2ª División Galega
1ª Xornada
Debut histórico para o Cporme CF ca primeira vitoria.
Grupo 2
Brexo Lema SD 15-0 UD Cerqueda
Difícil inicio de liga para as cerquedenses que só duraron 10 minutos no terreo de xogo do “Os Pinares”, cando chegaba o primeiro gol local, a partires de aí, todo un calvario. O descanso o marcador xa reflectía un abultado 9-0. O resto foi un sufrimento ata o definitivo 15-0.
SE Abella SDEC 8-0 Ponteceso SD
Histórico día para as pontecesanas, a pesares da abultada derrota, pois era o seu primeiro encontro como equipo na 1ª División Galega. Comezou mal o choque para as da Vila de Pondal, pois aos 2 minutos de xogo, un gol en propia porta de Myrella, facía que se adiantasen as fradenses. O descanso o choque xa reflexaba un claro 5-0 a favor das locais.
Corme CF 5-3 Sporting Burgo
Dia histórico no 2Cairo”, co primeiro encontro oficial das cormelanas, que se levaban a vitoria nun choque moi disputado e traballado. O primeiro gol para a lembranza das do Roncudo foi de Aroa Freijeiro, aos 14 minutos de xogo, e que supuxo o 1-0. Tres minutos despois a sua compañeira Naroa poñían o 2-0, e antes do descanso un gol en propia porta de Belén Parga, poñía as coruñesas no encontro. A volta de vestiarios Naroa repetía para facer o 3-1, (54´), e 3 minutos despois un gol en propia porta de Aroa, voltaba a poñer no encontro as do Burgo, que conseguían empatar no 65, por medio de Tamara. Non se veu abaixo o equipo cormelán e en 3 minutos, do 75 o 78, Naroa e Julia, poñían o definitivo 5-3, para ter un gran recordo deste primeiro día.
Grupo 4
AD Nicraniense 4-5 CF Dumbría
Debut soñado para as dumbriesas que terán sempre na lembranza este encontro, no que comezaron perdendo, remontaban con goles de María Pérez, (5´), e Paula Fandiño, (33´), vían como lles empataban antes do descanso, por medio de Zaira, (42´), e a volta de vestiarios volvían a poñerse por diante cun tanto de Paula Fandiño, (52´)- As nicranienses, nesa pugna de golpes, conseguían empatar de novo, cun penalti transformado por Noa, (62´), pero nesa loita a resposta das dumbriesas era inminente e María Rodríguez, (67´), e Ainoa, (75´), poñían terra de por medio co 3-5. Non acabaría aí o atractivo do encontro, pois Zaira recurtaba para as nicranienses, para darlle emoción o choque ata o final.
CF Vista Alegre 0-10 UC Cee
Chegaron a Compostela as ceenses con tan só 13 efectivos, pero foron moi efectivas e deixaron o choque máis ca resolto na primeira metade, na que se foron a vestiarios cun claro 0-8. Na segunda metade as cousas calmáronse e só foron pasando os minutos. Marcaron polas ceneses : Lucía Canosa, (3), Lucía Martínez, (3), Nerea Suárez, (3), e Ruth Muiño.
CF Mazaricos 0-9 Xallas FC
Mal debut das mazariquenses no fútbol 11 no derbi da costa. As xalleiras xa se foron a vestirarios co choque solventado, con 0-5 no marcador. Marcaron polas xalleiras : Olalla Antelo, (4), Xastia, Laura García, María Rial, Inés Pérez, e Michelle.
SR Calo 6-1 ED As Miúdas
Prácido encontro para as de Teo, que xa tiñan todo resolto cun claro 4-0 ao descanso, con goles de Verónica, Violeta, (2) e Gabriela. Na segunda metade completarían a goleada, Laura e Carla. O gol da honra, e primeiro desta tempada das muradanas, cheganba no 76, por medio de Sofía Caamaño, e representaba o 6-1 definitivo.
-Foto : Fin Lema
-Texto : piratasdemuxia