Por mor de problemas técnicos o “morrerme” o teléfono non podo acceder aos comentarios dos adestradores xa que no que me prestaron non teño a moitos dos mesmos e ademáis non me aparecen os mensaxes que me madaron, ou aparecen cifrados. Sentímolo moito a espera de que nos arranxen este problema.
UC Cee 1-1 Xallas FC
Encontro no que non se moveu o marcador na primeira metade e no que Olalla poñía por diante as xalleiras pasada a hora de xogo. Non foi ata o treito final cando Lucía Martínez conseguía igualar o derbi costeiro no San Paio de Refoxos que gozou de moi bo ambente, ante dous dos mellores equipos da costa.
UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Alba, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Lucía Martínez, Laura, e Sabela. Tamén xogaron : Uxía, Minerva e Lucía Sieira.
Xallas FC : Rosio; María Alicia, Paula, Yasmina, Olalla, Noelia, María Rial, Andrea Barbeira, Claudia Facal e Saskia.
Tamén xogaron: Inés, Michelle, Zaira, e Laura.
Goles : 0-1, Olalla, (61´); 1-1, Lucía Martínez, (81´).
Árbitro : Luis M. Insua. Non amosou cartóns.
ED As Miúdas 0-3 SCD Pastoriza
A pesares de chegar con moitas baixas o Pastoriza levouse o encontro pero traballando a reio, pois o Miúdas repúxose ao tempraneiro gol de Sabela para as pastoricenses e buscou a igualada. Na segunda metade o gol da visitante Leire e a maior experienza do seu equipo decantaron definitivamente o choque antes as muradanas, que nunca se deron por vencidas, cun tanto de Zaira, xa no desconto final..
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Leire, Ximena, Cristina, Saray, Marta, Paula, Ana, e Laura. Tamén xogaron : Atenea, María, Adriana, e Carlota.
SCD Pastoriza : Uxía, Karla, Judith, Noa, Leire, Zaira, Antía, Candela, Sabela e Claudia. Tamén xogou : Alma e Eugenia.
Goles : 0-1, Sabela, (5´); 0-2, Leire, (50´); 0-3, Zaira, (91).
Árbitro : Thiaw Mar. Non amosou cartóns.
-Foto e arquivo : Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”