2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4
-20ª Xornada-
Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.
As xalleiras leváronse o derbi anterior ante o Dumbría.
Xallas FC 1-2 UC Cee
Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido que no cómputo xeral merecemos máis pero que fomos muy lastrados o descanso con dous goles de vantaxe a prol das ceenses. Comezaron mellor as visitantes dominando o medio campo e con tiros dende fóra da área e algún saque de esquina. Nun deses lanzamentos de moi lonxe e sin apuros en teoría para a nosa portería, o balón sorprendeu a Rosio e acabou dentro das mallas. Aínda tería outra máis clara o CEE antes de que o Xallas se puxera a mandar no encontro con chegadas a área rival e con valentía en todas as accións. O colexiado neses minutos foi o protagonista cunha xogada dubidosa entre Yasmina e a súa porteira que pitou falta da dianteira cando se adiantou ó balón e quedou mancada Yasmina. E anulou un gol de Olalla totalmente legal por xogo perigoso, según él por levantar demais a perna cando fai o remate. Con este escenario no desconto da primeira metade o CEE volve a anotar de libre directo unha falta inexistencia no lateral da área.
Así chegamos o descanso onde repuñemos forzas e voltamos o campo coa intención de remontar o encontro. Cousa que non tivemos lonxe e o CEE apenas chegou a nosa portería, marcou Olalla un bo gol, pero as desgrazas na primeira metade condicionaron moito o resultado e non foi posíbel a remontada. Toca seguir adestrando e pensar nos seguintes envites que abofé as estrelas voltarán a asociarse para que a deusa fortuna nos volva a iluminar o camiño”.
Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Xallas FC :Rosio; Andrea Otero, Saskia, Rita, Alicia; Luchy, Andrea Barbeira; María, Olalla e Yasmina.
Tamén xogaron : Laura, Inés, Claudia Facal, Nuria e Paula Barcia.
UC Cee : Noemi, Laura, Lucía Rodríguez, Alba, Nerea, Saray, María Lijó, Ruth, Sharay, Andrea, Lucía Caamaño, e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Sharay, Uxía e Nayara.
Goles : 0-1, Saray, (16´); 0-2, Saray, (43´); 1-2, Olalla, (54´).
Árbitro : Carlos Señarís. Non amosou ningún cartón.
As Miúdas que derrotaron o Cacheiras.
ED As Miúdas 1-0 Cacheiras SD
Luis Alfredo Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, Marina, Marta piñeiro, Gala, Paula, Marcela e Ana.
Tamén xogaron: Leti, Ximena, Calra, Naiara e Carlota.
Goles : 1-0, Marcela, (34´).
Árbitro : Pedro Mirazo. Amonestou a Adriana e Leti polo Miúdas.
Corro das dumbriesas co adestrador antes do comezo do choque.
Victoria FC B 2-5 CF Dumbría
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Novos 3 puntos para as costeiras desta volta marcados por duas metades moi diferenciadas, na 1ª parte a pesares de empezar cun disparo o pau de Kelly, foron mellores as locales atopando ocos entre liñas ante a apatía das Dumbriesas que non entraban ó partido así no minuto 8 se adiantaban rematando sin oposición un saque de esquina, Eva empataría o duelo pouco despois tamén na saída dun córner mostrando o seu poderío nas xogadas de estratexia, pero seguía o dominio dunhas bravas xojadoras locales que tamén diaputaban máis forte cada duelo individual recollendo premio co 2-1 tras gañar as costas da zaga e batendo por alto a Lía que vía como se lle escapaba das mans o balón por alto. Poucas ocasións ata o final, a mellor nun roubo no medio que deixa a María das Carisas encarar e irse da central en velocidade e cando iba entrar na area é derribada pola última defensora, pero para sorpresa a colexiada interpreta que non era ocasión manifiesta e perdona a expulsión, o lanzamento da falta peta no longueiro e vai fora acabando así a 1ª parte.
Na reanudación as visitantes saíron moito máis xuntas e posicionáronse máis avanzadas e superon impoñer o seu xogo, froito diso primeiro Juliette rematando outro saque de córner e logo María das Carisas nunha xogada individual por banda déronlle en apenas 10 minutos a volta o marcador. As locales non puideron seguir o ritmo imposto e notárono nos últimos compases onde xa o xogo era máis trabado. A capi dumbriesa abreu distancias nun libre directo dende 40 metros no que nada puido facer a meta local, e pouco despois a misma Fandi gras regatear a 2 defensoras dispara potente dende a frontal e o tiro acaba adentro tras petar noutra zagueira facendo o definitivo 2-5. Antes do final as locales dispuxeron dun penalti a favor tras unhas mans de María das Carisas, pero o disparo vai o longueiro e o marcafor xa non se movería. Xusta victoria en canto a ocasións para as nosas, a pesares dun 1º tempo moi floxo, que apretan a zona alta tralos pinchazos de Cacheiras e Xallas“.
CF Dumbría : Lía, Carril, Mai, Noa, Martina, Fandi, Eva, María das Carisas, Kelly, Sabela e Juliette.
Tamén xogaron : Reyes, Sara, Lissette, Yoli e Naiara.
Goles : 1-0, Mara, (8´); 1-1, Eva Lema, (14´); 2-1, Amanda, (20´); 2-2, Juliette, (50´); 2-3, María Pérez, (58´); 2-4, Paula, (70´); 2-5, Paula Fandiño, (74´).
Árbitro : Paula González. Amonestou polas santiaguesas a Mara e Sara e polas dumbriesas a Eva Lema.
CF Mazaricos 3-1 SD O Pino
Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “O partido estivo condicionado polo tempo. Gañamos o sorteo e eliximos vento a favor. Soubemos ler esto e facíamos moito dano con balóns aéreos a súa espalda. O campo estaba impracticable, nn se podía dar un pase raso. Por fin Jirra consegue materializar a ocasión que tivo e ponnos moi pronto por diante no marcador. A partires de aquí tivemos ocasións mediante Tamara e Ánxela, pero nn finalizamos ben. Silvia aproveitou o aire a favor e marca un golazo dende o medio campo. E antes do descanso a propia Silvia marca de falta. Sabíamos que na segunda parte tocaba sufrir. O aire amainou un pouco pero o Pino colleu o control. Entre a defensa e Pedrosa conseguimos chegar ao final do partido cun 3-0 e co traballo xa feito. Marcáronnos nos últimos minutos“.
CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra
Tamén xogaron: Hermida, Leire, Raquel, Buján e Saray.
Goles : 1-0, María Senra, (15´); 2-0, Silvía, (35´); 3-0, Silvia, (43´); 3-1, Laura, (90´).
Árbitro : Óscar Santos. Non amosou ningún cartón.
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Miúdas : Luis Ferreiro
-Foto Dumbría-Miúdas : FaceBook Veteranos CF Dumbría
-Foto arquivo Xallas-Dumbría : FaceBook Veteranos CF Dumbría
-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores