CRÓNICAS 19ª XORNADA DO GRUPO 4 DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “DERROTA DO XALLAS QUE PERDE O LIDERATO, VITORIA DO CEE E DO DUMBRÍA NO DERBI CAS MIÚDAS PARA SEGUIR NA PROMOCIÓN, E DERROTA DO MAZARICOS ANTE O CALO QUE RECUPERA O LIDERATO”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-19ª Xornada-

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

 UC Cee 2022/23.

 

SD O Pino 0-5 UC Cee

Importante vitoria das ceenses que aproveitaron o pinchazo do Xallas para arrimarse a segunda praza da competición nun encontro que deixaron solventado na primeira metade con goles de Ruth, Laura, Nerea e Lucía Martínez. A segunda metade xa foi de puro trámite. Ruth, que abrira o marcador, pechábao ca “manciña”.

UC Cee : Noemi, Laura, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Alba, Nerea, María Lijó, Ruth, Sharay, Uxía, Laura e Lucía Martínez. Tamén xogou :  Antía, Nayara, Lucía Ramos e Sabela Corbelle.

Goles : 1-0, Ruth, (1´); 2-0, Laura, (18´de penalti); 3-0, Nerea, (36´); 4-0, Lucía Martínez, (39´); 5-0, Ruth, (52´).

Árbitro : Jesús Baliño. Non amosou ningún cartón.

 

Cacheiras SD 2-1 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido moi competido o vivido na Cañoteira en Cacheiras… Dous equipos moi equilibrados que se viu reflexado no primeiro tempo con empate a cero goles, onde só o Xallas por medio da súas dianteiras puxeron en apuros a gardamallas local. No segundo tempo todo cambiou e os poucos minutos despois dun dexasuste defensivo adiantáronse as locais e acto seguido o Xallas por medio de Saskia o transformar unha pena máxima feita a Olalla voltaba a por as táboas no marcador. Cando mellor se sentían a xalleiras na prolongación dun córner o balón tocaba na man de María e o trencilla coa presión do público local e das rapazas do Calo que ateigaban as gradas non dubidou e pitou penalti, poñendo o o 2-1 no marcador. O Xallas por medio de Yasmina… seguiuno intentando ata o último suspiro pero non dou chegado ese polo nenos empate que sí merecemos.
Toca levantar cabeza e pensar nos próximos envites”.

Xallas FC : Rita, Saskia, Alicia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Otero e Yasmina.
Tamén xogaron: Leti, Inés, Nuria, Barcia e Mayte.

Goles : 1-0, Raiane, (48´); 1-1, Saskia, (53´de penalti); 2-1, Irena, (54´de penalti).

Árbitro : Alberto Álvarez. Monestou polas locais a Uxía e Sofía, e polas visitantes a María Rial.

 

O Dumbría venceu as Miúdas para seguir en promoción.

 

CF Dumbría 4-2 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Quedaron os 3 puntos no Conco nun bonito partido onde as locales, a pesar das numerosas baixas superon impoñer o seu xogo e maniataron a unhas muradanas que non venderon barata a sua pel. As dumbriesas elaboraban polo medio con combinacións rápidas e entraban sempre con perigo especialmente pola banda de Kelly, a zurda da Ponte do Porto gañaba en numerosas ocasións a liña de fondo para poñer centros que pese o perigo non acabaron de concretarse en gol. Claudia tras gañar area topou coa salida de Adriana, que foi unha das destacadas das de Muros intervindo de maneira notable e evitando un resultado máis abultado, a da Ponte acabaría cunha fisura no codo tras este lance fortuíto. A capi local probou a madeira do traveseiro nunha falta lonxana, e o mismo fixo Eva tras zafarse das centrales cun potente disparo no que xa case celebraban o gol. Pero sería María das Carisas a que abrira a lata despois da insistencia tras unha bonita xogada colectiva chegando á media hora do encontro.

Nun forte despexe das Miúdas Carril tiña que ser atendida cun forte golpe no ollo dereito, e ahí chegou o gol do empate aproveitando as visitantes a superioridade numérica cun balón ás costas da zaga que Sofía non desperdiciou batendo por baixo a Lissette. Nunha falta lonxana executada por Marcela, a porteira local bloquea o balón con seguridade sendo derribada por Pati que intentaba o remate facendo falta en ataque sobre a meta local, a pesar de que acabaron todas dentro o árbitro sinalaba infracción. Pero antes do descanso, Fandi gaña a area tras zafarse da marca pero é derribada cando iba disparar ante Adriana. Ela misma executaría o penalti poñendo o 2-1 co que finalizaría o primeiro acto.

No arranque da segunda o dominio local seguía sendo a tónica, roubando en zonas próximas o ataque e evitando as arrancadas de Marcela e Bárbara que non atopaban ocos, froito da boa presión na salida por banda de Kelly, filtra o balón para que novamente María das Carisas dispare alto e forte sorprendendo a Adriana abrindo máis oco no marcador. Xa coa maioría dos cambios no campo a tónica non cambiaría, Claudia tería unha das máis claras pero era o día de Adriana que evitou que a cadete dumbriesa recollera o premio do gol. Sara Pasantes tamén toparía co muro en duas novas ocasións ante a da Pista. Ainda habería algo de emoción tras o autogol de Mai, vendo como un centro lateral sin apenas perigo acababa dando esperanzas as bravas de Muros. Pero Eva evitou calquer intento de esperanza rematando de maneira impecable un córner anticipando a toda a zaga das visitantes.

A piques de facer o quinto nunha falta lateral na que Mai en primeira instancia e Claudia no rechace non atoparon porta.
Xusta victoria local refrendando novamente o bo xogo que xa mostraran ante as líderes 7 días atrás, pero que volven a topar a nota negativa en forma de lesión dunha das pezas importantes no seu ataque como é Claudia.
Forza Claudiña! Xa queda menos”.

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Superiores a nos, sobre todo no físico. Na primeira parte dominaron claramente.1-0, 1-, nunha contra nosa e antes do final un penalti encontrá e 2-1, co que fomos o descanso. Na segunda metade saimos do descanso e xa chegaba ó 3-1 nada mais empezar, e prácticamente morreu o partido. Loitámolo moito e tivemos boa actitude pero desta non nos chegou para gañar. A seguir aprendendo e sumando”.

CF Dumbría : Lissette, Sabela, Carril, Noa, Mai, Eva, Fandi, María das Carisas, Kelly, Claudia e Yoli.
Tamén xogaron : Lissette, Serena, Sara e Lucía.

ED As Miúdas : Adriana, Uxía, Marta Verán, Bárbara, Pati, Leti, Sofía, Marina, Marta, Paula e Marcela. Tamén xogaron : Elba, Claudia, Marta, Ximena e Ana,

Goles : 1-0, María Pérez, (28´); 1-1, Sofía, (36´); 2-1, Paula Fandiño, (44´de penalti); 3-1, María Pérez, (49´); 3-2, María Rodríguez, (80´en propia porta); 4-2, Eva Lema, (81´).

Árbitro : Luis M. Insua. Non ensinou ningún cartón.

 

 

CF Mazaricos 0-8 SR Calo

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Comezamos o partido co 0-1 no primeiro minuto. A partir de aquí reaccionamos e puidemos empatar o partido por medio de Ánxela e Tamara. Ata o minuto 40 non tivemos máis ocasións en contra e foi aquí cando en 5 minutos encaixamos dous goles ao fío do descanso. Na segunda parte baixou moito o físico e elas tomaron o dominio completo do xogo. Nada que facer frente ao mellor equipo da categoría. Quedámonos coas boas sensacións da primeira“.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra
Tamén xogaron: Romay, Leire, Araceli, Buján e Saray.

Goles : Nerea, (2), Carla, (4), Montse e Aurora.

Árbitro : Alfonso Caamaño. Amonestou polas visitantes a Gabriela.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

 

-Foto Dumbría-Miúdas :  FaceBook Veteranos CF Dumbría

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies