CRÓNICAS 20ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO NON PASA DO EMPATE PERO AUMENTA A VENTAXE CO SEGUNDO TRALA DERROTA DO BAIÑAS E DA UN SUSPIRO A BUÑO, CAMELLE ZAS E LIRA…POR ABAIXO SUSPENDIDO O ENCONTRO DO AMEIXENDA O QUEDAR CON 6”.

 

Crónicas 20ª Xornada

Cabreo monumental o de Javi Baña no encontro ante o Sporting Zas, (para él o mellor equipo o que se enfrontou esta tempada), que empataban, e que no derradeiro suspiro reclamaba toda a Grixa un penalti que lles podía dar a vitoria e abrir máis fenda co segundo, Baiñas, que caía en Buño nun gran encontro. Con todo eso os da Ponte do Porto suman un punto máis e poñen un colchón de 6 puntos cos baiñeses. Decir que esta semana o Porteño anunciábanos a fichaxe do ex de Laracha, Baio ou Laxe, Adrián Lema, que ainda non debutou. As cousas ca derrota do Baiñas fan que o propio Buño, Camelle, Sporting Zas e Lira vexan un resquicio de poder chegar a promoción. O Lira conta con 3 puntos menos na clasificación, xa que o seu encontro co Ameixenda suspendise no 70 co resultado de 0-5 a prol dos lirachos, O motivo foi que o Ameixenda que xa viña de duas semanas xogando con 10, desta volta que tiña 11, caeron lesionados 5, polo que tivo que ser suspendido o encontro, que con toda probabilidade xa non se xogará o resto, a espera do que dictaminen os lumbreras da RFGF.

 

Partido de alto nivel o visto na “Grixa”.

 

CF Porteño 2-2 Sporting Zas

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido igualado, o Zas xogou moi ben, un equipo moi físico e moi ben traballado que dominou nos primeiros 15 minutos, pero conseguimos adiantarnos nós por medio de Martín Carrabete, logo houbo uns minutos de tanteo e voltaron a coller eles o mando e conseguiron empatar. Tralo descanso volveron a ser eles os que tiveron o dominio tiveron moitas ocasións para facer o 1-2, que finalmente conseguían. A partires de aí sacamos o orgullo e conseguimos empatar pronto por medio de Martín. Nos quixemos ir a polos 3 puntos, pero eles estiveron moi ben plantados na defensa. en verdade un equipo que estivo moi ben, nos fomos a pola vitoria con máis corazón ca cabeza, e non o conseguimos. Un puntiño máis e un partido menos”. 

Martín vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido moi bonito xogado na Grisa con bastante xente,foi un partido bastante fisico q puido ser para calqera tuvemos os dous equipos os nosos momentos saimos moi ben o partido tendo algunha chegada clara a area rival e ata un balon o largueiro de Brais,neses primeiros minutos q mellor estabamos o Porteño conseguiu adiantarse nun centro lateral tematado de cabeza por Carrabete,o bo foi q pouco despois conseguimos o empate cun gol de Andres,pouco antes do descanso tivemos a mala sorte da lesion de Brais e tivemos os peores momentos do partido. A saida do descanso saimos de novi ben o encontro conseguimos adiantarnos cun gol de Alvaro pero 3 minutos despoiso Porteño conseguia o empate nun rechace dun saque de banda q meteron na area,despois do empate o Porteño tivo unha boa e nos un par de mans a mans de Dani q ningun aproveitou para desfacelo empate”.

Goles : 1-0, Martín Carrabete, (16´); 1-1, Andrés, (25´); 1-2, Álvaro, (58´); 2-2, Martín, (60´).

Incidencias : O colexiado do encontro Pablo Rama, expulsou no 82 con vermello direto o adestrador porteño, tras protestas por un “penalti clamoroso” non pitado a favor do lider. Polo demáis non houbo ningún outro cartón a ambos equipos.

 

 

CD Nantón 1-1 SD Laxe

Francisco Cerbán, (CD Nantón) : “Primeira parte con moi pouca tensión pola nosa parte, e na que o Laxe dispuxo de 3 boas ocasións das cales unha deles acaba en gol o seu favor. Para máis desgracia no descanso temos que realizar dous cambios por lesións de Maikel con molestias, e de Redondo por escordadura de nocello. Entramos máis enchufados na segunda parte e dispuxemos dunha boa ocasión que salva un xogador deles baixo dos paos. Continuamos tendo boas ocasións pero non conseguimos materializar, ata a que falta de 10 minutos para o final, Manu desde fora da área consegue bater a Jacobo. Nos minutos finais o partido convértese nun “correcalles” que se podía decantar para calquera equipo, pero considero que o empate foi xusto”.

Lilo, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido contra un correoso Nantón, nun campo no que tampouco se pode xogar moi ben pola irregularidade do mesmo no que se refire o terreo de xogo. Moito fútbol direto con trocos de orientación e arriscando moi pouco, e con pouco fútbol combinativo, pero tivemos ocasións, moitas delas a contra coa velocidade de Iago Torres e Bieito por banda. A primeira foi o cuarto de hora, un testarazo de Bieto ao poste, a centro de Iago Torres. Noutra cabalgada de iago torres dende o noso cmapo, foise de tres defensas e marcou de tiro cruzado o pau longo. A partires de aí controlamos pero pouco a pouco fómonos indo do partido no aspecto de que lle facíamos caso o entorno e a cousas extradeportivas e  fómonos do partido, e a pesares de ter ocasións sobre todo na segunda metade, de Torres, Casás e Bietio, pero a cinco minutos do final, tras varios rexeites, unha perda tiro dende o borde da área e cun tiro ben colocado a un pau do porteiro e ven o empate do Nantón. Esacpousenos unha vitoria que deberíamos haber conseguido, Afectounos como dixen o entorno e non soubemos xogar con eso, ante un equipo correoso”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (40´), 1-1, Márquez, (83´).

Incidencias : O colexiado do encontro Ángel Acuña, expulsou no descotno o xogador do Laxe Gora, que vía o segundo cartón amarelo. Lesionados os xogadores do Nantón, Redondo, cunha escordadura de nocello e Maikel con molestias musculares. A ambos desexámoslles una pronta recuperación.

 

Os once que tiña o Ameixenda o inicio de encontro.

 

 

SD Ameixenda 0-5 CF Lira*

Fernando Domínguez, (Delegado SD Ameixenda) : “Cómo se di coloquialmente, “outro día na oficina”. Ou sexa, outra vez o Ameixenda con tan só 11 xogadores. E deses 11 tres con molestias e un con febre. Nada mais empezar o partido, Fabián notou unha picada na coxa dereita e xa non puido continuar. Como as desgrazas nunca veñen soas aos 15 minutos Dani levou un balonazo e tivo que retirarse con problemas de visión. De feito do hospital de Cee mandárono para Coruña e esperemos que non sexa nada. Con este panorama o de menos era o partido en si. O Lira adiantouse no m.13 por medio de Pablo Leis e, ainda que non avasallaba nin moito menos, levabao con certa tranquilidade. Mais ainda cando de novo Pablo marcaba o segundo no m.41. Non o fixo mal o Ameixenda no primeiro tempo pero con dous xogadores menos xa se facía moi difícil. No segundo tempo pronto marcou o Lira. Alexis facía o terceiro no m.47 e o cuarto no 50. Pouco despois Ángel Vigo facía o 0-5 definitivo, m69. Andrés tivo que retirarse por molestias nunha perna; Adán, que reaparecía logo de xogar só a primeira xornada, xa non podía seguir. E Rivers, que xogou con febre, tampouco podía mais. Era o m.70, e ao quedar o Ameixenda con 6 xogadores, o árbitro dou o encontro por finalizado. Dende a SD Ameixenda lamentamos profundamente non poder disputar este partido como merece a competición e como merece o noso rival de hoxe. Por certo agradecer as mostras de apoio do Lira C.F. Xogadores, adestrador, delegado e a presidenta Alba. E tamén dos numerosos xiareiros lirachos desplazados ata Cee. Para eles o noso agradecemento e as mais sinceiras desculpas por no poderlles ofrecer un Ameixenda-Lira como tantas outras veces.
Xogaron polo Ameixenda: Costa, Torices, Rivers, Juan Antonio, Sergio, Adán, Andrés, Pablo, Pikita, Dani e Fabián
“.

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Fomos moi superiores, pese as baixas que tíñamos chegando ó partido con só 13 xogadores, a un Ameixenda que empezou o encontro con 10. O 0-2 ó descanso era un resultado curto pois fallamos innumerables ocasións. Na segunda só se xogaron 25 minutos porque o rival quedou sin xente no campo cando ainda faltaban 20 minutos e 0-5 no marcador. Como digo partido sin historia ante un rival que está pasando un momento realmente complicado, desarlle ánimo e forza para o futuro”.

Goles : 0-5; Pablo, (2), Alexis de Lariño, Alexis Pedrafijeira, e Ángel Golpes

Incidencias : O colexiado do encontro David Castreje, suspendeu o encontro no minuto 70 o quedar o Ameixenda con 6 xogadores, tras ter varios lesionados e non ter ningún recambio, xa que eran 11 xustos, tras duas semanas con 10 nos encontros. O abultado do resulltado apunta a que xa non se xogará o tempo restante.

 

 

SCD Buño 3-2 CD Baiñas

José Antonio Carabel, (SCD Buño) : “Partido vibrante e con moitas alternativas que puido ganar calquera dos dous equipos. A primeira parte estuvo mellor o Baiñas, que sólo se limitaba a roubar e correr os espacios. O Buño intentaba propoñer pero carecemos de profundidad na sobre todo durante os primeiros 40 minutos e estuvemos imprecisos con balón. Eles adiantanse nunha falta lateral que empuxa a porta vacía Raúl tras un remate en semifallo. Pouco despois anota o 2-0 Crístian Canosa tras un fallo na nosa salida de balón. Tiveron máis ocasións para anotar algún gol máis pero non estuveron acertados na finalización. A partir de aí, empezamos a ter máis profundidade e nunha falta na frontal Elías Suárez recorta distancias. Tras o descanso e con varios cambios, competimos cada vez mellor o partido. Eles saliron e tuveron unha doble ocasión que parou ben Darío e a partir de ahí empezamos a ter moita presencia en campo do Baiñas, que sólo se limitaba a despejar balóns na última media hora. Empatamos nunha falta lateral que remata Elías López e eles cada vez estaban máis nerviosos e fora do partido. Cerca do final nun córner Fran anota o definitivo 3-2. De aí o final, o Baiñas colgou balóns na área, pero sin ningunha acción de perigo. Partido moi igualado no que o acerto de cara a portería marcou a diferencia entre os dous equipos“.

Ángel “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Empezamos mui ben con dous balons o largueiro, e dominando, conseguimos marcar por medio de Ruli que remacha Unha deixada de cabeza de Hermida. Noutra boa xoghada de Cristian Canosa marcamos o segundo. Xa o remate do Primeiro tempo nunha falta perigosa na frontal recortaron distancias. Penso que fomos superiores. Na segunda mais do mismo, dominamos e tuvemos duas claras o acasions de Hermida e Ruli para poñernos cun 1-3 pero o porteiro estuvo mui ben. Foron pasando os minutos e conseguiron o empate nun balón parado o segundo pau. Nós estivemos ben e dispuxemos doutra boa xoghada de Cristian Canosa por banda que se adentra na área, e cando vai a dar o pase da morte para poñer o 2-3, liamonos e volvemos a fallar un gol cantado. Tanto perdoar e eles moito balón parado consiguen o 3-2. Ainda así dispuxemos de ocasións para empatar pero o porteiro do Buño estivo acertado, e eles prácticamente non crearon máis perigo. No fútbol mandan os goles e nos non fomos eficaces e o Buño si. Perdoamos unha ocasión boa para distanciarnos deles e recortar co Porteño. Hai días que cando non quere entrar pois non entra. Agora a pelear para semana a tope. Xogharon: Joel, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Hermida, Maikol, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Carlos e Samuel Quintans.“.

Goles : 0-1, Ruli, (35´); 0-2, Crístian Canosa, (41´); 1-2, Elías Suárez, (44´); 2-2, Elías López, (67´); 3-2, Fran Santiago, (83´).

 

 

Sporting Seaia CF 1-0 SCD Malpica

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido difícil, no que o Malpica estivo pechado no seu campo todo o partido, renunciando o balón e limitándose a defender, e incluso nalgunha que outra ocasión clara puideron haber marcado. Nós non soubemos como atacarlle de forma eficaz, estivemos moi espesos e lentos, e equivocámonos queréndolles entrar polo medio. Na segunda parte estivemos máis acertados entrando polas bandas, e nunha das veces coseguimos collelos nun centro lateral e marcamos 1-0, único gol do partido”. 

Jorge Calvete, (SCD Malpica) : “Partizo con bonito ambente, cunhas 150 personas ou máis. Preparamos un partido repregados atrás para que Juni non disfrutase de espacios, pero no minuto 2 xa tivo un man a man con Lamas, que para. Partido moi serio en defensa, e tivemos unha que Parga ponlla a Lou en velocidade, e o seu disparo sae cruzado O Seaia con tiros lonxanos e moita posesión pero no seu campo, non creou perigo. Na segunda parte unha falta que para Lamas da no longueiro e saca Fenosa levantando o pé alto, eles piden penalti, e para min como moito libre indireto. No minuto 60 un pase de Eloy as costas da defensa, colleo Jorge Parga e dentro da área quérelle pegar con tanta ansia e saelle fora. Temos outra cun tiro forte de Luis que para o porteiro. Despois un saque de banda, centran e gol. Pouco despois temos a mellor do partido, un pase de Fran medido a Kevin que non acertan a meter. E final!…Saimos ca cabeza alta seguramente foi o mellor partido deste ano”.

Goles : 1-0, Iván Rodríguez, (65´).

Incidencias : Encontro limpo, no que o colexiado Óscar Santos non sacou ningún cartón. Lesionáronse polo Malpica, Jorge Martínez e Lou, este último nunha man. O noso desexo dunha pronta recuparación para ambos.

 

 

Xallas FC B 4-3 Atlético Pereiriña FC

Churián, (Adestrador do Xallas FC B) : “Partido bastante igualado, bastante disputado saimos sendo claros dominadores, xogando bastante ben, tocando o balón, tendo a posesión, ata que no minuto 15 eles na primeira vez que nos chegan, saque de curruncho e gol. Seguiu ata o descanso o encontro máis igualado e eles tiveron algunha ocasión. No descanso fixemos dous trocos, Asier e Sergio, ambos xuvenís, e o enconrto deu un cambio. Metín a Asier de mediocentro defensivo para meter balóns as costas dos laterais deles, e chegou o gol de Sergio e logo o de Dani. Parecíanos que xa tíñamos o encontro encarrilado, pero chegou un gol deles nunha contra, e cos nervos que eso supuxo voltaron a marcarnos. Dende o 80 foi acoso e derribo por parte do Xallas e xa nos derradeiros minutos do encontro marcaban Sergio e Dani. Moi ben os nosos xuvenis todos, nun partido bo”.

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido na liña do 2023, dinámica moi negativa onde sobran os últimos 10 minutos de cada partido ,nos cales o Atlético Pereiriña ven sufrindo unha sangría de puntos, que fai que o equipo vaia perdendo postos na clasificación. Tres goles a domicilio a un Xallas B con moita xuventude, pero cun estilo de xogo moi recoñecible, os cales non serviron para marchar cos tres puntos da Fontenla. O 1° tempo adiantouse o Pereiriña cun gol de Charli. Este mesmo xogador protestou un penalti que non foi sinalado. No 2° tempo conseguiría empatar e adiantarse o Xallas, máis o Pereiriña conseguiría poñerse de novo por diante con goles de Charli e Miguel, de xogada individual este último. Xa cara os minutos finais volve a xeira negativa, non somentes cedendo un empate, senón que o Xallas, xa co tempo cumplido conseguiría a victoria definitiva“.

Goles : 1-0, Charli, (15´); 1-1, Sergio, (57´); 2-1, Dani, (65´); 2-2, Charli, (69´); 2-3, Miguel, (78´); 3-3, Sergio, (86´); 4-3, Dani, (91´).

 

-Xogados o sábado-

 

O SD Camelle está nun gran intre de forma.

 

 

CF Castrelo 1-3 SD Camelle

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “A parte das baixas que tiñamos hoxe, nada que decir dos chavales, dérono todo no campo. Notouse a dinámica das últimas xornadas, o Camelle viña con bos resultados e soupo aprobeitar as ocasións que tivo. E nos que viñamos con nha mala racha non tivemos seguridade e suficiente confianza. Darlle a noraboa o Camelle que o merece, e nós a seguir traballando para levantar esto”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado na primeira parte na que quizais foron superiores os primeiros 30 minutos. Poñeríamonos por diante cun gol de Adrián tras un centro dende a banda. Acto seguido empataríannos eles cunha boa xogada. A partir dos 30 minutos empezaríamos a dominar e poñeríamonos por diante cun gol de Estiben. A segunda parte dominaríamola casi de principio a fin, con moitas ocasions. Eles chegarían un par de veces. Marcaríamos o terceiro cun gol de Crejo. Tres puntiños para seguir soñando“.

 

CF Castrelo : Martín, Adrián, Esteban Carballo, Rodrigo, Iván Cháns, Miguel, Javier, Álvaro, Pereira, Sendón e David. Tamén xogaron : Rodrigo Santos, Ramiro e Xabier.

SD Camelle : Roi, Huchiño, Piquero, Domingo, Esteban Lado, Chori, Carlos de Dido, Markotiño, Adrián Pasantes, David e Rodri. Tamén xogaron : Maka, Carlos, Rubén e Mariño.

Goles : 0-1, Adrián Pasantes, (4´); 1-1, Pereira, (12´); 1-2, Esteban Lado, (36´); 1-3, Rodri, (77´).

Incidencias : O árbitro do partido, Rai Reborido, expulsou con dobre cartón o adestrador dos camelláns, (16´e 71´), e amosoulle amarelos a Rodri e David polos de Camelle, e a Javier polos do Castrelo.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Foto Porteño-Zas : Roi Búa

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies