CF Dumbría no “Eleuterio Balayo” de Muros.
1ª Xornada
Tal e como vos apuntábamos na previa este sábado comezaba a 1ª Galicia GB a que engloba a equipos da costa e da zona de Santiago, pero que este ano é a que acumula máis equipos costeiros na historia desta categoría en conxunto cos do interior.
Volantes de Baño CF 2-5 CF Dumbría
O CF Dumbría soubo aproveitar a superioridade numérica aos poucos de comezar a segunda metade de Jesús Sambade por dobre cartón amarelo.
A primeira metade foi moi igualada, pero foi máis efectivo o equipo dumbriés, que se repoñía o gol inicial dos Volantes, que se adiantaban por medio de José Antonio aos 14 minutos de xogo. Pablo Paz, (21´) e Braiz, (31´), facían a remontada dumbriesa antes do descanso.
Na segunda metade había duas cousas clave para a vitoria visitante. O gol de Capelo nada máis comezar o segundo periodo, (47) e a expulsión de Jesús 3 minutos despois, pois os muradáns repoñíanse e acurtaban distanzas trala expulsión, cun gol de David Pais, (52´), pero o xogar en inferioridade pesou, e máis sendo o primeiro encontro de liga e nun campo moi pesado pola chuvia. Capelo, pasada a hora de xogo, (61´). deixaba o encontro baixo sentenza, e Sendón a falla de 9 minutos para o final, redondeaba a goleada, (81).
CD Baio 2-0 CD Belvís
Debut con gol neste inicio de liga por parte do CD Baio ante a sua afección no “Platas Reinoso” de Baio, ca arbitraxe do camellán, Alberto Baña. Un gol de Brais pasada a media hora de xogo, (32´), dáballe a tranquilidade aos de Pablo Torreira nun choque moi disputado e que non se decantou claramente para os baieses ata o desconto final, cun tanto en propia porta do visitante Alejandro.
SD Tordoia 1-0 Mazaricos CF
Derrota neste encontro inicial para o Mazaricos CF no “Gorgullos” de Tordoia, ca arbitraxe de Miguel Teijeiro. Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que os tordoieses recibían o premio do gol que lles daría os 3 primeiros puntos. O tanto era materializado por Denís Pose pasada a hora de encontro, (66´).
Ponteceso SD 0-5 SD Negreira
Visitaba o “Piguel” de Ponteceso, un equipo dos que temos acostumado a ver na 3º División, o SD Negreira, que foi contundente cos pontecesáns, xa dende o pitido inicial, pois xa se poñías por diante con 2 goles de Alberto Rial antes dos 10 minutos de xogo, (8´e 9´). Gonzalo pasada a media hora de xogo facía o terceiro, (37´), e nada máis comezar o segundo tempo xa chegaba o cuarto, por medio de novo de Gonzalo, (55´) e 3 minutos despoios Alberto Rial facía o da “manciña”. Boa arbitraxe do costeiro David Vázquez, que non amosou ningún cartón.
Corme CF 1-1 Soneira SD
Empate no derbi no “O Cairo” de Corme, ca arbitraxe de Ángel Acuña. Vendeuse todo o peixe no primeiro tempo no campo cormelán onde se adiantaban os de Dumianzo aos 21 minutos de xogo o transformar Diego Lois unha pena máxima. O xove Lucas Rial facía a igualada pouco despois, (29´). Puido decanrase o choque para calquer banda o que fixo atractivo o enfrontamento ata o pitido final.
CLASIFICACIÓN
2ª XORNADA
CD Belvís-Volantes de Baño CF
Mazaricos CF-CD Baio
SD Negreira-SD Tordoia
Soneira SD-Ponteceso SD
CF Dumbría-Corme CF
-Foto : CF Dumbría
-Texto : piratasdemuxia