CRÓNICAS 20ª XDA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “XORNADA INCONCLUSA”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. 

Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.

Encontros suspendidos

Nesta xornada houbo un par de encontros suspendidos polo mal estado dos terreos de xogo, anegados de auga pola forte chuvia e con fortes refachos de vento. Debido a que a vindeira fin de semana hai parón na liga aproveitarase para xogar os encontros suspendidos. O CF Mazaricos-Bergantiños FC B xogarase o vindeiro sábado ás 12:00 horas e o CF Noia B-Corme CF o Domingo a partires das 12:15 horas.

 

-CRÓNICAS 20ª XORNADA-

 

UD Cerqueda 0-2 UD Corcubión

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “Fomos ata o campo do Cerqueda con moitas baixas importantes e aínda así o equipo demostrou a sua valía. Tivemos un bo primeiro tempo combinando e aguantando ben os poucos ataques locais, marcando gol Alexandra a un pase de Ana que a deixa sola diante da porteira. Non soubemos ampliar o marcador fallando algún man a man e varios corners. Na segunda o Cerqueda si que foi mellor ca nós, meténdonos cara atrás e tendo que aguantar varias ocasións claras delas ata que no final nunha boa presión da capi Carla marca un bo gol pola escuadra cerrando co 0-2”.

UD Cerqueda : Paula Casal, Jimena, Lucía, Tania, Tati, Sara, Lorena, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Tamén xogaron : Carla, Irene, Sonia e Carla.

UD Corcubión : Alexia, Alexandra, Vicky, Marta Lavandeira, Carla, Helena López, Ana Sierra, Andrea, Daniela e Paula Trinidad. Tamén xogaron : Elisa e Cris.

Goles : 0-1, Alexandra, (13´); 0-2, Carla, (80´).

Árbitro : Aurora Malvarez. Un cartón amarelo para cada equipo.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-UD Cerqueda

UD Corcubión-CF Noia B

 

******

 

 

 

Outes FC 1-7 Ponteceso SD

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezamos o partido no Conchido diante dun equipazo como o Ponteceso, que durante 15 minutos competimos moi ben pero que despois demostraron o seu potencial marcando uns moi bos goles e poñendonos contra as cordas. Pero se algo caracteriza as miñas rapazas e forza de voluntad e esforzo. Volvemos do descanso con unha nova actitude e veuse no campo, tivemos mais o balon, xeramos mais perigo e a nosa porteira, sostivonos arriba con unhas paradas de moita calidade. Nunha das ocasions reencontramonos co gol que nos dou forzas para seguir presionando o que quedaba para non perder a cara o ponteceso e seguir no noso camiño de mellora e aprendizaxe”.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :A pesar de que este fin de semana o tempo non acompañaba tocou desprazarse a Outes baixo un intenso temporal. Un partido que comezou coas xogadoras do Puenteceso apagadas , onde as cousas non saían ata que no minuto vinte,a todoterreo Muíño con un tiro dende fóra da área abriu o marcador con un bo gol para as pontecesás que serviría para levantar os ánimos. Despois sumaríanse os tantos de Claudia aproveitando un centro o segundo pau , aparecía tamén a máxia de Oanes con outro golazo dende a frontal , volvería de novo Muíño a perforar dende o lateral da área grande para facer o seu doblete , e poñería o cero a cinco Andrea de xogada persoal culminando o man a man para rematar esta primeira metade .

Na segunda parte non valía baixar os brazos, xa que as xogadoras do Outes non se rendiron tan fácil. Aínda que as de Curro marcaron superioridade, aumentando a distancia cun gol de Noemí, as locais loitaron polo gol que conseguirían no minuto setenta dous tras un erro da defensa. O partido finalmente remataría 1-7, tras un gol da capitá Eva en xogada de córner. Para semana toca de novo descansar e recargar pilas para un novo derbi da costa contra o Cerqueda“.

 

 

Outes FC : María Engracia, Alicia, Uxía, María Molinos, Erika, Natalia, Carla, Carmen, María Soledad, Valeria e Natailia Alonso. Tamén xogaron : Claudia, Xeila, Nerea, Maria Romero e Marinha.

Ponteceso SD : María (Colores 45′), Noe (Mel 45′), Ainhoa, Myre, Berdeal (Laura R 45′), Eva, Muíño (Lara 44′), Andrea, Oanes, Noemí (Lucivili 56′), e Claudia. 

Goles : 0-1, Andrea Rodríguez, (20´); 0-2, Claudia Pérez, (28´); 0-3, Claudia Oanes, (31´); 0-4, Andrea Rodríguez, (40´); 0-5, Andrea Varela, (44´); 0-6, Noemi, (53´); 1-6, Carla, (72´); 1-7, Marinha, (no desconto, en propia porta).

Árbitro : Óscar Costa. Non amosou cartóns.

 

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-UD Cerqueda

AD Nicrariense-Outes FC

******

 

SD Dubra 0-2 AD Nicrariense

Goles : 0-1, Noa, (54´); 0-2, Aldara, (63´).

Árbitro : Marco Alejandro Castro. Un amarelo para as visitantes.

 

Próximo encontro

Bergantiños FC B-SD Dubra

AD Nicrariense-Outes FC

 

*****

 

Cabana SD 1-2 Camariñas FC

Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeiro parte na que o Camariñas se impuxo claramente, dispoñendo de ocasións claras incluido un penalti errado. Adiantáronse nun perfecto lanzamento de falta. No segundo tempo melloraron as locais e equilibraron o partido. A quince minutos do final sufriu unha expulsión o Camariñas pero na misma xogada saia lesionada Irene e cos cambios xa feitos non podían aproveitar as locais que tamén quedaban con 10. Xa no treito final Adriana recurtaba no marcador pero sen tempo a máis”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Fixemos un partido moi completo tanto a nivel defensico coma no ofensivo. Creo que en liñas xerais fomos superiores, especialmente no primeiro tempo no que creamos moitísimas ocasións. Antre a porteira delas unhas veces e a falla de puntería noutras, non acadamos máis goles, incluso erramos un penalti que foi o poste. Co encontro controlado ficxemos o segundo e non pasamos apuros a pesares de que chegou un gol do Cabana pero xa non se xogou máis. Tres puntos para seguir crecendo que é do que se trata. Agora aproveitar nestas duas semanas que temos de descanso ir recuperando xente, xa que temos o parón da liga e logo tócanos descansar. Seguir crecendo e dándolle para adiante“.

Cabana SD : Miriam, Nuria (Jessie Rojo), Sheila, Aitana (Aroa) Valeria (Begoña), Inma, Iría, Irene, Saray (Natalie), Adriana, Isabel (Alejandra).

Camariñas FC : Karen (Daniela), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía, Cris Mouzo, Laura Pose (Desiré), Nuria, Maira (Lara), Paula (Cris) e Saray (Elena).

Goles : 0-1, Nuria, (34´); 0-2, María, (50´); 1-2, Adriana, (90´)

Árbitro : Andrea Barbeira. Expulsou a camariñana María García con dobre cartón, (62´e 77´).

 

Próximos encontros

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Descansa

CF Muxía-Cabana SD

 

******

 

Fisterranas e muxianas deron un gran espectáculo aos afeccionados.

 

SD Fisterra 4-4 CF Muxía

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido dos que mola xogar, con bastante xente nas gradas que esperaban ver un bo duelo, e así foi. Partido intenso os 90 minutos, de ida e volta, onde o desgaste físico foi brutal. Encantado co traballo de todo equipo, donde Patri pola nosa parte, e Andrea polo fisterrá, demostraron do que son capaces e marcaron 3 goles cada unha, visto o partido penso que o empate foi xusto. Agora a ver se recuperamos xogadoras co parón que neste encontro de 24 só puidemos contar con 14”.

SD Fisterra :  Lucía Fernández, Lucía Marcote, Ana, Lidia, Irene, Leny, Tamara, Aroa, Jimena, Paula e Andrea. Tamén xogaron : Antía, Jenifer, Rosi, Xaira e Tatiana.

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Marta, Nerea Pazos, Andrea Insua, Irene, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Raquel, Irene e Claudia. Tamén xogaron : Denise, Xeila e Sara.

Goles : 0-1, Patri Romaní, (14´); 1-1, Andrea, (16´); 1-2, Nerea, (25´); 2-2, Aroa, (33´); 2-3, Patri Romaní, (34´); 3-3, Andrea, (51´); 4-3, Andrea, (67´); 4-4, Patri Romaní, (83´).

Árbitro : Andrea Barbeira. Amonestou a visitante Andrea.

 

Próximo encontro

Corme CF-SD Fisterra

CF Muxía-Cabana SD

 

******

 

Descansou : CF Dumbría

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN PROVISIONAL 20ª XDA-

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Muxía : Marina Busto

-Montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com