Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.
Soneira SD 3-2 SR Calo
Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Pardiñas, (44´); 1-1, Boo, (46´); 2-1, Pardiñas, (55´); 3-1, Javi Souto, (70´); 3-2, Adrián, (78´).
CF Dumbría 5-0 CF Vista Alegre
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Foi un partido sen moito ritmo. Na primeira parte tivemos o balón pero sin crear demasiado perigo. Na segunda empezamos mellor e fomos quen de golear”.
Goles : 1-0, Xabier, (14´ de penalti); 2-0, Mario, (53´); 3-0, Darío Capelo, (61´); 4-0, Diego Estévez, (62´); 5-0, Xabier, (67´).
Mal encontro do Mazaricos no Manuel Juncal de Tordoia.
SD Tordoia 2-0 CF Mazaricos
Óscar Mingui, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Mal partido o noso hoxe, nn estivemos cómodos en ningún momento con balón e sin el tampouco tivemos as cousas claras. Na primeira parte encaixamos o 1-0 nunha acción mal defendida a balón parado e de ahí ata o descanso eles tiveron 2 chegadas moi claras pola banda de Dennis. Na segunda parte cambiamos sistemas e tivemos máis balón que na primeira pero non fomos capaces de crear ocasions claras de gol. Xa no desconto e nós con todo arriba encaixamos o segundo”.
CF Mazaricos : Pablo, Pose, Chumiko, Borja, Marcos, Pereiro, (Losada), Josete, (Ferreiro), Chiki, (Molinos), Sandelo, Guille, e Kevin.
Goles : 1-0, Seoane, (21´); 2-0, Abel Torres, (90´).
SD Agolada 2-1 SCDR Esteirana
A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Aitor, (47´); 1-1, Rober “Pladur”, (57´); 2-1, Santi Rodríguez, (64´).
Incidencias : O colexiado do encontro, Alejandro Castro, expulsou no desconto a “Rober “Pladur” con dobre cartón amarelo, (71´e 90´). Tamén viron amarelo nos esteiráns, Adrián García, Codesido e Alejandro Louro. Polos locas viron amarelo, Bieito, Aitor, e Óliver.
-Xogados o sábado-
Xallas FC 4-0 CD Baio
Único encontro adiantado a xornada para o sábado da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, xogado no “A Fontenla” de Santa Comba, ca arbitraxe de Manuel Castro, asitido por Rubén Reborido e Alfonso Caamaño.
Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Un partido moi igualado nos primeiros 20-25 minutos, ante un Baio, que ten moi bo equipo e moi bos xogadores i é raro que esteña tan abaixo na clasificación. Eles ca sua liña defensiva cos tres centrais costábanos moito buscarlle as costas aos carrileiros, que era ojnde estaba o espazo, o que fixo que esa primeira parte do encontro estivese máis igualada, xa que nos costaba sair e non dábamos atopado ocos, pero nun minuto decídese o encontro. Nun pequeno erro no saque dunha falta, roubamos e facemos o 1-0 cáseque a porta baleira, sacan de centro, rouba Juan de Selia e mete o 2-0. Estes dous goles seguidos e ca dinámica que levan eles, condicionou moito o partido. Nunha boa combinación facémolo terceiro antes do descanso, tras un pase atrás que culmina Fidi. Na segunda metade non me gustou o equipo, foi máis deixar pasar os minutos e que acabara o partido. Ainda así tivemos varias ocasións e fixo o cuarto Capelo. Estamos nunha boa dinámica e sáenos todo, e eles están nunha dinámica mala e non lles sae nada. Ese minuto cos dous goles fixo que o partido xa estivese acabado”.
Félix Raposo, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido difícil como era previsto na visita a Santa Comba. Polo visto no terreo de xogo demasiado castigo en canto a resultado se refire. Foron 20 minutos de desaxustes e erros individuais os que condicionaron o resultado final, ante un Xallas serio e moi competitivo, ademáis de contar con xogadores que marcan diferencias a nivel individual. Merecida vitoria local, felicitalos, e nós a seguir remando”.
Xallas FC : Iván Couto, Diego, Aitor, Fidi, Colón, Ángel Cuns, Stefan, Samuel, Capelo, Brais e Juan de Selia. Tamén xogaron : Caneda, Álex Blanco, Doro, e Rubén.
CD Baio : David, Pablo, Norberto, Bieito, Braian, Santiso, Touriñán, Rubén, Pablo Domínguez, Pazos e Aitor. Tamén xogaron : Martín MC, Iván García, Aday e Julián.
Goles : 1-0, Juan de Selia, (27´); 2-0, Juan de Selia, (28´); 3-0, Fidi, (41´); 4-0, Colón, (84´).
Incidencias : O árbitro do partido, Manuel Castro amosoulle amarelos a, Stefan, Doro e Iván Couto polos locais, e a Pazos, Bieito e Norberto, polos visitantes.
RESTO DE RESULTADOS
SD Cruces 1-2 SD Negreira
Puebla FC 0-3 Cordeiro CF
Flavia SD 1-0 Cidade de Ribeira FC
CF Silleda 0-3 CD Lalín
CLASIFICACIÓN
Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia