2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4
-22ª Xornada-
Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.
Terceira xornada en positivo do Mazaricos.
CF Mazaricos 4-0 SD Dubra
Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Primeira parte con moi pouco ritmo, apenas había circulación de balón e costábanos moito transitar. Só houbo dúas ocasións, unha por parte delas cun man a man que non conseguen finalizar, e o golazo de volea pola escadra de Tamara. Fómonos co 1-0 ao descanso.
Na segunda parte quitáronsenos os nervos, comezamos a tocar o balón e apareceron espacios. Jirra aprobeita un erro defensivo para gañar as costas da defensa e facer o 2-0 cun tiro cruzado. Seguimos apretando e tendo o control do xogo nesta segunda parte e pronto chega o gol de Ánxela que nos daba a tranquilidade. Pouco despois a propia Ánxela define de marabilla cunha fermosa vaselina e o partido remata 4-0. Unha segunda parte moi completa onde non concedemos ocasións e xeramos moito xogo“.
CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra.
Tamén xogaron: Katia, Buján, Leire e Hermida.
Goles : 1-0, Tamara, (41´); 2-0, María Senra, (56´); 3-0, Ánxela, (63´); 4-0, Ánxela, (73´).
Árbitro : Roi Rey. Non amosou ningún cartón.
ED As Miúdas 1-4 Xallas FC
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido moi difícil ante unhas rivales que xogan moi ben e son moi completas. Nós pola nosa parte esforzamonos todo e mais e desta non pudo ser, pero levamos unha boa aprendizaxe sobretodo en aspecto defensivos. Só queda felicitar as rivais e seguir traballando como o estamos a facer”.
Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido no que as féminas xalleiras saíron a por todas dende o minuto un, facendo saber a importancia dos tres puntos en xogo en todo o momento o equipo muradán. O Xallas estivo moi serio na retagarda con unha Rosio moi inspirada, e facendo imposible os lanzamentos das Miúdas. No medio campo Andrea Barbeira e María dominando os tempos do partido, e no ataque Olalla e Yasmina que se entenderon as mil marabillas, tanto que Yasmina, a dianteira de Barbeira, anotou outro “póker” de goles sendo a figura deste derbi feminino costeiro. Neste encontro voltou a demostrar a calidade que ten nas súas botas, e o desequilibrio que mostra nesta liga. Con este triunfo, as nosas afiánzanse na segunda posición, e na loita do que quede por vir. Yasmina converteuse con estes 4 goles na máxima goleadora da liga o chegar a un total 31 no que vai da mesma“.
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, Pati, María Estévez, Sofía, Marina, Marta Piñeiro, Gala e Ximena. Tamén xogaron: Leti, Paula, Marcela, Ana e Uxía.
Xallas FC :Rosio; Laura,Rita, Alicia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Paula Barcia, Olalla e Yasmina.
Tamén xogaron : Leti, Inés, Claudia Facal, Nuria e Carla Landeira.
Goles : 0-2, Yasmina, (8´); 0-2, Yasmina, (10´); 1-2, María Estévez, (24´); 1-3, Yasmina, (37´); 1-4, Yasmina, (79´).
Árbitro : José Ramón Fernández. Non amosou ningún cartón.
Victoria FC B 1-1 UC Cee
Punto que lle vale as ceenses para practicamente pechar a promoción ca derrota do Praiña ante o Dumbría. As ceenses teñen 6 puntos están a 6 puntos do Praiña con 12 por disputar. As de Cacheiras están fora de promoción no que se denomina “posto de posible promoción”, que da ese acceso as mellores dos 6 grupos da 2ª División Galega. O choque non se moveu ata o treito final, cando se adiantaban as santiaguesas por medio de Lucía Blanco. O gol non fixo mella nas ceenses que empataban 4 minutos despois. As da Vila da Xunqueira chegaron a este encontro con moitas baixas e tan só dous recambios no banco.
UC Cee : Noemi, Laura, Antía, Alba, Nerea, Ruth, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e, Lucía Martínez. Tamén xogaron : Nayara e Sabela.
Goles : 1-0, Lucía Blanco, (83´); 1-1, María Lijó, (87´).
Árbitro : Juan José Otero. Amonestou nas locais a Jimena.
AVISO : Buscamos colaborador ou colaboradora do UC Cee para os comentarios dos encontros e fotos. Diretivos/as, xogadoras, afeccionados/as…
Praiña Sp Club 0-2 CF Dumbría
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Partido complicado na Cañoteira na tarde de sábado, as locales estuveron máis enchufadas desde o inicio especialmente na presión e segundas xogadas, o cambio de sistema nas filas dumbriesas non dou resultado e non se atoparon cómodas ante un rival máis intenso ainda que o bo facer defensivo e a seguridade de Lía permitiron pechar a primeira metade sin cambios no marcador a pesar de ter Kelly a máis clara nun man a man que atallou a cancerbeira local.
Outra cara ben distinta na volta de vestiarios permitiron ás dumbriesas facerse donas da situación e do balón, cunha cogadora máis no medio atoparon máis presencia cerca da area do Praíña. Yoli tivo a sua e María das Carisas en combinación ca propia Yoli e von Kelly tampouco consigueu abrir a lata, sería a capitana Fandi, nun libre directo “marca de la casa” quén rubricou o dominio das costeiras cun golazo. E so 2 minutos despois a propia Fandi sacaría un córner para que Martina, que estaba sendo un cerroxo o lado de Mai en defensa, se impuxo á sua marca para cabecear o definitivo 0-2 co que se chegaría ó final do duelo. As locais non deixaron de batallar e porían a proba a Lía nun bo disparo dende a frontal pero a de Esteiro foi un muro ben respaldada pola defensa. Estes 3 puntos van con dedicatoria especial para Pati, capitana do Praíña, que ben sabe que no seu “partido” xogamos todas no mismo equipo“.
CF Dumbría : Lía, Carril, Noa, Martina, Mai, Fandi, Kelly, María das Carisas, Sabela, Sara e Juliette.
Tamén xogaron : Yoli, Serena, Reyes, Ainoa e Icía.
Goles : 0-1, Paula Fandiño, (49´); 0-2, Martina, (51´).
Árbitro : Óscar Martínez. Amonestou polas dumbriesas a Paula Fandiño e Lía.
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : EN ELABORACIÓN
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto arquivo : Borja Sueiro
-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores