CRÓNICAS 1ª GALICIA G2, (11ª Xda) : “O MAZARICOS LÉVASE OD ERBI ANTE O DUMBRÍA, VITORIA DO SONEIRA, E BAIO EMPATE DO VOLANTES”.

 

 

SD Soneira 5-4 SD Tordoia

PREME AQUÍ para ir a crónica deste encontro xogado o sábado.

 

 

Tres puntos vitais para o CF Mazaricos na loita pola salvación.

 

CF Mazaricos 3-0 CF Dumbría

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido engañoso a pesar do resultado. O Dumbria foi o dono do balón ata o 1-0 , mentras que nos defendíamos e tratábamos de facer daño a contra. Desde aí o partido igualase máis, e nos coa misma tónica, xogando o contragolpe logramos durante o último tramo do primeiro tempo materializar as que tuvemos. 3-0 engañoso o descanso que non reflexa para nada o sucedido,xa que para nada fomos superiores o Dumbría, pero hoxe sí tivemos ésa mezcla de sorte e efectividad que faltou noutras ocasións.

Na segunda metade xuntamos líneas e cerramos sobre todo os espacios por dentro e intentamos coller algunha contra. Hoxe sí defendemos moi ben certo tipo de xogadas nas que viñamos fallando. Tres puntos que nos otorgan moral e confianza para afrontar as xornadas venideiras, e que ademáis por fin volvemos a sacar algo positivo na casa diante da nosa xente. Esto sigue, e a igualdad é a tónica que define ésta liga”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Creo que ata o 1-0 estábamos mellor no partido, aínda que tampouco creáramos situacións claras de remate. Logo do primeiro gol, que chega tras un despexe deles que se lle escapa a Ánxo, estivemos igualados, pero cando parecía que chegaríamos así ao descanso en 3 minutos sentenciaron o partido con 2 goles, en dúas malas accións defensivas nosas. Na segunda parte, o plan de partido penso que foi máis parecido ao que quería o Mazaricos que ao que queríamos nós. Replégaronse e nós non fomos capaces de contrarrestalos ben. Tivemos 2 ocasións moi claras de Marcote, pero o risco en defensa tamén era moi alto nas súas contras. Esperemos mellorar para a semana que ven. Moita sorte ao Mazaricos”.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

 

Val do Ulla UD 1-2 CD Baio

Bruno, (2º adestrador do CD Baio) : “Foi un partido no que empezamos moi ben, marcando xa no minuto 1. Gol de Bieito tras un centro de Porti, e despois tivemos a primeira parte o control. Na segunda igual, e chegou o segundo de Bieito, sendo eles un menos. Cun penalti marcarían eles, e metéronse no partido, e acabamos sufrindo un pouco”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

Volantes de Baño CF 2-2 Flavia SD

José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que foi un partido moi intenso e disputado. Con ocasións polas duas partes. O Flavia creounos problemas por a calidade que atesouran. Nós cando conseguíamos roubar tamén lle fixemos moito dano. Marcamos pronto por mediación de Pesco despois dun saque de banda. Pero en 30 minutos xa lle deron a volta o marcador e sobre o minuto 30 Pesco empataba de penalti cometido sobre Berto. Nós tivemos 2 claras de Pesco e Cacho, e eles tamén puideron marcar.

Na segunda parte pasámolo mal, nos primeiros 20 minutos nos que eles tiveron 3 claras que sacamos debaixo dos paus. A partires de aí fixémoslle moito dano, e tivemos 4 moi, moi claras. E incluso un gol anulado a Óliver totalmente legal. (Xa parecia no campo e confirmado no video), que incriblemente o liña sinalou fora de xogo. Creo que un punto moi traballado, e mui positivo para nós, xa que afrontamos o partido con moitas baixas, e o Flavia do medio para arriba pareceume un equipazo. E posiblemente o resultado seña xusto, pero por outra parte, cas ocasións que tivemos no tramo final, quizais sabe a pouco”.

 

FICHA TÉCNICA

 

RESULTADOS EQUIPOS “ZONA PIRATA”

-11ª Xornada-

Soneira 5-4 Tordoia

CF Mazaricos 3-0 CF Dumbría 

Volantes de Baño CF 2-2 SD Flavia

Val do Ulla UD 1-2 CD Baio 

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 28 puntos

CF Dumbría : 18 puntos

CD Baio : 17 puntos

13º CF Mazaricos : 11 puntos

14º Volantes de Baño CF : 11 puntos

 

-Foto de portada : Jorge Villar “Gorrión”

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.