CRÓNICAS 21ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “O DUMBRÍA LÉVASE O DERBI CO BAIO, NAMENTRAS QUE ESTEIRANA E SONEIRA EMPATABAN NO OUTRO…O XALLAS GAÑABA E O MAZARICOS PERDÍA NOS OUTROS EQUIPOS COSTEIROS”.

 

Se falta algun encontro por completar segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata completar tódolos encontros.

 

SCDR Esteirana 0-0 Soneira SD

A Voz da Esteirana : “Derbi moi igualado o vivido no Xose Luis Vara. Boa entrada de xiareiros para ver un bo partido, con oportunidades para os dous equipos. Unha primeira metada mais de tanteo, sen tantas ocasions e onde os dous equipos se respetaban. Na segunda metade os dous equipos foron a polo partido podendo caer de calquera lado, polo que o mais xusto é o empate”.

Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Partido no que levamos o peso do encontro ante unha Esteirana que buscaba máis o contraataque. Eles tiveron dous remates francos tras sendos corners, un deles de cabeza, na primeira metade. Na segunda metade, quintando un man a man que para Javi, apenas concedemos ocasións, e pola contra erramos incomprensiblemente 3-4 accións de gol, que fixeron que o marcador non se movera”.

Goles : 0-0

 

 

CD Baio 0-2 CF Dumbría

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Victoria merecida dun equipo visitante que sigue demostrando o porque está nos postos altos da clasificación. Partido por momentos igualado pero superior o Dumbría nas duas áreas, de aí o merecido resultado final. Puidemos recortar distancias, pero non tivemos acerto nos metros finais”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : Foi un partido raro. A primeira metade tivo momentos de dominio dos dous equipos nos que seguramente nós tivemos máis perigo. Adiantámonos rápido e eso cambiou bastante o encontro. Na segunda metade estivemos mellor con balón e o gol de Rivi sentenciou. No total do partido creo que fómos mellores, pero tiveron o 1-1 moi cerca en varias ocasións. Tres puntos importantes. Desexarlle moita sorte ao Baio no que queda por diante”.

Goles : 0-1, Diego Estévez, (5´); 0-2, Rivi, (71´).

 

 

SD Negreira 1-3 Xallas FC

Adrián Vázquez, (adestrador do Xallas FC) : “Partido no que nos poñemos por diante nunha boa acción que acaba con remate de cabeza de Stefan. E no 25 en un roubo na sua saida de balón nos poñemos 0-2. A partir de aí fomos quen de xestionar ben o partido, e defender ben o seu xogo, e tivemos unha accion para o 0-3 na que pitan fora de xogo. Na segunda parte seguimos igual, cáseque sen sufrir e defendendo ben o seu xogo direto, e cada vez que podíamos transitar creábamos perigo, así chegou o 0-3 de Cape. Eles recortaron nunha falta lateral que non tocou ninguén e entrou, pero xa non qdaba tempo para máis”.

Goles : 0-1, Stegan, (15´); 0-2, Ángel Cuns, (25´); 0-3, Capelo, (47´); 1-3, Javier López, (84´).

Incidencias : O colexiado Xesús Fontes amosoulle 10 cartóns ao equipo local, un deles a Miguel Gómez, vermello direto no desconto, e 7 ao visitante, dous deles a Adrián no 41´. 

 

O Mazaricos caeu pola mínima no “Pedra d´ouro”.

 

CF Mazaricos 0-1 SD Cruces

Óscar “Mingui”, (adestrador do CF Mazaricos) : “Partido feo para o espectador, no que nós non estivemos ben co balón, e eles déronnos o balón dende o principio, estaba claro que o seu plan de partido era esperarnos, defender, e sair o contraataque, un plan que fixeron mellor ca nós o noso, que era ter o balón e ter unha circulación rápida buscando profundidade e chegadas o área, pero non fixemos nada deso. Estivemos imprecisos todo o partido nos pases, estivemos cun ritmo de circulación moi lento, tamén na transición defensiva. Mal partido, eles na primeira metade cáseque non nos chegaron, pero nos tampouco. Na segunda sacamos a Molinos para xogar con dous puntas e baixamos a Sandero para ter un pouco máis de criterio co balón, pero tampouco foi a solución, o equipo sigueu igual de plano, Encontrámonos co gol e despois si que xa sabíamos que o equipo que comezase marcando ía a ter moi gañado, e despois, eles ca moral alta e nós con precipitación, non fomos capaces en ningún intre de xogar fluido e non saeu nada, nen os trocos dos xogadores nen os trocos tácticos. Non fomos quen de xerar ocasións, agás un par deleas de Kevin, unha co pé e outra de cabeza. Tíñamos que haber tido máis bagaxe na segunda metade, do que tivemos para poder gañar o partido. Seguir adestrando e tentar para a semana en Tordoia sacar os 3 puntos”.     

CF Mazaricos : Pablo, Brais(Pereiro), Pose, Chumiko, David, Josete(Borja), Guille(Chiki), Sandelo, Ferreiro(Molinos) Marcos, Kevin.

Goles : 0-1, Ezequiel, (51´ de penalti).

 

RESTO DE RESULTADOS

CD Lalín 7-1 CF Vista Alegre

SR Calo 2-0 SD Tordoia

Cidade de Ribeira CF 4-0 SD Agolada

CF Silleda 2-5 Puebla FC

Cordeiro CF 1-1 Flavia SD

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

AVISO

 Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

 

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies