CRÓNICAS 21ª XDA DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA, CASTRIZ E MAZARICOS ESCÁPANSE E POR ABAIXO PERDEN TODOS”.

 

Prólífica xornada en goles cun total de 36 e eso que en Camelle e Muxía só se veu un gol por encontro e a excepción do choque xogado o sábado antre Baiñas e Coristanco que acabou 0-4 para os coristanqueses, o resto foron resultados moi apretados. 

 

 

O Muxía, recibía na Arliña o lider, Castriz, nun choque vital para os de Nando e Fran “Pioto” para engancharse a loita pola promoción, pero un gol aos 13 minutos de xogo, transformado por Adrián García, deulle os 3 puntos aos xalleiros e un impulso máis para afrontar o treito final de liga e seguir marcando 6 puntos de diferenza co segundo o Mazaricos, que gañaba tamén sufrindo ao Monte Louro, (2-3), e deixar os muxiáns a 11 puntos. Pola sua banda os da Vila da Barca que buscaron sempre ir polo encontro, pero topáronse cun Castriz que cunha moi boa defensa non lles deu opcións, quedan a 5 puntos dos mazariquenses na loita pola promoción a falla de 9 xornadas para o remate da liga.

O Mazaricos topouse no Agra de Filgueira cun moi bo Monte Louro que lle puxo as cousas moi difíciles e que non mereceu perder. Kevin adiantaba aos mazariquenses no ecuador da primeira metade e antes do descanso Iker igualaba a contenda. Xa na segunda metade os mesmos xogadores repetían. Iker adiantaba aos de Mazaricos e Iker igualaba, desta volta o transformar un penalti. No treito final Iago poñía por diante finalmente aos mazariquenses para levarse o trunfo abrir fenda co Muxía e seguir apretando o lider.

Novo gran partido do Volantes o que xogou ante o Porteño que tras poñerse 0-2 no marcador con goles de Nico e Miguel vía como lles empataban antes do descanso con goiles de Oladipo e Pesco. O propio Pesco acadaba a remontada pasada a hora de xogo, pero cando todo apuntaba a unha igualada apareceron Manuel e Mayor para rescatar os 3 puntos para os da Ponte do Porto, ante un Volantes que a pesares de estar en postos de descenso amosa moito fútbol.

Dos de arriba tampouco fallou o Outes en Cee, nun choque no que a vitoria puido caer de calquer banda e no que o máis xusto sería o empate. Adiantouse o Cee por medio de Bruno Romero no ecuador da primeira metade e antes de irse a vestiarios empataba Sergio para os da Serra. Xa na segunda metade Ezequiel poñía por diante aos ceenses e pouco despois Crístian igualaba a contenda. Xa no desconto, Sergio facía o definitivo 2-3.

Mereceu máis o Camelle ante o Corme nun choque que se decideu no desconto tras segunda xogada ao saque dunha falta e na que Yago era o máis listo da clase para rematar e acadar o gol da vitoria. Non puideron os camelláns agasallar o seu presidente, Luis Romaní, polo seu 80 cumpleanos, pero si que lle fixeron unha festa sorpresa.

Levouse os tres puntos o Ponteceso no Piguel ante o Muros nun encontro igualado na primeira metade e na que se adiantaban por medio de Javier Souto e vían como antes do descanso os muradáns apretaban e conseguían igualar gracias a un gol en propia porta de Iván, para irse o descanso co empate. Xa na segunda metade, foi mellor o Ponteceso e conseguía meterse por diante cun tanto de Eloy no 72 e sentenzar poucos minutos despois cun gol de Raúl.

Encontro o Camariñas-Cabana, que deixa en mal lugar as defensas e que non lle gusta aos adestradores pero si aos afeccionados que viron 9 goles e que pasaron da ledicia a amargura en pouco tempo e viceversa. Tanto os de un equipo coma os do outro. O máis xusto tería sido un empate. Adiantouse o Camariñas cun gol de Hugo e pouco despois empataba Miguel para os cabaneses e antes do descanso Manuel Romero facía o 1-2 co que se ía o descanso. A volta de vestiarios Simón aumentaba a conta para os cabaneses e xusto tras sacar de centro a xogada acababa en gol de Djibril para acurtar, pero Manuel voltaba a abrir fenda para os cabaneses. Non se deixou caer o Camariñas e Djibril voltaba a marcar de novo un minuto despois do gol do Cabana. Neste descontrol chegaba un novo gol dos camariñáns por medio de Roi o que supoñía o 4-4 e con 64 minutos gastados. A cousa non se quedou aí e Manuel facía o seu terceiro da tarde no 74. Todo apuntaba a que a cousa non se quedaría aí, pois ocasións seguía habendo, pero non se movería xa o marcador.

O sábado o Coristanco pasoulle por enriba o Baiñas nunha segunda metade moi boa dos da Terra da pataca, tras ir ao descanso co 0-0 inicial e cun choque igualado.

 

O Castriz lidera a clasificación con autoridade.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 53 

Mazaricos : 47

Muxía : 42

Porteño : 39

Outes : 36

Corme : 35

Ponteceso : 34

Camariñas : 31

Coristanco : 30

10º Cabana : 27

11º Cee : 26

12º Monte Louro : 23

13º Muros : 15

14º Volantes : 14

15º Baiñas : 11

16º Camelle : 11

 

-Fotos : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies