CRÓNICAS 19ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO SUPERA OS 50 PUNTOS E SEGUE E TEN COMO PRINCIPAL RIVAL AO BAIÑAS, CO EMPATE DO ZAS E O BUÑO E APRÉTASE A LOITA POR ENGANCHARSE A PROMOCIÓN”.

 

O CF Porteño levouse tres sufridos puntos que lle puido adicar o seu goleador, Lucas Caamaño, e supera os 50 puntos. Sufrindo tamén sumou de 3 o seu principal perseguidor, o CD Baiñas, e aprétase a loita pola promoción, tralo empate antre Sporting Zas e SCD Buño, cousa que aproveitaron Camelle, Lira e Laxe, que buscan engancharse a loita pola promoción. Por abaixo o Malpica gañou o seu primeiro encontro a costa dun Ameixenda que por segunda semana consecutiva foi xogar con 10, e o máis crudo é que para semana perde a 2 xogadores, que foron expulsados neste encontro.

 

Atlético Pereiriña FC 2-3 SD Laxe

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido no que o Atlético Pereiriña soamente estivo trinta minutos metido no partido, e foi cando peor estaba o marcador, (0-2). O primeiro tempo foi dominio do Laxe, en certa medida, permitido pola pasividade local. O 1° gol do Laxe ven dun balón parado ao borde da área, perfectamente executado polo equipo visitante. No 2° tempo, nunha das contras do Laxe conseguiron o 2° gol. Foi a raíz deste cando se viron os mellores minutos locais, acadando o empate e dispoñendo incluso de ocasións para darse outro resultado. Pero, xa cara os minutos finais volveron as dúbidas e o 3° gol do Laxe co que se remataría o partido, esta vez xa sen tempo para a reacción local”.

Lilo, (Adestrador do SD Laxe) : “Soubemos plantarlle cara a un rival que era físicamente máis forte ca nós, pero estivemos cun bloque moi ben armado atrás, moi serios e sen perder a concentración en ningún instante, e iso que fomos só con 12 por lesións e sancións, pero soubemos disputar ben o encontro, propoñendo e combinandocon posición de balón. cando Iago Torres marcou de falta o borde do área, extraordinariamente executada. Soubemos aguantar o resultado ata o descanso e nada máis comezar a segunda metade, Santi Casas fixo o segundo e no total de 7 ocasións que tivemos marcamos 3 goles. Nos ultimos 15 minutos eles tiraron de fondo de armario e nós co baixón físico, empataron e soubemos repoñernos e cun Bieito soberbio, no borde do área recibeu un pase filtrado de Santi Casas e defineu moi ben, e tivemos ocasións claras, eles chegaron pero sen definir”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (32´); 0-2, Santi Casas, (51´); 1-2, Fabián, (77´); 2-2, Fabian, (85´); 2-3, Bieito, (88´).

 

 

Xallas FC B 0-1 CF Porteño

Jorge Quintáns “Churián”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Moi bo partido dos dous equipos, igualado con ocasións claras para os dous equipos, un saque de esquiña do Porteño e gol. Nós demos un paso e apretamos antes do descanso e donde un penalti moi claro e non foi pitado. Segunda parte igual, fixemos nós 4 cambios e ir polo partido, donde eles tiveron ocasións claras para matar o partido, e ningún dos dous equipos demos metido un gol. Estamos fallando 4 ocasions claras de gol por partido. Destacar o moi bo partido dos xuvenís”.

Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) :  : “Partido aprteado como o di o resultado. Eles dioominaron nos primeiros 10 minutos e nós marcábamos por medio de Pejo de cabeza, e igualouse o partido con ocasións para os dous. Eles pediron un penalti, pero o noso porteiro dí que se tira contra él. Tiveron duas ou tres claras e nós tamén tivemos unha de Nico de empuxar, outra de Carrabete que queda só diante do porteiro. Houbo ocasións para ambos equipos pero non fomos quen de marcalas. Na segunda metade tamén tivemos outro par deles de Carrabete e eles unha de Jota de fora do ´ñarea. Partido igualado que puido acabar 2-2, 2-3, pero os dianteiros non atinaron. teres puntos máis e un encontro menos e para semana visitamos Zas”.

Goles : 0-1, Pejo, (11´).

 

 

CD Baiñas 1-0 Sporting Seaia CF

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido moi igualado donde o Seáia intentou xogar desde o saque de meta, pero coa presión nosa acabamos os dous equipos sin correr riscos, e coas defensas impoñéndose os ataques. Quedamos con 10 faltando 15 minutos pero non nos viñemos atrás, seguimos coa presión e intentado ir a polo partido. O final no minuto 90 escapa Ruli e consigue un tanto moi importante, que nos da tres puntos moi bos. Xa avisara o propio Ruli uns instantes antes, nunha boa xogada na que Esteban centra e Ruli non consigue rematar ben. Para o meu gusto un empate ben podería darse, pero este Baiñas non se rinde e sempre busca a vitoria na casa. Xogharon Joel, Carlos, Borja, Samuel, Raúl, Cristian Canosa, Maikol, Hermida, Dylan, Esteban e Aníbal. Tamen xogharon Ruli e Christian Rodríguez”.

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) :“Na miña opinión foi un partido moi igualado, no que puido caer o resultado para calquera dos dous equipos. A primeira metade foi controlada con nós, sen pasar apuros e sen conceder ocasións e tivemos as máis calars, duas ou tres, e deberíamos ir o descanso por diante. Na segunda nos primeiros minutos seguiu todo moi igualado e a partires da hora de xogo máis ou menos, comezamos a descontrolarnos un pouco e a pesres de que queda cun menos o Baiñas, non soubemos xestionar ese intre e eles fóronse a polo partido e tiveron duas ou tres moi claras, pero tampouco soubo finalizar e practicamente co partido terminado, nunha xogada plántanse sós diante do noso porteiro e definen ben. O máis xusto para min sería o empate. A primeira máis nosa e a segunda para eles. O que menos errores cometese ía levarse o partido e ese foi o Baiñas e levouse o partido”.

Goles : 1-0, Ruli, (90´).

Incidencias : O colexiado Alfonso Caamaño, expulsou con dobre cartón a Esteban Canosa do Baiñas (76´e 76´).

 

O Lira levouse os 3 puntos no Lombáns.

 CF Lira 2-0 CF Castrelo

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) :“Fixemos un partido completo, na liña que levamos últimamente. Moi fiables defensivamente, ben organizados, contundentes e sin conceder ocasións ó rival. Fomos ó descanso con empate a 0 sin que o Castrelo nos xerase nada, e nós nun par de chegadas puidemonos adiantar, ainda que tampouco tivemos moitas ocasións. Na segunda puxémonos por diante nun córner por medio de Cartamil, e sentenciamos por mediación de Pablo. O equipo sigue crecendo, sigue mellorando a base de non dar facilidades na nosa área”.

 José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido moi igualado sin apenas ocasións para os dous equipos. Chegouse o descanso co 0-0, e víase que o partido íao levar o que menos erros cometese. E así foi, marcou o Lira de corner o 1-0 e sentencióu nos últimos minutos cando buscábamos o empate, cun gol en claro fora de xogo“.

Goles : 1-0, Cartamil, (53´), 2-0, Pablo Leis, (87´).

Incidencias : Tivo que abandoar o terreo de xogo O xogador do CF Lira, Saúl, que sufríu unha lesión nunha boneca e foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario. Pensouse que a cousa era moito máis gave do que o final foi, e quedouse o susto nunha escordadura e fisura. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

 

SCD Malpica 2-0 SD Ameixenda

  Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Nos primeiros minutos do partido, paradón do porteiro a un testarazo de Simón que ía a gol. Varias oportunidades nos primeiros minutos que non conseguimos meter, e a partires de aí un exceso de confianza fainos andar intentando cada un a guerra polo seu lado, pero o gol non chegaría ata unha falta que lanza Simón forte o lado do porteiro e entra. Na segunda parte co vento a favor varias ocasións que finalizamos mal, e outras que parou o porteiro. Expunsan a Baye e 10 para 10, eles intentano máis. Nun erro defensivo que lle pasan o porteiro e collea, sendo cesion, sacamos rápido e gol de Kevin. Tivemos varios man a man de Lou que falla ou acerta o porteiro”.

Fernando Domínguez, (delegado do SD Ameixenda) : “Por segunda vez o Ameixenda sae a xogar un partido con tan só 10 xogadores, e algún deses dez xogou con molestias. Ainda así o equipo non pasaba grandes apuros e o partido era bastante igualado, ata que un fallo na colocación da barreira permitíalle a Simón facer o 1-0 de falta direta no m.36. No segundo tempo podía esperarse unha maior presión do Malpica por ter o nordés a favor pero ca expulsión de Baye Amar no m.55 o Ameixenda dou un pasiño adiante ainda que tampouco facía moito perigo. Tan so nos últimos minutos, logo das expulsións de Evaristo e Lagoa no m.80, logrou o cadro malpicán cerrar o partido por medio de Kevin no m.86. Xogaron polo Ameixenda: Costa, Evaristo, Chapu, Bichinho, Fabián, Dani, Juan Lagoa, Torices, Pikita e Pablo.”.

Goles : 1-0, Simón, (35´), 2-0, Kevin, (86´).

Incidencias : O colexiado Lucas rey, expulsou con cartón vermello direto a Baye, (56´) polo Malpica e a Lagoa, (27´e 82´), e Evaristo, (82´e 82´), con dobre cartón ambos, polo Ameixenda. 

 

 

Sporting Zas 2-2 SCD Buño

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido moi disputado no que fixemos un moi bo traballo durante os 90 minutos. Logramos defender moi ben e facer que o Buño nos creara poucas oportunidades. Fómonos o descanso con 0-0, e na segunda parte foi chegando o cansacio, e abríndose algo máis o encontro. Nada máis sair do descanso o Buño logrou os dous goles, con dous disparos dende fora do área. A pesar dos golpes dos goles o equipo seguiu competindo e peleando ata o final podendo asi conseguir o empate“.

José Antonio Carabel, (Adestrador do SDC Buño) : “Saída complicada para nós, nun partido no que na primeira metade fomos superados polo Zas, a pesar de que nos tivemos a ocasión máis clara dese primeiro periodo, qué falla Eloy no man a man con Pereiras. A partir de aí monólogo do Zas, facendo moito dano sobre todo con Andrés e Álvaro Fariña, que tiveron varias ocasións para adiantar os zacenses no marcador. Tralo paso polos vestiarios, empezamos a dominar o partido e os 20-25 minutos do inicio da segunda metade. Poñíamonos por diante nun golpeo de media distancia de Breogán, e pouco despois nunha xogada persoal de Eloy facíamos o 0-2. A partires de aí o Zas botousenos enriba. Nunha mala saida de Xurxo e con indecisión da defensa, Álvaro Fariña marca o 1-2 e a poucos minutos do final, en claro fora de xogo, Ánxo anota o 2-2 final“.

Goles : 0-1, Breogán, (51´), 0-2, Eloy, (58´); 1-2, Álvaro Fariña, (76´); 2-2, Ánxo, (87´).

 

-Xogado o sábado-

 

Once do Camelle ante o Nantón.

 

SD Camelle 2-1 CD Nantón

Na tarde deste sábado xogábase no Rodeiro, ca arbitraxe de Pablo Rama, (non amosu ningún cartón), o único encontro adiantado a xornada sabatina do fútbol da costa senior masculino. 

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado, que non destacaría polo xogo, nin por ocasións claras. Primeira parte igualada na que os dous equipos abusamos do xogo en longo, poñeríamonos por diante cun gol de Chori, o coller un balon morto dentro da área que tira e marcaría gol. Empatarían eles cun balón en longo que bota dentro da área, e entre o sol e o mal bote, David non atina a coller o balón e cólaselle por enriba. A segunda parte empezaría igual, con balóns en largo, creo fomos un pouquiño superiores en ocasións claras. Marcaríamos o segundo cun contraataque levado por Mariño, Adrián e Marcote, este último mandaríalle un balón a Mariño aberto en banda, este mandaríao en longo a Adrián, que recortaba o defensa deles, e o rexeite colleríao Marcotinho dende fora da área e marcaba o gol. Para min dubidoso por fora de xogo posicional de Adrián, pero desta vez non o pitou. Apretarían eles contra o final. Destacar un man a man de Adrián que pararía o porteiro. O xusto seria un empate”.

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Primeira parte na que non hai un dominador claro, e na que hai moito xogo direto. Adiantase o Camelle nun bo gol despois dun rexeite por parte da nosa defensa. Intentamos igualar o partido e nunha falta lonxana colgada a área o seu porteiro, posiblemente cegado polo sol, cólaselle o balón na súa portería despois de botar na área pequena. Xa na segunda parte ambos equipos intentamos xogar algo máis o balón e dispoñemos de ocasións para adiantarnos, tanto nós como eles, pero quen o consegíu foi o Camelle, mediada esta segunda metade, nun despexe do noso defensa que o dianteiro deles engancha o rerexeite fora da área e bate por raso o noso porteiro. Este queixaríase o árbitro, xa que no disparo un xogador deles en fora de xogo abre as pernas, cousa que o despista pero o árbitro entendeu que non interfería na visión, así que considero que non hai nada que protestar, xa que e unha acción complicada de arbitrar”.

 

SD Camelle : David Caamaño, Santi “Maka”, Esteban Lado, Diego “Chori”, Carlos de Dido. Domingo, Piquero, Adrián Pasantes, David Vázquez, Marce “Markotiño” e Rodri “Crejo”. Tamén xogaron : Juan, Rubén e Ruso.

CD Nantón : Guille, Fran Gavín, Xoel, Mikael, Martín, Tato, Javier Muiño, Pastoriza, Fachal, Carlos Vidal e Fuentes. Tamén xogaron : Fariña, Ánxo e Crístian.

Goles : 1-0, Chori, (21´); 1-1, Fran Gavín, (32´); 2-1, Markotiño, (68´).

 

CLASIFICACIÓN

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

AVISO

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

-Foto Lira-Castrelo : CF Lira

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia