CRÓNICAS 1ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “INICIO GOLEADOR CON 40 TANTOS ACADADOS EN 7 ENCONTROS”.

3ª DA COSTA


1ª Xornada

SCD Malpica 3-4 CF Lira

Entretidísmo encontro no Pedra Queimada, no que o equipo malpicán tivo que remontar o gol inicial de Jesús, aos 2 minutos de xogo, con tntos deJorge parga, (3´), inmediatamente despois do 0-1, e de Alberto, (16´de penalti), eFran García, (29´), chegando a estar 3-1, para acabar sucumbindo na segunda metade. Antes do descanso Jesús, volvía a ver porta para os lirachos, (45´de penalti, e na segunda metade, primeiro Óliver, (57´), e despois Fran González, (65´), dábanlle a volta o marcador.

 

CD Baiñas 3-0 SD Camelle

Tras unha primeira metade igualada, na que non se movía o marcador, pasábase a unha segunda, na que os baiñeses estiveron máis frescos e finos de cara a porta. Adrián Canosa, abría o marcador no 67, e seis minutos despois, Kevin Fandiño, (72´), poñía terra de por medio, e pouco despois, Crístian Canosa, (/83´), emulaba ao seu irmán, para facer o da sentenza.

 

Sporting Zas 5-2 SD Laxe

Pesoulle e moito o equipo laxense a expulsión por dobre cartón de Migule Ángel, no minuto 44, cando o marcador era de empate a dous. Na segunda metade os zacenses aproveitaron o xogar cun máis para sentenzar o encontro. Iago Torres, adiantaba aos laxenses ao cuarto de hora de encontro, gol que igualaba para os de Zas, Andrés Bouzas, (17´), e pouco despois remontaba, Brais, (21´). Non se viña abaixo o equipo costeiro e empataba antes do descanso por medio de Santi Casas, (39´), e pouco despois chegaba a expulsiión. Nada máis reanudarse o xogo, Álvaro facía o 3-2, (48´), e él mesmo poñía o choque a favor dos locais, de novo Álvaro, (60´). Andrés Bouzas, facía o definitivo 5-2 no tempo de desconto. No tempo extra, os laxenses sufrían a expulsión de Gora, que vía o segundo cartón.

 

CF Porteño 6-0 CF Castrelo

Repaso do Porteño a un Castrelo que pagou caro un mal primeiro tempo, no que os da Grixa, marcaron 4 goles en 22 minutos, obra de Álan, (5´e 17´), por partida dobre, e de Martín, (18´), e Lucas Caamaño, (22´). A segunda metade xa foi un trámite. Martín, (51´), e Brais, (61´), completaron o “set en branco”. O porteños perdían con vermello direto a Manuel Canosa no 87´.

 

Xallas FC “B” 3-3 CD Nantón

Xalleiros e nantoneses asinaron a única igualada da xornada, nun choque moi interrumpido, polas numerosas tarxetas amosadas polo colexiado Rai Reborido. Ata 6 cartóns viron os visitantes, un deles vermello direto a Alberto Fuenttes, cando levaba un minuto no terreo de xogo, (87´), e 3 para os xalleiros, un deles vermello direto a José Suárez, (67´). Tivo que remontar o filial do Xallas, o gol do visitante Diego Pastoriza, (32´), con goles de Kevin, (47´) e José Suárez, (52´), ambos na segunda metade. Redondo empataba para os de Nantón, (60´), e él mesmo conseguía meter de novo aos seus en vantaxe, (80´), e cando todo apuntaba a vitoria visitante, chegaba un penalti, xa en tempo de desconto, que era transformado por Iván García, (91´). Nos prolegómenos do encontro fíxoselle unha pequena homenaxe o adestrador César Romero, un dos fundadores do filial do Xallas FC, e que por motivos de saúde ten que deixar o equipo. Fixo o saque de honra, e foi agasallado cunha camiseta do equipo, co seu nome, e un balón firmado por tódolos xogadores.

 

SCD Buño 6-0 SD Ameixenda

Non atopou rival o equipo oleiro no amexeindés, que xa se foi a vestiarios cunha derrota parcial de 2-0, con goles de Iván Rodríguez, (15´), Eloy, (25´).  Luis Castro, nada máis comezar o segundo tempo xa deixaba o encontro pechado, (46´), e Eloy repetía pouco despois, (57´). Omar, (87´), e Breogán, (desconto), completaban o “set en branco”.

 

Atlético Pereiriña FC 3-2 Sporting Seaia CF

Entretido choque no que se adiantaban os de Seaia por medio de Raúl Reigía, (7´), e cun gol en propia porta, Diego, poñía as táboas no marcador, (16´). Antes do descanso Sergio Cancela, voltaba a poñer por diante aos da parroquia malpicana, (39´), e o empate cghegaba trala reanudación, Esteban Sendón, 852´), era o artífice. Pasada a hora de xogo, Carlos Antelo, (66´), facía o que sería o definitivo 3-2.

 

CLASIFICACIÓN

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa.

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia