CRÓNICAS 1ª Xda 1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA : “O ATLÉTICO CARBALLO PRIMEIRO LIDER DA TEMPADA”.

 

O Atlético Carballo posando cun dos seus patrocinadores.

 

Comezou a 1ª Galicia de Veteranos da Costa e fíxoo cun equipo que sobresau sobre todos, o Atlético Carballo que goleaba ao Soandres CF por 8-0, con un “poker” de goles de Iván Rojo, (4), e 2 de Julian, e dous de Alejandro Figueiras. O choque non tivo moita historia pois o descanso xa campaba un craro 4-0 no marcador. Tamén comezou forte o SCD Buño que derrotaba por 3-0 ao CD Nantón, nun choque máis igualado, pero no que os oleiros daban un plus de forza e definición nos derradeiros minutos de encontro, onde completaban con goles de Wagner e Víctor a goleada. Na primeira metade adiantaba aos buñeses dani Calvete.

O mellor equipo fora da casa foi o debutante CF Cances que na Porta Santa era moi superior ao Sporting Bértoa durante unha hora na que se puxo 0-3 con un “Hat-trick” de Miguel Torres,. A partires de aí baixaban o pistón e acurtaban os carballeses por medio de Moha. Miguel Torres facía o cuarto dos canceses para completar a goleada e un “poker” de goles.

O CV Leiloio derrotaba ao SD Sofán por 2-0. O primeiro golk na primeira metade nun penalti transformado por Ricardo, o segundo ao fío da hora de xogo marcado por Diego. Por outra banda había dous empates, o visto no Arasolis antre o SD Fisterra e o Deportivo Carballo, no que non se moveu o marcador, e o vivido antre o SCD Malpica e o CF Mazaricos, (2-2), nun choque no que chegaron a ir os malpicáns gañando 2-0, con goles de Fernando e Alejandro, e tras acadar este sgundo gol, un gol aos 2 minutos, (72´), de Aldo dáballe alas aos mazariquenses que empataban 10 minutos despois cun tanto de Toni Antelo.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-PREVIA 2ª XORNADA-

 

 

Crónica 3ª xornada División de Honra de Veteranos : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”