CRÓNICAS 22ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “XORNADA CON MOVEMENTOS NA CLASIFICACIÓN”.

 

Parece que este 2024 comezamos con mala pata e  a xa os problemas que tivemos durante 20 días a comezos de Febreiro e que nos deron moito a lata o non ir como era debido o editor, ademáis da tardanza do servidor en solventarnos un problema que ainda non está arranxado de todo e estamos a buscar arranxalos de todo de maneira externa por medio de amigos da web informáticos, esta semana “morreume” o mobil o que conlevou moitos problemas coas diferentes aplicacións, antre elas a máis importante, o whatsapp, que tiven que reiniciar no novo mobil e que non me deixa descifrar moitos dos arquivos que recibín.

Polo tanto esta semana as cousas van doutra forma para tratra na medida que deixe o traballo persoal, irse metendo o día e recuperndado as cousas como as tiña. Polo que pedimos disculpas e a ver se dunha vez por toda nos arranxan os problemas que temos e que amosan unha vez máis que vivimos nun país no que aquí só hai xente para cobrar.

 

CRÓNICA 3ª GALEGA FEMININA G2

-22ª XORNADA- 

 

Cabana 1-2 Corme

O Corme gañou o seu encontro e sigue lider destacado con 4 puntos sobre o Dumbría, tras derrotar ao Cabana nun choque no que se puxo 0-2 cun tanto de penalti de Carla aos 12 minutos de xogo e outro no 50. Adriana acurtou para as cabanesas no 71 para dar emoción ata o final. Ambientazo nas Redondas.

 

Dubra 0-5 Dumbría

Plantoulle cara o Dubra o segundo clasificado na primeira metade a pesares de que se adiantaban as dumbriesas no primeiro minuto de xogo por medio de Claudia. A segunda metade o Dumbría pasou o “rodillo” e goleou con tantos de Yolanda, María, Paula e Nélida.

 

Ambientazo na “Arliña”.

 

Muxía 1-1 EF “Juan Cabrejo”

Perde a posición de bronce da liga o Muxía tras empatarlle ao Juan Cabrejo de Camariñas, nun choque no que o equipo muxián volveu a botar de menos a moitas das suas xogadoras e no que Elena adiantaba as camariñanas aos 38 minutos de xogo e non foi ata o 77 cando Patri Romanía empataba e daba emoción o choque ata o final. Gran ambente na Arliña.

 

Noia B 0-2 Ponteceso

Sube a terceira posición por golaveraxe o Ponteceso e desbanca deste posto o Muxía. As de Curro non pasaban do empate na primeira metade ante un Noia B que chegaba escaso de efctivos e que viña ofrecendo moi bo rendemento nas derradeiras xornadas. Na segunda metade Andrea Varela decantaba o choque con dous goles en 10 minutos, (71´e 81´).

 

Fisterra 2-3 Corcubión

O Corcubión sube a 5ª posición ao derrotar o Fisterra a domicilio no derbi de proximidade e no que cun ambentazo no Arasolis non decaeu ata o final do encontro. Asiantábase no 20 o equipo de Fran Pequeño por medio de Andrea e 5 minutos despois Noa igualaba a contenda, pero a reacción fisterrana era inmediata e Irene poñía de novo as de Fisterra, só 3 minutos despois do gol corcubionés, (28´). Non había opcións a baixar o ritmo e antes do descanso Trini empataba para as corcubionesas. A propia Paula Trinidad 2Trini”, facía o gol da vitoria para as de Rubén Castillo no 85´.

 

Outes 0-3 Bergantiños B

Deixou bastante encarrilado o choque o equipo carballés na primeira metade con goles de Erika, 811´) e Arancha, (38´). Buscaron meterse no encontro as de Dani Salgueiros, pero non o conseguiron. O definitivo 0-3 chegaba no desconto final por medio de Carla.

 

Nicrariense 1-1 Cerqueda

Sube un chanzo na clasificación o equipo de Dani García tras empatar co Nicreriense. A primeira metade Lorena adiantaba as cerquedenses no minuto 38. Non foi ata o 74 cando noa lle sacaba a posibilidade dos 3 puntos as de Cerqueda, que loitaron ata o pitido final pola vitoria.

 

O CF Muxía homenaxeou e deulle ánimos a compañeira recén operada, Barca Toba.

 

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies