CRÓNICAS 21ª XORNADA DA 2ª GALEGA FEMININA GRUPO 4 : “XALLAS E DUMBRÍA GAÑAN E SEGUEN FORTES LOITANDO POR TODO. O DUMBRÍA VENCE E AFIANZA A PRAZA DE PROMOCIÓN. DERROTAS DO MAZARICOS E DO MIÚDAS NO DERBI CO CEE”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-21ª Xornada-

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

SD O Pino 0-2 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido no que o conxunto local de O Pino non levou perigo en ningunha ocasión en todo o partido e trataron de non caer goleados o longo do mesmo. O Xallas con innumerables chegadas, unhas veces pola porteira outras a trabe ou os paus fixeron que chegasemos incomprensiblemente co 0 a 0 ó descanso. Na segunda metade metemos máis leña no ataque e poidemos abrir a lata coas nosas goleadoras Olalla e Yasmina. 3 puntos máis e a preparar o seguinte…“.

Xallas FC :Rosio; Laura, Luchy, Saskia, Andrea Otero; María, Inés, Andrea Barbeira, Olalla, Ali, Paula Barcia.
Tamén xogaron : Yaiza, Yasmina, Leti, Nuria e Rita.

Goles : 0-1, Olalla, (63´); 0-2, Yasmina, (84´).

Árbitro : Óscar Santos. Non amosou ningún cartón.

 

UC Cee 2-0 ED As Miúdas

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Luis Alfredo Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Lucía Rodríguez, Alba, Nerea, Laura, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e, Lucía Caamaño. Tamén xogaron :  Lucía Martínez, Andrea, Mineva, e Nayara.

ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, María Estévez, Sofía, Marina, Marta Piñeiro, Paula, Marcela e Ana.
Tamén xogaron: Leti, Ximena, Naiara e Uxía.

Goles : 1-0, Saray, (67´); 2-0, Sharay, (84´).

Árbitro : Óscar Santos. Non amosou ningún cartón.

 

 

Quecemento das dumbriesas antes do encontro.

 

CF Dumbría 5-0 CD Rois

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “15 de 25 eras as dispoñibles para recibir no Conco ó Rois, pero non houbo lugar a botar en falta a nadie nun partido dominado de principio a fin, cimentado nunha gran defensa que consigueu que o Rois non disparase entre os 3 paus nos 90 minutos e plasmando en ataque un gran traballo liderado por María das Carisas que anotou 3 dos 5 goles das suas. Costou abrir a lata a pesares das nunerosas ocasións sobre todo levadas por Kelly que foi un vendaval polas bandas, faríao Yoli, moi batalladora no minuto 37, sendo a zurda da Ponte do Porto a asistente, que a pesares de non levar o premio do gol participou en 3 dos 5.
Martina, tras intentalo varias veces incorporándose dende a zaga consigeu facer o terceiro. Outra das destacadas foi Sara, que, sendo a máis nova do equipo con 13 anos, batallou en ataque ata conseguir nunha bonita xogada individual servir unha gran asistencia en boca de gol a María das Carisas, recollendo así o froito do que ven traballando.
Puido Paula Rodríguez aumentar a renda, pero non atinou ante a meta rival. As rivais solo intentaron frenar o dominio trabando o xogo pero finalmente os puntos quedaron no Conco para seguir na procura de recurtar coas 4 da zona alta que tampouco pincharon. A recuperar efectivas neste parón vacacional e seguir loitando por subir posicións
“.

CF Dumbría : Lía, Carril, Mai, Noa, Martina, María das Carisas, Reyes, Yoli, Kelly, Sabela e Sara.
Tamén xogaron : Lissette, Icía, Paula Rodríguez e Lucía.

Goles : 1-0, Yoli, (37´); 2-0, María, (52´); 3-0, Martina, (55´); 4-0, María, (63´); 5-0, María, (75´).

Árbitro : Roi Rey. Amonestou polas de Rois a Sandra e Laura.

 

 

CF Mazaricos 3-1 SD O Pino

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Partido que comezamos de cara cun gol olímpico de Silvia. A partires de aquí o Vista tomou o control e tivo a posesión de balón pero sen crear perigo na nosa área. O seu gol chega dun penalti moi dudoso. Na segunda parte comezamos mellor, sen apenas conceder e tendo a maior parte de ocasións. Sería Silvia de novo quen nos poría por diante nun gol directo de falta e despois Jirra, Ánxela,Hermida e ata a propia Silvia de novo puideron aumentar a ventaxa pero non conseguiron finalizar ben. Xa co tempo engadido e nunha das únicas ocasións que tiveron aprobeitaron un rexeite da porteira para meter o definitivo 2-2“.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Silvia, Fátima, Antía, Buján, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra.
Tamén xogaron: Romay, Raquel, Valeria Peta e Saray.

Goles : 0-1, Sílvia, (1´); 1-1, Iria, (23´de penalti); 1-2, Silvia, (58´); 2-2, Maite, (90´).

Árbitro : Gustavo Vidal. Non amosou ningún cartón.

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : EN BREVE

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

-Foto Dumbría  :  FaceBook Veteranos CF Dumbría

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies