CRÓNICAS 20ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O XALLAS LÉVASE UN INTENSO DERBI ANTE O MIÚDAS E O CEE GOLEA AS COLISTAS”.

ED As Miúdas.

 

Vitoria do Xallas no derbi ante o As Miúdas e do Cee ante o colista que fai ainda que continuen na mesma posición, 8Xallas 7º e Cee, 8º), se acerquen máis arriba trala vitoria do Antas sobre o Meicende, que son os equipos que as preceden con 35 puntos, 1 máis cas xalleiras e 4 máis cas ceenses. O ED As Miúdas continua na penúltima praza con 7 puntos.

 

ED As Miúdas 1-2 Xallas FC

Lucho Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Partido moi intenso e bonito de ver. Fixemos un moi bo traballo e xeral, non nos deu para a vitoria pero debemos estar contentas por como evolucionamos e competimos neste ano de formación”.

José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Unha primeira metade con dominio do equipo verde pero sin demasiada precisión. Nun saque de curruncho púñase o Xallas por diante cun golazo de María de volea. Empataría tamén As Miúdas por medio de Alba Caamaño, nunha das poucas veces que se achegaron a meta de Rosio, chegando así o descanso. Na segunda metade o equipo local saíu con moitas gañas e tiveron varias chegadas con perigo, ata que nunha xogada ben trenzada entre Saskia e Claudia Facal, recibindo esta última dentro da área e cun forte chut batía a Adriana Suaba por arriba. O Xallas puido ampliar a vantaxe pero non estivo atinado, e nun arreón final As Miúdas tiveron algunha ocasión de empatar a contenda. Bonito e disputado derbi para o espectador

ED As Miudas : Siaba, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Cris, Sofía Caamaño, Marta Piñeiro, Paula e Laura. Tamén xogaron : Sabela, Saray, Adriana, Ana Romero e Carlota.

Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Ali, Andrea Otero; Paula Barcia, María, Carla; Andrea Barbeira, Claudia Facal e Olalla.
Tamén xogaron: Valeria, Inés, Michelle, Paula Gándara e Zaira.

Goles : 0-1, María, (17´); 1-1, Alba, (40´); 1-2, Claudia, (71´).

Árbitro : Francisco Manuel Brión. Non amosou ningún cartón.

 

SCD Milagrosa 0-4 UC Cee

Animamos a calquera socio, diretivo, afeccionado ou xogadora do UC Cee a colaborar cos comentarios dos encontros. Contactar nas nosas canles de email ou whatsapp que aparecen o final da portada da web.

Encontro que se ciñeu ao esperado. As colistas nada tiveron que facer ante un Cee que deixou todo resolto na primeira metade cun craro 0-3 con goles de Paulo Veiga que foi a estrela do encontro e que completaría un “poker” de goles na segunda metade.

UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Sieira, Paula Veiga, Sanela, Laura, Lucía Martínez, e Saray. Tamén xogou : Ariana.

 

 

-Foto : ED As Miúdas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”