CRÓNICAS 21ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “CORME E DUMBRÍA ESCÁPANSE CA DERROTA DO MUXÍA, E PONTECESO ACÉRCASE O PODIO”.

Barca Toba todo un símbolo do deporte na costa.

 

Estas crónicas están adicadas a Barca Toba que foi operada dunha lesión grave de xeonllo. Desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación, a esta xogadora do Muxía CF que é unha das mellores deportistas da historia de Muxía e da Costa da Morte, tanto no fútbol coma no futsal, atletismo, coma ciclismo e tanto de participante como de adestradora e tamén gran colabora da nosa web dende sempre…Moitos ánimos e a gañar tamén esta carreira, este encontro, esta subida.

 

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. 

Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.

 

-CRÓNICAS 21ª XORNADA-

 

 

Corme CF 6-0 SD Fisterra

Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido moi condicionado polas baixas que traía o Fisterra, que ainda así tirou de garra e carácter que tanto caracteriza a xente dese pobo e non deixou de pelear durante os 90 minutos. Por parte do Corme imposible salir satisfeito co nivel de xogo amosado, resultado demasiado abultado para o que demostramos con balón, que en ningún momento se pareciu o q queremos ser pero sobre todo polo que traballamos cada semana para ser. O positivo, +3 puntos, portería a cero, minutos para todas e que Vero volviu a disputar minutos co equipo despois de ser mamá en Diciembre, e eso sí nos pon moi contentos!!“.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Corme CF : Belén, Lucía, (Ana), Laura, (Aroa), Irene, Aurora, (Vero), Cris, Olalla, Ana, (Candela), Nati, Carla, María (Nerea)

SD Fisterra : Paula, Ana, Lidia, Tamara, Lucía, Rosa, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía e Irene. Tamén xogaron : Adela, Jenifer, Sandra e Tatiana.

Goles :Carla, Nati, (3), e Cris, (2).

Árbitro : Luis Mourelle. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

Cabana SD-Corme CF

SD Fisterra-UD Corcubión

 

 

UD Corcubión 4-1 CF Noia B

Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido no que recuperamos xogadoras e que enfrentamos a un Noia B moi xoven que intenta combinar co balón. No primeiro minuto Martola marca o 1-0 ao rematar un corner, resultado co que iríamos ao descanso. Poñemonos 2-0 tras un erro da defensa visitante que aproveita Noa. Baixamos un pouco os brazos ca ventaxa e nos costa o 2-1 pero volvemos a meternos no partido cun gol de Trini tras unha boa presión sua e un penalti provocado por Noa e marcado por Cris para o 4-1 definitivo”.

UD Corcubión : Alexia, Alexandra, Vivi, Marta, Carla, Ana, Helena, Noa, Daniela e Andrea. Tamén xogaron : Elisa, Cristina, Marina e Claudia.

CF Noia B : Aida, Elena, María, Aitana, Noelia, Inés, Mariña, Nerea, Noelia Liñayo e Uxía Paz. Tamén xogaron : Uxía Maneiro e Leila.

Goles : 1-0, Marta, (2´); 1-1, María, (58´); 2-1, Noa, (64´); 3-1, Paula, (66´); 4-1, Cristina, (80´).

Árbitro : Andrea Barbeira. Amonestou a unha xogadora local e 3 visitantes.

 

Próximos encontros

SD Fisterra-UD Corcubión

CF Noia B-Ponteceso SD

 

******

 

Ponteceso SD 2-0 UD Cerqueda

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Pinguel acolleu este domingo o derbi entre o Puenteceso e o Cerqueda. A pesar dos puntos que distancian a ambos equipos na clasificación estes encontros sempre contan cunha tensión extra que pode influír no resultado. Sin embargo o Puenteceso dominou dende o primeiro momento, comezou facendo un xogo combinativo que permitiu que as de Curro avanzar cara a portería rival para poñerse por arriba cando tan só pasarán seis minutos. Un pase de Claudia que recolleu Noemí permitiu anotar o primeiro tanto do partido. No minuto 19 sería a propia Claudia, tras roubar o balón no medio do campo, quen acababa nun man a man coa porteira que lle faría anotar o segundo para as pontecesás e que se convertería no último tanto do partido. O Cerqueda intentouno, chegou a xerar perigo, incluso obtivo unha oportunidade nos minutos finais para poder entrar no partido , pero a xogada remataría no pau, pero as xogadoras do Puenteceso foron quen de desfacer os seus fallos e impedir que as visitantes fixesen dano.

As de Ponteceso tiveron máis ocasións das que amosa o resultado, pero un penalti fallado, tres paus, catros remates coa portería bacía errados , e as boas actuacións da porteira fixeron que o resultado rematase cun 2-0. Partido importante para o equipo que lles fai seguir loitando polo terceiro posto. Para a semana toca viaxar a Noia para intentar puntuar de novo“.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que fomos superadas claramente nos primeiros 20 minutos e que nos costaron os dous goles. A partir daí conseguimos equilibrar un pouco, mellorando notablemente na segunda metade, creando incluso algunha que outra ocasión clara, coma por exmplo un balón ó pau“.

 

 

Ponteceso SD : María, Noe (Andrea), Ainhoa, Myre, Laura R (Lara), Berdeal (Saray), Eva, Muíño, Oanes, Noemí (Lucivili), e Claudia (Mel).

UD Cerqueda : Paula, Lucía, Tania, Tatiana, Sara, Lorena, Mariña, Inés, Uxía, Vanesa, Raquel. Tamén xogaron : Jimena, Carla Santos e Carla Varela.

Goles : 1-0, Noemi, (6´); 2-0, Claudia, (20´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou a visitantes, Uxía.

 

Próximo encontro

CF Noia B-Ponteceso SD

UD Cerqueda-AD Nicrariense

 

*****

 

O Muxía caeu inesperadamente no seu feudo.

 

Muxía CF 0-3 Cabana SD

Jose Sar “Congui”, (Adestrador do Muxía CF) : “Tivemos un mal dia, entre as lesións todas que temos, algunha que viñan de lesión e casi non entrenaron, Patri co Fisober. O Cabana fixo o seu partido, marcou as ocasións que tivo e nos fallamos algunha. Agora cambiar o chip e pensar xa no seguinte partido que vai ser moi duro, esperemos estar a tope para recibir o Camariñas e intentar ganar o derbi“.

Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Un Cabana moi serio e solidario conseguiu impoñerse en Arliña a base de traballo e acertó ante a portería. Adiantábase o Cabana logo dun pase en profundidade de Adriana que definía Irene. As visitantes foron superiores neste primeiro tempo. Xa na segunda parte en contra de vento as cabanesas contiveron os intentos locais de meterse no partido, e en duas ocasións máis Irene batía a porteira local sentenciando o partido”.

Muxía CF : Sheila, Andrea Domínguez, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Andrea Insua, Nuria, Denise, Irene, Paula Rey e Claudia. Tamén xogaron : Paula Vilela, Sara Haz, Nerea Barrientos, Sara Domínguez e Marcela. 

Cabana SD : Miriam, Jessi Rojo (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Antia), Inma, Iría (Alejandra), Isabel, Alison (Natalie), Adriana (Jessi Pose), e Irene.

Goles : 0-1, Irene, (21´); 0-2, Irene, (65´); 0-3, Irene, (70´)

Árbitro : Vitor Recarei. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

Muxía CF-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

Cabana SD-Corme CF

 

*****

 

CF Dumbría 3-0 CF Mazaricos

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : Saimos moi concentradas tendo clara a idea de xogo que levamos tempo traballando e queremos adoptar e as conseguríamos generar e recuperar o balón sin pasar grandes apuros, fruto de esas boas combinacións e o acerto en xogadas clave, que outros días nos faltaba, conseguirimos marcar 2 goles tempraneros que nos daban tranquilidad, co pasar dos minutos este resultado e o bo facer do equipo faria que nos relaxaramos e baixaramos o ritmo o mismo tempo que o mazaricos aprobeitaba para intentar acortar distancias, pero o bo facer defensivo do equipo solventaba esas situacións.

A saida do descanso e pese a deixar claro como tiñamos que iniciar a segunda metade o equipo saliu relaxado comentendo erros en saida que por fortuna as visitantes nn foron quen de materializar, tras unha boa xogada individual, sería Eva a que asistiría para que Yoli marcara o definitivo 3-0, a partir dese momento o partido saberíamolo calmar, estando ben ordenadas e chegando a xerar ocasions tras algunha contra, ainda que sin exito. Moi bo partido do Mazaricos que nunca lle perdiu a cara o encontro e foi mui valiente dando pasos adiante cando os tiña que dar. Pola nosa parte a seguir traballando para seguir mellorando!“.  

 Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Camariñas) : “Partido moi complicado o que tiñamos en dumbria contra unhas das favoritas ao titulo xunto co corme. Empezabamos moi durmidas e nunha serie de erros defensivos faríannos o 1-0. No minuto 15 lesionabasenos anxela e seguimos asi con unhas semanas criticas en canto a lesions e neses intres o dumbria conseguia facer o segundo. De aí o descanso o equipo encontrouse algo mellor e mediante presions altas na saida de balon conseguiamonos acercar algo a meta rival. Saiamos do descanso novamente por debaixo do noso nivel e non tardaria o dumbria en sentenciar. De aí o final partido visto para sentencia donde houbo pouco futbol e as locais non quixeron facer mais sangre. Partido novamente moi lonxe do noso nivel de inicio de temporada. Facer mencion especial a tamara a que lle comunicaban esta semana que se perde o resto de temporada por lesion“.

CF Dumbría : Noa, Paula, Serena, María, Eva, Lucía, Lisette, Claudia, Yolanda, Sabela e Reyes. Tamén xogaron : Nélida, Paula, Icia e Lara.

CF Mazaricos : Paula, María, Ánxela, Lua, Valeria, Claudia, Leire, Antía, Íria, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Graciela, Saray, Katia, Araceli e Valeria.

Goles : 1-0, Yolanda, (8´); 2-0, Sabela, (12´); 3-0, Yolanda, (22´).

Árbitro : David García. Non amosu cartóns.

 

Próximo encontro

CF Mazaricos : Descansa

SD Dubra-CF Dumbría

 

******

 

O Bergantiños segue en positivo.

 

Bergantiños FC B 4-1 SD Dubra

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Primera parte dominada por completo aunque bastante fallonas con balón a la hora de los pases. La segunda parte bastante erronea y física por parte de los 2 equipos sin ocasiones claras para ninguno”.

Bergantiños FC B : Sofía, Carla, Arancha, Erika, Aroa Varela, Aroa García, Antía, Ainhoa, Amelia, María e Sara. Tamén xogaron : Aisha, Clara Rodríguez e Jimena.

Goles : 1-0, Amelia, (17´); 2-0, Erika, (22´); 3-0, Erika, (25´); 4-0, Aroa, (27´); 4-1, Sabela, (44´).

Árbitro : Roberto Baña. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Outes FC-Bergantiños FC B

SD Dubra-CF Dumbría 

 

******

 

AD Nicrariense 1-1 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Comezamos o partido sabendo que nos tocaba sufrir, sobre todo o principio debido as baixas que carrexamos dende hai semanas. Así foi a primeira parte, donde o nicrariense atacaba e nos defendiamos ainda que lle demos un par de sustos. Contra o final desta chegoulles o penalti e puxeronse por diante. A volta do descanso, cambiou totalmente o partido, tivemos mais o balon e comezamos a atacar, un par de ocasions e chegou o gol do empate. Logo o partido tornouse en moita pelexa no medio, donde as miñas rapazas loitaron con todo. Partido moi igualado donde o empate pareceme xusto“.

AD Nicrariense : Luz, Alicia, Aya, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula García, Aldara, Myriam e Mencia. Tamén xogaron : Sofía, Kayla, María e Cristina.

Outes FC : Claudia, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Míriam, Carmen, Carla, María Engracia, Valeria e Natalia. Tamén xogaron : Claudia Otero, María Romero, María Soledad, Laura e Marinha.

Goles : 1-0, Noa, (25´); 1-1, Carla, (66´).

Árbitro : Enrique Refojo. Non amosou cartóns.

 

Próximo encontro

Outes FC-Bergantiños FC B

UD Cerqueda-AD Nicrariense

 

Descansou : EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

(Según a da RFGF)

 

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Muxía, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Foto Corme : Fin Lema

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies