitoria ante o Cerqueda.

 

Bergantiños FC B : Ariadna, Arancha, Erika, Aroa Varela, Clara, Aroa García, Jimena, Antía, Ainhoa, Amelia e Sara. Tamén xogaron : Aisha, Iria, Andrea e María.

UD Cerqueda : Paula, Uxía, Tania, Tatiana, Irene, Sara, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Tamén xogaron : Jimena, Alba e María Isabel.

Goles : 1-0, Antía, (73´).

Árbitro : Thiago Alonso. Amonestou a local, Aisha.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-CF Dumbría

CF Noia B-Bergantiños FC B

 

******

 

Descansou : SD Dubra

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Muxía : Marina Busto

-Montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies