CRÓNICAS 20ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “VITORIA DO BAIO, EMPATE DO DUMBRÍA E DERROTA DO SONEIRA NOS ENCONTROS DOMINICAIS, E VITORIA DO MAZARICOS NO DERBI CO XALLAS, E EMPATE ÉPICO DA ESTEIRANA NOS ENCONTROS SABATINOS”.

 

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.

 

Soneira SD 0-1 Cidade de Ribeira CF

Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Partido moi igualado entre dous moi bos equipos. Poucas ocasións e no que estaba claro que o que se adiantara tiña moito traballo feito. A pesar de encaixar na segunda metade, o equipo repúxose e tivo claras ocasións de empatar, coma un tiro ao pau de Basti e outro de Dela que rozou a escadra. En sendos corners estiveron a punto de marcar Aarón e máis Javi. Eles puideron sentenciar cando o equipo se foi arriba nos últimos minutos”.

Goles : 0-1, Adao, (80´).

 

CF Vista Alegre 1-3 CD Baio

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Por fin puido sumar o CD Baio os 3 puntos despois de 8 derrotas consecutivas. Partido pouco vistoso e sen ritmo, onde se solventou a victoria 1-3 polo acerto hacia porteria rival. Non foi un dos mellores partidos do Baio, pero conseguíronse 3 puntos muy importantes para cambiar dinamica e poder traballar con mais alegria durante a semana.”.

Goles : 0-1, José Antonio, (20´ de penalti); 1-1, Loureiro, (48´); 1-2, Pazos, (57´); 1-3, Aitor, (90´).

 

CF Dumbría 0-0 SD Negreira

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-0

 

 

 

-Xogados o sábado-

Xallas FC 0-1 CF Mazaricos

Adrián Vázquez, (adestrador do Xallas FC) : “Partido no que quizais na primeira metade faltounos a tpoma de decisións nos derradeiros metros nas situacións das finalizacións, faltou ese último pase, ese tiro. Tivemos un penalti antes do descanso e fallamos. Na segunda, un pouco do mismo, nós levando o peso do partido, e eles bastante ben a nivel defensivo e tivemos duas ou tres ocasións claras, pero hoxe non estaba para nós, porque non entraban e eles na parte final nunha falta, tirou Kevin e no rexeite colleuna a bote pronto e puxéronse 0-1. Nos derradeiros minutos tivemos un penalti sobre Rubén, volve a tirar Capelo, volve a errar, mándalla repetir e volve a erralo. O resumo, un día que non era para nós, hai que seguir traballando e a ver se nos podemos enganchar aí que ainda queda moita liga”.  

Óscar “Mingui!, (adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi bonito, entretido, moi disputado. Unha primeira metade na que os dous equipos tratamos de presionar alto, de ter a iniciativa, pero ningún dos dous fomos quen de impoñernos, moi igualado todo. Nos apenas fomos quen de crear ocasións, e eles tampouco é que tiveran moitas, só tiveron unha, moi clara, a do penalti que parou moi ben Pablo, preto do descanso. Na segunda metade o partido abreuse máis, e nos estivemos moi ben no inicio dela, dominando o partido e tendo ocasións e foi cando marcamos o gol. Un golazo de Kevin, ao que lle anularon outro, moi bonito, por fora de xogo. Despois do gol, Kevin tivo outra moi boa que lla blocou moi ben Kevin. Eles contra o final fixeronn trocos e puxeron dinamita arriba, e tiveron unha ocasión moi boa de Juan de Selia que parou moi ben Pablo, que no desconto volveu a ser o protagonista do encontro, pois parou outro penalti, que o árbitro mandouno repetir, porque se movera, e voltou a paralo. Tres puntios moi importantes para nós, para seguir traballando “.

 

Goles : 0-1, Kevin, (87´).

 Xallas FC : Iván Couto, Diego, Aitor, Rubén Sande, Doro, Iván Fidalgo, Carlos Riero, Colón, Samuel, Esteban Capelo e Brais. Tamén xogaron : Juan de Selia, Stefan, Caneda, e Ángel Cuns.

CF Mazaricos : Pablo POse, Raúl, Carreira, Marcos, Kevin, Mario, Luis Guillermo, David, Brais e Fran Pose. Tamén Xogaron : David Lado, Adrián, e Iago.

Árbitro : Sergio Bermúdez, con Andrea Baneira e Tomás Vázquez nas bandas.

 

 

SD Tordoia 3-3 SCDR Esteirana

A Voz da Esteirana : Partido que se nos puxo moi en contra, tendo en conta que empezamos moi mal. O rival meteunos tres moi rapido, e tivemos que ir espertando. Volcouse o xogo pola banda de Code e Alex e recurtamos diferenzas antes do descanso; por medio de un Rober Pladur que está a recuperar a sua mellor versión. Na segunda metade Pablo e Pachin colleron a batuta da medular e puxemolo empate. O partido foi un ida e volta nos intres finais e puido caer de calquer lado. Empate xusto”.

Goles : 1-0, Óscar, (3´); 2-0, Abel, (10´); 3-0, Denís, (23´); 3-1, Rober “Pladur”, (33´); 3-2, Rober “Pladur”, (44´ de penalti); 3-3, Elias Ruso, (62´).

SD Tordoia : Santi García, Iago, Alejandro, Joisé Liñares, Abel, Denís, Seoane, Nicolas, César, Óscar, e Dubra. Tamén xogaron : Diego, e Raúl.

SCDR Esteirana : MJ, Simón, Damián, Carlos Rama, Adrián, Rober “Pladur”, Pablo Rama, Codesido, Tobío, Elías Ruso e Oliver. Tamén xogaron : Adrián García, Brais, Raúl Lestón e Godo.

Arbitro : Adrián Ponte, asistido nas bandas por Alexandre García e Alberto Álvarez.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Cruces 2-0 SR Calo

SD Agolada 0-4 Cordeiro CF

Flavia SD 2-1 CF Silleda

Puebla FC 3-2 CD Lalín

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia