Abarrote no Hermanas Patiño para ver o derbi da ría.
Pola parte de arriba o Muxía perde fuelle o sumar a segunda igualada consecutiva caendo a cuarta praza, superado polo SD castriz, que está a dar un gran nivel. Non fallaron nen o lider, SD San Lorenzo, nen o Corme CF, que se escapan. Por abaixo as cousas están moi aprtadas, pero porque os equipos non gañan. O colista SD Oza fixo un bo encontro contra o SD Castriz, pero voltou cas mans baleiras, e o UD Cerqueda, deu outro paso atrás. Dos da loita por non descender, só o UD Corcubión, sumou de 3, e foi ante un rival direto, o propio UD Cerqueda. Logo, nos desta loita, nen Volantes de Baño FC, nen UD Monte Louro foron quen de sumar e seguen ca auga quente as portas.
Destacar o enorme ambente no Hermanas Patiño de Camariñas, co enfrontamento dos camariñáns e muxiáns, que atrouxo a moita xente da contorna e fixo que o campo camariñan lembrase tempos de antes.
Ponteceso SD 0-3 Corme CF
Pablo Mallón, (Adestrador Ponteceso SD) :”O resultado deuse porque eles foron máis efectivos, pero paréceme abultado. Houbo ocasións para ambos, pero eles marcáronas e nós non. Eles empezaron mellor nos primeiros 15 minutos e nós non estábamos ben colocados no campo, non saimos concentrados e eles tiveron un par de ocasións moi boas. A partires dese primeiro cuarto de hora collemos a manexa do partido e comezamos a fiañar ocasións, tivemos 3 moi claras. Duas de Eloy Álvarez, un man a man que lle para moi ben o porteiro, e outro man a man de Recarey con gran parada do porteiro e logo vai o longueiro o balón. Primeira metade moi aberta, na que predominaron os ataques sobre as defensas, e ainda que non houbo ningún gol, calquera dos dous equipos puido marcar. Na segunda metade saimos mellor o campo e dominamos e metémolos máis atrás. A xogada clave foi o terceiro man a man co porteiro, e paráballa de novo a Eloy Álvarez. Na xogada seguinte eles marcan de corner direto por medio de Lucas. Eles nunha contra moi feita colléronnos as costas e fan o 0-2 e sentenzan o encontro. Logo outro corner olímpico, e acabouse o partido. Unha pena, gañou o que máis acerto tivo e fastidiados por perder o derbi, e o peor foron os lesiponados. Dani saeu lesionado e Peón ten unha posible rotura de fibras e iso é o peor do partido”.
Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) : “Bo partido que se viu no Pinguel nunha primeira métade que levamos nunha gran parte do mesmo o peso do partido, ainda que o Ponteceso intentaba crearnos perigo nas contras. Dispuxemos de moitas ocasións para poñernos por díante no luminoso, pero entre a falta de acerto noso, os paus, e as intervencións do porteiro, non fomos quen de mover o marcador. O Ponteceso tamén dispuxo de duas moi claras pero atopouse tamén cas intervencións do noso porteiro, e o longueiro. Final da primeira parte que a pesar das moitas ocasión claras terminou cun 0-0 no marcador. Segunda métade donde o rival saiu mellor, creándonos certo perigo, pero pouco a pouco volvemos a coller o mando do partido e nun saque dende o corruncho, sería Lucas quen nos poñería por díante do marcador cun gol olímpico. O Ponteceso adiantou líñas e eso deixounos máis espacios, e nunha gran xogada colectiva sería Isra quen poñeria o 0-2, que nos daba certa tranquilidade. E sen casi tempo de que poidera reaccionar o Ponteceso, de novo nun saque dende o corruncho sería Manu de cabeza quen enviaría o balón o fondo da portería. Daquí o final, fútbol control pola nosa parte, o Ponteceso seguiu intentando crearnos perigo pero sin éxito. Final do partido cun 0-3 que nos permite seguir na zona alta da clasificación”.
Goles : 0-1, Lucas, (61´); 0-2, Isra, (73´); 0-3, Manu Bermúdez, (76´).
Incidencias : Lesionáronse no Ponteceso, Dani e Peón, aos que lle desexamos unha pronta recuperación.
Só faltou o gol a cita no Hermanas Patiño.
Camariñas FC 0-0 Muxía CF
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que me lembrou aos vellos derbis. O Muxía púxonos as cousas moi complicadas, pero o equipo consigueu manter a porta a cero, que xa facía tempo que non o conseguíamos. Destacar tamén o traballo ante un dos mellores equipos da categoría que tivo algunhas ocasións para marcar gol, pero desbaratáronas antre o noso porteiro e a defensa que estiveron moi ben. En ataque costounos, tivemos menos ocasións do habitual pero en liñas xerais contento. Destacar o ambientazo no campo, dos que se vivían cando eu era máis novo e vías os campos así abarrotados, e contento ca afección dos dous equipos, cun moi bo comportamento, así da gusto“.
Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Saímos moi ben e no primeiro minuto dispuxemos de unha boa ocasión nas botas de Iago. A primeira parte foi igualada, ainda que as ocasións foron nosas, Gusa de cabeza tivo a mellor, tamen pedimos un penalti por mans que non foi sinalado. A segunda foi de dominio claro noso, o Camariñas intentaba facer dano con Mario e Yuyo, e logo Djibril. Jorge salva tres boas ocasións e Maikel Mouzo non acerta dende preto. Ata o final seguimos intentando pero sen puntería”.
Goles : 0-0
SD Castriz 2-0 SD Oza
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido moi completo do Oza a pesares de vir de pechacancelas, penso que lles saeu bastante ben o plan de partido que traían, ben repregados no campo tratando de cortar o ritmo do encontro con disputas e faltas tácticas, creo que lles saeu moi ben. Non estivemos cómodos na primeira metade, pero nunha xogada por banda cun moi bo centro de Erre rematábao Sebas a gol. Na segunda creo que xogamos mellor, co partido máis controlado e sobre todo tendo máis ocasións, pero non fomos quen de meter o 2-0 para romper o partido. O Oza colgaba balóns no área e acumulaba xente arriba e con balóns parados xeraba sensación de perigo e nervos nos nosos. Expulsáronnos a Noly e o Oza nivelou o xogo coa superioridade numérica. Logo a eles expulsáronlle a un e o nivelarse aí si que fomos moi superiores, e tivemos moitas ocasións de perigo e de gol. Sebas mandou unha o pau e outra o longueiro, ademáis dun man a man. Nos minutos finais, cáseque no 90 Adrián García facía o 2-0, cunha vaselina dende fora do área sobre o porteiro, e aí si que se acabou o partido. Deberíamos ter sentenzado o partido 10 ou 15 minutos antes, pero o Oza tamén fixo un partido completo, pero a nosa pegada fíxonos ir coa renta todo o partido“.
Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o seu comentario poñeremolo aquí”.
Goles : 1-0, Sebas, (23´ ); 2-0, Adrián García, (90´).
Incidencias : O árbitro Óscar Rey, vermello direto a Noly, (76´), polo Castriz e a Eduanys, (90´) polo Oza.
SD Coristanco 3-1 Volantes de Baño FC
Alejandro Rodríguez, “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Mala primeira parte de ambos, con nós intentando combinar pero sen profundidade agás algunha xogada individual de Joni e un Volantes que pretendía roubar en zona central e lanzar rápido. Na segunda gañamos velocidade nas combinacións, o que nos deu moita máis profundidade. Sobretodo por banda esquerda con una Gonzalo, Jonathan e Hugo que gañaban liña de fondo constantemente.
Así chegaría o primeiro, nun remate de cabeza de Villa. Cando mellor estábamos, unha falta frontal colgada envelenábase co vento e supera a Rubén por alto. Tralo 1-1, cos cambios, gañamos aínda máis peso e entre Rama e Mario fabricaron o 2° e o 3°. Dende o 75, o Volantes xa non inquedaría a nosa portería”.
Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido igualado no que saimos mellor que o rival a primeira media hora. O árbitro anulounos 2 foras de xogo moi dubidosos que deixaban man a man a Pitiso, ( nova fichaxe). Fomos con 5 baixas por lesión e enfermidade. Nos últimos 15 minutos da 1° parte o Coristanco mellora e iguala o partido. Vamos o descanso e o sair, eles saen máis enchufados e volcan o seu xogo polo seu lado esquerdo e empezan a ser superiores. Póñense por diante. Pesco iguala nunha falta dende 30 metros que o seu porteiro falla. Desde aí o partido e de idas e voltas, e marcan o 2-1 no 81 en clarísimo fora de xogo. E xa co equipo volcado en busca do empate eles marcan nunha contra. O árbitro non estivo ben. Na 1° moi correcto …na 2° moi moi mal, moi casero. Non estamos tendo sorte cos arbitraxes. O equipo reforzouse e competimos ben pero acusamos as baixas en defensa. Próxima parada Louro. E temos a necesidade de puntuar“.
Goles : 1-0, Gonzalo, (62´); 1-1, Pesco, (68´); 2-1, Adrián Rama, (80´); 3-1, Mario, (90´).
Incidencias : Encontro disputado no Platas Reinoso de Baio polas obras no A Rocheira de Coristanco, ao que antre outras cousas trocouselle o céspede.
Cabana SD 4-0 UD Monte Louro
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Tarde con vento que influiu no partido. Empezaba xogando a favor de ventó o Monte Louro que dispoñía de algunha ocasión, que non acertou a transformar, e o Cabana adiantábase cun gol en propia porta a saida dun coner. Xa no segundo tempo o Cabana foi superior e con goles de Manuel, Moreno e Castro cerrou o partido. Xogaron : Víctor (Diego), Aaron, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén (Dani), Sergio Antelo (Ismael), Diego Cacha, Moreno, Simon (Pablo) Manuel, Castro (Miguel)”.
David González, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que na primeira metade tivemos 3 ocasións moi claras para adiantarnos no partido, e nun corner a favor deles marcamos en propia meta nunha acción desafortunada. Na 2ª parte levamos 3 máis e pudieron ser máis, onde a imaxen do equipo foi moi mala. Para acabar pedirlle perdón a xente de Louro que nos ben a ver, que non merecen o que fixemos na 2ª parte”.
Goles : 1-0, Pablo Vidal, (17´ en propia porta ); 2-0, Manuel, (55´); 3-0, Diego Méndez, (57´ ); 4-0, Deigo Castro, (67´).
UD Cerqueda 2-4 UD Corcubión
Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Foi o noso peor partido desde que cheguei. Empezamos ben creando ocasións, ainda que en dous erros defensivos nosos eles tiveron dous man a man. Adiantámonos cun golazo de volea de Crístian desde a frontal, e tivemos o 2-0 noutra ocasión do mesmo xogador, pero despois empátannos nun desaxuste defensivo. Cinco minutos despois non se pita unha falta clarísima a Samuel, e fánnos o 1-2
Na 2a parte comezamos dominando e puidemos empatar, pero nun saque de porta mal executado volvemos fallar e encaixamos o 1-3. Mais ocasións claras e facemos o 2-3 nun remate de Andrés, e acto seguido nunha contra fan o definitivo 2-4. Resultado xusto porque eles as meteron e nos non, cun mal arbitraxe”.
Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido Non foi tan bonito a pedsares de ter tantos goles, si que houbo algunha parte de xogo boa. Iago a parte dos dous que meteu tivo outras tres moi boas e Lojo tamén tivo duas moi boas, ademáis dos dous goles. Tivemos erros de marca, e que temos que corrixir, se queremos gañar partidos e aspirara a algo máis. Tivemos minutos bos, con minutos de imprecisión, e en liñas xerais non teño que queixar. Na parte mala, lamentar que Iago pode ter unha costela fastidiada e Gorka un problema nun dedo“.
Goles : 1-0, Crístian, (14´); 1-1, Iago Lema, (32´); 1-2, Iago Lema, (76´); 1-3, César Lojo, (61´); 2-3, Crístian, (75´); 2-4, César Lojo, (79´).
SD San Lorenzo 3-1 CD Muros
Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi igualado na primeira parte con un Muros moi ben plantado, que nos intentaba salir a contra. Dispoñemos de unha bastante clara por medio de Iván que se marcha por pouco, e eles tamén dispoñen de unha boa contra que o que se vai fóra por pouco por medio de Xabi e con esto chegariamos ao descanso sin moverse o marcador. Na segunda parte salimos máis enchufados, e no minuto 60 marcaría Eloy de cabeza a centro de Diego en unha boa xogada combinativa. O segundo sería en unha diagonal de Lucho, que Iván colle moi ben a espalda a defensa e consigue definir moi ben para poñer o segundo no marcador. Ahí cambiaría o partido e chagaría Iván para coller a segunda xogada en un mal despexe da defensa do Muros e marcaría o terceiro. Eles non se viñeron abaixo e marcarian en un córner moi ben sacado, e ainda que o seguiron intentando non dispuxeron de ocasións moi claras e xa non se movería o marcador. Victoria moi traballada e a pensar xa no seguinte partido”.
Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Cando nos chegue o seu comentario poñeremolo aqui”.
Goles : 1-0, Eloy, (56´); 2-0, Iván Rojo, (61´); 3-0, Iván Rojo, (66´); 3-1, Miguel Gesto, (79´).
Incidencias : O árbitro José Neira, amosoulle no 50 un vermello direto ao meta dos muradáns, Xandre.
Outes FC 1-5 UC Cee
Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Plantexamos un partido sabedores do perigo que tiña o Cee nas contras, saimos ben, maniatándoos e controlando o partido, sen deixar que nos creasen perigo. A balón parado sempre tes as dúbidas de que che poidan facer gol. Faltounos efectividade no remate, temos duas ou tres claras, unha un man a man, pero nun corner marcamos en propia porta e cóstanos reaccionar a eso. A volta de vestiario buscamos o gol que nos dera o empate e que nos dera tranquilidade e ánimos para ir a pola vitoria, pero noutra a xogada desafortunada, con falta de entendemento antre o defensa e o porteiro voltamos a marcar en propia porta. Máis difícil ainda. Non obstante o equipo votoulle máis gañas e caracter e conseguimos meter o gol que nos metía no encontro, e cando estábamos buscando o gol da igualada, pero nunhas malas vixilancias, onde o equipo non estivo ben defensivamente, márcannos o terceiro e aí si que o equipo baixa un pouco os brazos e deixase ir e de aí os outros dous goles, por falta de intensidade, de presión, de querer facer un pouco máis, pero non nos dou para eso e nada, vitoria clara do Cee”.
Rafa Suàrez, (Adestrador do UC Cee) : “Fixemos un partido serio, como ao mellor facía tempo que non facíamos, moi concentrados e intensos. O resultado final ao mellor non refrexa o que se veu no campo, que ainda que sí que penso que fomos mellores, os derradeiros goles foron a contra co equipo rival un pouco volcado. Pasamos un pouquiño de apuro cando nos marcan o 1-2, estiveron achuchando pero nós estivemos sólidos non tiveron moitas ocasións moi claras e conseguimos facer o terceiro e aí acabouse o partido. destacar o bo partido de Ezequiel e Isaac e en xeral de todo o equipo, moi ben en defensa que o mellor era onde máis estábamos sufrindo e estiveron moi serios e moi comprometidos”.
Goles : 0-1, Sergio, (22´ en propia porta); 0-2, Isaac Fábregas, (42´); 1-2, David Jurado, (65´); 1-3, Isaac Fábregas, (75´); 1-4, Ezequiel, (84´); 1-5, Isaac Fábregas, (87´).
CLASIFICACIÓN
AVISO
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ
-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Foto Camariñas-Muxía : Gonzalo Lemus
-Foto San Lorenzo : piratasdemuxia
-Texto : piratasdemuxia