CRÓNICAS 21ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O BAIÑAS ABRE AS OPCIÓNS O TÍTULO O DERROTAR AO PORTEÑO, MENTRES QUE POR ABAIXO XA SE VAN CLAREXANDO OS POSTOS DE PROMOCIÓN”.

 

Crónicas 21ª Xornada

A vitoria do Baiñas sobre o lider, Porteño fai que os da ponte do Porto xa sintan por detrás o alento dos baiñeses que se poñen a tiro de un encontro para collelos no máis alto. Dous empates e unha derrota nos derradeiros 4 encontros, dende a lesión do “killer”, Lucas do Panadeiro, fan que os porteños foran perdendo o colchón de puntos nun ritmo impresionante ata que chegou a lesión, que se está a notar e moito. Por detrás a loita polos postos da promoción estanse clarexando, e nestes intres, aparecen con forza Buño e Camelle, e deixaron puntos o Zas e o Lira, o que non aproveitou o Laxe, que caía ante o Castrelo nun choque vital para esta loita, e tendo en conta as derrotas dos zacenses e lirachos.

 

O Porteño xa sinte o alento do Baiñas na caluga.

 

CD Baiñas 2-0 CF Porteño

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Empesamos o partido un pouco nerviosos polo ambientaso que había, penso…..pouco a pouco fomos competindo e ningún dos equipos arriesghamos. Xoghamos directos do saque de meta ante presión e non hubo muitas ocasions claras. Tuvemos Unha mui boa oportunidad nunha falta na frontal donde nos pedimos penalti, porq consideramos que arrollan a Cristian dentro, ainda que caen fora da área, sacamola en corto pero rechazarona e o Esteban de segundas dalle a Ruli cando iba medio envenenada. Xa contra o final da primeira parte dispuxemos de duas claras por parte de Ruli e Esteban donde tras xoghada e centro non chegharon para remachar ben. Na segunda parte os poucos min de da reanudación escapa Cristian Canosa e internase na área definindo mui ben ante o porteiro, ese gol dounos forsas e empesamos a dominar algho mais o xogho, e por ahí veu Unha boa xoghada de Oreiro que saca o balón a frontal e Kevin consigue o segundo cun golazo de fora da área, xa tuvera ocasions pero con tiros mui floxos. Estuvemos mui ben controlando as subidas de Pejo a balón parado e tamen vigilando a Alan e Juan, en general todos fixeron un bo esforso. Penso que meresimos a victoria, un partido menos e a pensar pa semana a visita a Sta Comba pois todos os partidos están axustados ahora. Sobre o minuto 95 cometeu penalti Dylan e Sergio paroullo a Juan, estuvo mui seguro todo o partido na sua reaparisión. Xogharon: Sergio, Raúl, Borja, Maikol, Dylan, Hermida, Esteban, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Carlos e Héctor.”. 

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : Partido no que a primeira metade foi igualada, primeiro contra segundo etípico partido de presión, moi físico, moi igualado e no que houbo ocasións dos dous. Nos tivemos unha moi clara de Ángel e eles tiveron unha falta na que remataron con claridade. No segundo nada máis reiniciarse fixeron o 1-0 e viñéronse arriba co gol e nós encollíasenos a perna un pouquiño e houbo uns 15-20 minutos de moi claro dominio deles e fixeron o segundo. despois nós fómonos arriba con todo e conseguimos marcar, pero anulounos o gol. Pitou unha falta anterior e non deixou seguir a xogada, concretamente o árbitro recoñeceume que se apurou a pitar e que se equivocou. No 90 tivemos un penalti a favor que tirou Juan e fallouno. Felicitar o Baiñas que nos gañou ben e a seguir traballando para estes encontros que quedan a ver se o conseguimos“.

Goles : 1-0, Crístian Canosa, (46´); 2-0, Kevin, (60´).

Incidencias : O colexiado do encontro Jonathan Pardiñas, expulsou no desconto final con vermello direto o xogador do Baiñas, Dylan, tras cometer penalti.

 

 

Atlético Pereririña FC 1-1 CD Nantón

 Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) :“Partido aburrido o vivido en Cee. Con moi pouco xogo e resolto nos minutos finais, como xa comeza ser costume nos partidos que disputamos. A primeira parte rematou cun gol do Pereiriña resultado dun mal remate de Lucho e finalizado por Miguel. No 2° tempo moi pouco xogo por ambas partes e con moitas protestas e interrupcións. Cara os minutos finais o Nantón conseguiría anotar finalizando deste xeito o partido”.

Francisco Cerbán, (CD Nantón) : “Partido no que só puidemos ir con 12 xogadores. Primeira parte sen apenas ocasións, unha por equipo, a nosa acaba no longueiro tras cabezazo de Manu, e a deles tras un mal tiro nun principio acaba en pase de gol que acaba dentro. A segunda parte volveuse máis embarullada e cando fisicamente demos un pequeno baixón eles tiveron dúas ocasións que parou moi ben Guille, pero nos últimos minutos os meus xogadores tiraron de orgullo e embotellámolos na súa área tendo unha ocasión clara Maikel nun man a man que desvía ben o porteiro, e xa casi o final a recompensa merecida cun golazo de Tato. Empate xusto, e felicitar os meus xogadores polo esforzo nunha situación complicada”.

Goles : 1-0, Miguel, (29´), 1-1, Tato, (95´).

 

 

SCD Malpica 0-1 SCD Buño

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Partido competido, encerradiños atrás e eles con pouca profundidade, buscando a Elías en todo momento, que foi o mas determinante. Tiveron 3 claras que para Lamas, e faltando 5 minutos un centro que da no pau e o rexeite quédalle a porteria valeira. Subimos arriba e tivemos unha de Luis que saeu rozando o pau. Con 0-0 no marcador houbo un penalti clarísimo a noso favor, unha man clara que lle corre o balón desde o hombro ata a man e despois nun recorte de Elías unha man de Fenos tamén moi clara. Unha pola outra. Vitoria xusta“.

José Antonio Carabel, (SCD Buño) : “Partido con dous equipos con dúas ideas de xogo totalmente contrapostas, con un Malpica esperándonos no seu campo e defendendo con moita xente, e un Buño ca posesión do balón e o control do partido de principio a fin. Na primeira metade tivemos moitas ocasións claras nas botas de Elías, Eloy, Breo, etc, pero entre a falta de acerto na finalización e o gran partido que fixo Lamas evitou que nos poidesemos poñer por diante. Na segunda metade, o partido desenvolveuse da misma maneira, ainda que os nervos nos fixeron cometer máis erros nalgúns pases, ainda que seguimos con carrusel de ocasións falladas, nas botas de Eloy, Elías, Martín, Luis, etc… O Malpica practicamente non xerou ningunha ocasión de gol durante todo o partido. Cerca do final, nun rexeite da defensa do Malpica, Elías mete un centro que se envenena e bate no pao e Martín na líña e a porta valeira marca o definitivo 0-1, que fixo xusticia o visto no campo“.

Goles : 0-1, Martín, (85´).

 

 

SD Laxe 1-2 CF Castrelo

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Habendo sabido ler o partido poderíamos ter alcanzado a vitoria, xa que tivemos ocasións de gol e puxémonos por diante no marcador, pero non soubemos xestionar os momentos. O Castrelo xogaba e propoñía e deixábanos a liberdade para que nós fixésemos o mesmo, pero non soubemos ler eso. Iago fixo o gol e tivo ocasións para facer algún máis. Na segunda metade empezou a debacle. O físico impúxose sobre o resto e no derradeiro cuarto de hora o Castrelo sentenciou o partido e remontou cun penalti ben pitado polo árbitro. Perdemos o partido e a posibilidade de meterse no grupo de 6 para liguiña. Matounos a confianza e como xa dixen non saber ler o partido que nos propuxo o rival “. 

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Xogamos un partido moi serio, i é para estarlle agradecido os chavales que despois dun sábado de Entruido ter que xogar as 12…estiveron moi comprometidos co equipo e pelearon cada balón. Na primeira parte marchamos o vestuario perdendo 1-0, despois de ter ocasións e dous balóns os paus. Seguímolo intentando e tivemos o premio final, de penalti claro no último minuto, para conseguir a victoria”.

Goles : 1-0, Iago Torres, (65´); 1-2, Fran Guillín, (75´); 1-2, Rubén Blanco, (90´de penalti).

 

 

Sporting Zas 1-2 Xallas FC B

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido con pouco ritmo no que non houbo moitas oportunidades de gol. Os dous equipos defendemdo ben e ordenados sen cometer erros, conseguimos adiantarnos mediada primeira parte nunha boa xogada individual de Andrés, cando xa pensábamos que chegaríamos o descanso así, recibimos o golpe do gol do empate, a saida nun corner no minuto 47. O segundo tempo seguiu pola mesma liña, o Xallas conseguiu adiantarse nun desaxuste defensivo noso, conseguimos o empate cun gol de Ánxo pero o árbitro anulouno por un fora de xogo que só él viu. Intentamos apretar xa o final con xogo mais direto pero non foi posible o empate”.

Churián, (Adestrador do Xallas FC B) :Partido dominado polo Xallas presionando moi ben e tendo en todo momento o controlado ao Zas, (equipo moi ben colocado e traballado). Unha mala saída de balón fixo que se puxeran por diante, 1-0. Continuaron tendo ocasións os dous equipos e nun saque de esquina chega o empate, cun gol de cabeza de Becerra. No segundo tempo realizamos varios cambios para dar máis profundidade ao equipo, donde nos puxemos por diante (1-2, gol de Luis despois de varios rexeites). Varias ocasións de gol de Rodri, Chasqui e Michu, que tivo unha moi clara. Dúas faltas moi ben executadas de Steven, onde o porteiro zacense fixo dúas paradas moi boas.
En conclusión, foi un partido moi bo por parte de todos, os xogadores destacando aos xuvenís“.

Goles : 1-0, Andrés, (42´); 1-1, Luis, (47´); 1-2, Dani, (66´); 2-2, Charli.

 

 

CF Lira 1-2 Sporting Seaia CF

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia) : “Se non foi o noso mellor partido da tempada foi un dos mellores que fixemos ata agora. Partido dominado por nós de principio a fin. Estivemos os 90 minutos moi intensos e con moito ritmo e gañando tódlos duelos, tanto aéreos coma por baixo, e tivemos iimnumerables ocasións e merecemos un resultado máis abultado, pero para min o home do partido foi o seu porteiro, que cas suas intervencións evitou que o resultado fora maior. Nin pasamos apuros nen medo a que puidésemos perder. Estivemos moi serios, ben plantados atrás e saindo tamén con fútbol direto as contras. tres pntos importantes para nós nesa loita por unha mínima posibilidade de meternos nos postos de promoción”.

Goles : 0-1, Ferreiro, (18´); 0-2, Ferreiro, (68´); 1-2, Pablo, (79´de penalti).

Incidencias : O colexiado do encontro Luis M.Insua, expulsou no descotno con dobre cartón o técnico do CF Lira.

 

 

-Xogado o sábado-

 

O SD Camelle afiánzase na promoción.

 

 

SD Camelle 7-0 SD Ameixenda

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido que chegabamos con moitas baixas e soubemos sacalo adiante. Poñeríamonos por diante nos primeiros minutos cun gol de Mario, e o pouco marcaría o segundo Adrian. Eles terian a oportunidades de recurtar distancias cun man a man que David acerta a parar. Adrian marcaría o terceiro antes do descanso. A volta do descanso Adrian completaba o seu “Hat-trick”, cun tiro cruzado dende fora da área. Ó 5-0 naceria con xogada de Carlos que fai pola banda e regálalle o gol a Álvaro cun pase da morte. Ó 6-0 seria obra de Estiben, e o 7-0 sería Carlos. Eles insistirian en algún balón en longo, pero non crearian apenas perigo. 3 puntiños máis cerca para xogar a promoción”.

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “. Seguimos indo aos partidos moi xustos de efectivos e a pesar diso no primeiro tempo plantóuselle cara ao Camelle. O Ameixenda tiña o balon e eles saían a contra. Tampouco acompañou a sorte xa que o Camelle marcou aos cinco minutos logo dunha falta lonxana e aproveitando un mal despexe. E aos nove minutos, nunha contra facían o segundo. Non se achantou o Ameixenda, que puido facer o 2-1 no m.30 pero Evaristo estrelou o balón no porteiro. E tan só dous minutos despois o Camelle facía o 3-0 aproveitando un rexeite de Costa. Resultado demasiado abultado para o visto no primeiro tempo. O malo para o Ameixenda son os segundos tempos. Xogadores que xogan con diferentes molestias e non poden dar o cen por cen e poucos cambios (hoxe tan só un suplente). Así os partidos fanse moi longos e os rivais xa se impoñen por esgotamento. Os goles van caendo e foron sete cómo puideron ser seis ou oito. A ver se para os cinco partidos que faltan se pode “recuperar” algún xogador. 

Goles : 1-0, Mario, (5´); 2-0, Adrián Pasantes, (10´); 3-0, Adrián Pasantes, (33´); 4-0, Adrián Pasantes, (56´); 5-0, Álvaro, (77´); 6-0, Estiben, (71´); 7-0, Carlos, (85´).

 

 

SD Camelle : David Caamaño, Santi Maka, Estiben, Chori, Gabriel, Mario Carlos de Dido, Ruso, Adrián Pasantes, Huchiño e Rodri. Tamén xogaron : Álvaro, Carlos, Mariño e Roi.

 

 

SD Ameixenda: Costa, Evaristo, Chapu, Adán, Sergio, Juan Lagoa, Pablo, Rivers, Pikita, Torices e Fabián Barreiro (Fabián Louzán 46′).

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Fotos Camelle : Gonzalo Lemus

-Foto Baiñas-Porteño : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies