Fase de Permanenza 1ª Galicia
Esclavitude e Dumbría igualaban no Campo do Doce.
Este pasado Domingo comezaron as liguiñas pola permanenza na 1ª Galicia, unhas liguiñas que rematarán o 22 de Maio. Nelas 5 equipos da costa tratarán de evitar o descenso a Liga da Costa e que cos ascensos dende esta se vaia consolidando unha unha verdadeira 1ª Galicia da Costa, que xa ha debería haber e non ter que xogar con equipos de Santiago. Xa se demostra cada xornada o beneficioso que sería para os equipos costeiros, a hora de ver a afluencia de afeccionados, cando xogan antre eles, a diferenza de cando xogan cos do área compostelá.
Grupos 1
Esclavitude 2-2 CF Dumbría
Adiantáronse os dumbrieses aos 20 minutos de xogo cun tanto de Mario, pero remontaban os padroneses con goles de Gonzalo, 824´) e Ángel, (34´), antes do descanso. Na segunda metade Alejandro Sendón, facía o gol do empate pasada a hora de xogo, (68´).
Outros resultados : CD Lalín 2-0 SD Agolada
Descansou : Corme CF
2ª Xornada, (27/03)
CF Dumbría-CD Lalín, ás 17:00 horas
Corme CF-SD Esclavitude, ás 17:00 horas
Descansa : SD Agolada.
CLASIFICACIÓN
CD Lalín : 10 puntos
CF Dumbría : 7
SD Agolada : 4
Corme CF : 3
SD Esclavitude : 2
Grupo 2
Ponteceso SD 1-1 SD Tordoia
Adiantouse o equipo tordoiés aos 66 minutos, por medio de Adrián Pombo, tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador. O empate dos da Terra de Pondal chegaba no desconto final, por medio de Pablo Vázquez.
UD Val do Ulla 2-4 Volantes de Baño FC
Remontou o equipo de Baño o gol de Pablo Neira, (26´), para os locais, cun ramalazo nun par de minutos de Enrique, (32´), e “Pesco”, (33´). Nunha segunda metade extraordinaria dos muradáns, acabaron goleando, con outros dous tantos de José Antonio, (62´), e “Pesco”, (68´). Co encontro xa resolto chegaba o segundo dos locais por medio de Crístian, (88´).
Descansou : SD Cruces.
2ª Xornada, (27/03)
Volantes de Baño FC-Ponteceso SD, ás 19:00 horas
SD Cruces-UD Val do Ulla, ás 17:00 horas
Descansa : SD Tordoia.
CLASIFICACIÓN
SD Tordoia : 8
Volantes de Baño CF : 7
SD Cruces : 5
Ponteceso SD, : 2
UD O Val do Ulla : 2
Grupo 3
Praiñas Sporting Club 1-1 Soneira SD
Adiantouse o equipo vimiancés pasada a media hora de xogo por medio de Diego Lois, (39´), resultado co que se chegaría o tempo de lecer. Xa na segunda metade, o empate para os de Teo, chegaría pasada a hora de xogo, por medio de Joao Vitor, (69´).
Outros resultados : Cordeiro CF 1-0 CD Belvís
Descansou : CCD Taragoña
2ª Xornada, (27/03)
Soneira SD- Cordeiro CF, ás 17:00 horas
CCD Taragoña-Praiña Sporting Club, ás 17:00 horas
Descansa : CD Belvís.
CLASIFICACIÓN
Cordeiro CF : 9
Soneira SD : 6
Praiñas Sporting Club : 4
CD Belvís : 2
CCD Taragoña : 0
-Foto : SD Esclavitude
-Texto : piratasdemuxia