CRÓNICAS 23ª XDA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O XALLAS O ÚNICO QUE SUMA DE 3 E PONSE NA LOITA POR POSTO DE PERMANENEZA”.

O Xallas sube a quinta praza que da opción a loitar pola permanenza.

 

Xallas FC 2-1 Orzán SD

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Un gol de Noelia de penalti e un de Alicia nun córner deron tres puntos valiosos antes do descanso de Semana Santa. O municipal de Fontenla voltou a saborear a vitoria local. Foi un partido moi reñido e competido, onde o Orzan adiantouse no marcador na segunda metade tras un gran acción individual da súa dianteira. Pero nesta ocasión a xustiza e a sorte chegaron no tramo final cando unha zancadilla a Yasmina se cobrou como pena máxima e a nosa mediapunta vimiancesa Noelia non fallou desde os once metros. Con todo, faltaba o último gol para a remontada que chegou no minuto 87 dos pés de María Rial que executou un córner e Alicia Rial remachou o fondo das mallas. O Xallas tíñao nas súas mans e non quería que se escapase este bote de tres valiosos puntos. Loitou, defendeuse con uñas e dentes as acometidas do Orzan nos minutos finais e abofé que o conseguiu non pasando nada máis no encontro. A vitoria volveu o Fontenla e as xogadoras celebraron a vitoria coa afición. Parabéns EQUIPO.

Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Ali, Otero; Andrea Barbeira, Maria, Yasmina; Paula, Claudia e Noelia. Tamén xogaron : Laura, Michelle, Daniela e Zaira.

Goles : 0-1, Sofía, (72´); 1-1, Noelia, (75´de penalti); 2-1, María, (87´).

Árbitro : Chrístian Sendón. Amonestou a visitante, Sofía.

 

Atlético San Pedro 5-0 ED As Miúdas

Deixaron as de Oleiros o encontro resolto no primeiro tempo ante un Miúdas que chegou o Campo de Iñás escaso de efectivos, con só 2 recambios. Uxía, Alba e Lía poñían o 3-0 co que se ía o descanso e nada máis comezar a segunda metade Alba facía o cuarto. As cousas relaxáronse e nos derradeiros minutos Lucía facía o da “manciña” de penalti.

ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Elba Lago, Alba, Ximena, Sabela, Laura, Cristina, Marta, Adriana Piñeiro e Paula. Tamén xogaron : Atenea, María, Adriana, e Carlota.

Goles : 1-0, Uxía, (25´); 2-0, Alba, (37´); 3-0, Lía, (44´); 4-0, Alba, (53´); 5-0, Lucía, (87´de penalti).

Árbitro : Samuel Pardo. Amonestou as visitantes, Paula e Cristina.

 

SCD Pastoriza 4-0 UC Cee

Pagou caro o equipo ceense o mal inicio da segunda metade na que recibeu 3 goles en 8 minutos, sen opcións a reacción. A primeira metade acabaou coa vitoria pola mínima das de Pastoriza, que se adiantaban aos 14 minutos cun tanto de Sabela.

SCD Pastoriza : Uxía, Karla, Judith, Noa, Leire, Zaira, Antía, Candela, Sabela e Claudia. Tamén xogou : Elba Priegue e Carlota.

UC Cee : Antía, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Alba, Nerea, Paula, Nayara, Tuth, Lucía Martínez, Laura e Sabela. Tamén xogaron : Ariana, Uxía e Sabela.

Goles : 1-0, Sabela, (14´); 2-0, Sabela, (51´); 3-0, Cristina, (56´); 4-0, Antía, (59´).

Árbitro : Ángel Acuña. Amonestou a local, María Eugenia.

CLASIFICACIÓN

O Xallas é o mellor colocado dos equipos costeiros na 5ª praza con 39 puntos en posto de loita por non descender. Caeo equipo ceense a 10ª praza, nun grupo de equipos todos noun puño, e con 35 a 2 do Carral que é o que marca o derradeiro posto dos que darían opción a loitar por aguantar a categoría. O Miúdas continúa a penúltima praza con 10 puntos.

 

 

 

-Foto : Rupper

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies