FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA
Tan só o SCDR Esteirana e Muxía CF foron quen de levarse os 3 puntos nesta primeira tirada da loita polo ascenso. De todos modos non o tiveron doado e a pesares de que so esteiráns lideran co colchón de puntos iniciais, pode pasar de todo, dado o grn nivel que amosaron tódolos equipos.
Previa 1ª Xornada
SCDR Esteirana 2-1 SD Coristanco
Hora : 17:00
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)
Árbitro : Óscar Santos Martínez
Plantoulle cara o equipo coristanqués, a un dos favoritos ao ascenso e a pesares de que os das Salinas se poñían pronto con 2-0 con goles de Carlos Lestón, (9´) e Pablo Rama, (17), respostaban pronto e poñíanse no encontro de novo 2 minutos despois de recibir o segundo, cun tanto de Daniel Vázquez. Non decaeu o encontro ata o pitido final e puido chegar o gol por ambas partes.
Muxía CF 4-2 SD Castriz
Hora : 16:30
Campo : A Arliña, (Muxía)
Árbitro : Pablo Rama Cotelo
Os goles en propia porta foron os salvadores dun Muxía que recibía a un dos equipos máis en forma do final de liga. Ata 3 goles en propia porta materializou o equipo castricense, cando peor tiña as cousas os muxiáns. Juan adiantaba aos xalleiros aos 5 minutos de xogo, e no 24 chegaba o primeiro gol en propia porta por medio de Fabián. Antes do descanso Adrián, conseguía meter de novo por diante aos de San Pedro, pero xusto antes de irse a vestiarios o propio Adrián batía o seu compañeiro Álvaro Pose, para poñer as táboas no marcador. Xa na segunda metade, Saúl, facía o terceiro da tarde para os da Vila da Barca, 53´), para desgraza do seu equipo. Non tardaba en sentenzar o encontro o equipo muxián, pois un minuto despois Fran Moreira facía o definitivo 4-2.
CD Muros 2-2 Cabana SD
Hora : 17:00
Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)
Árbitro : Julio José Martínez Barral
Foiselle no segundo tempo ao Cabana un encontro no que na primeira metade íase a vestiarios con craro 0-2, con goles de Simón, (29´ e 41´). Un penalti aos 50 minutos de xogo metía no encontro aos muradáns, Iván era o responsable de lanzalo e materializalo. Pasada a hora de xogo Thiago facía o gol do empate. Quedaban cun menos os muradáns, por expulsión con vermello direto de Daniel, pero a pesares da presión cabanesa non se movería o marcador.
Clasificación Inicial
SCDR Esteirana : 7 puntos
Muxía CF : 5
Cabana SD : 5
CD Muros : 2
SD Castriz : 2
SD Coristanco : 1
2ª XORNADA
24/04/2022
SD Coristanco-CD Muros
SD Castriz-SCDR Esteirana
Cabana SD-Muxía CF
-Foto e Texto : piratasdemuxia