CRÓNICAS 19ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “O DUMBRÍA LÉVASE O DERBI ANTE O MAZARICOS, IMPORTANTE VITORIA DO ESTEIRANA E XALLAS, EMPATE DO SONEIRA E DERROTA DO BAIO”.

 

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.

 

Cordeiro CF 1-1 Soneira SD

Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Un partido no que 11×11 fomos moi superiores ao Cordeiro. Apenas nos xeraron ocasións en todo o encontro nin cando quedamos con 10 homes. O equipo chegaba moi mermado ante un dos mellores equipos e un dos campos máis complicados da categoría e soupo competir contra tódalas adversidades. Tivemos o control do xogo , a posesión na maior parte do encontro e o que é mais importante, as ocasións. O Cordeiro apenas nos inquedou e só consegui o gol tras un disparo rechazado nun defensa que desvía a traxectoria”.

Goles : 1-0, Adrián Falcón, (15´); 1-1, Javi Souto, (35´).

Incidencias : O colexiado Darío Rodríguez expulsou con dobre cartón ao xogador do Soneira, Álex Figueiras, (62´e 68´).

 

SR Calo 0-3 Xallas FC

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que tivemos controlado e creamos moitas ocasións de gol.
O unico momento de dúbida puido ser o penalti para o Calo xusto antes do descanso que se podían poñer 1-2.
Co 0-2 o descanso, e co xogo que estabamos xerando, o único foi non meter o terceiro gol antes, porque tivemos ocasions para eso”

Goles : 0-1, Esteban Capelo, (8´); 0-2, Esteban Capelo, (30´); 0-3, Stefan, (87´).

Incidencias : O colexiado Rubén Rodríguez expulsou con vermello direto no 30 o delegado do Calo, Gorja Otero e o responsable do material, Martín Rodríguez.

 

 

CF Mazaricos 0-2 CF Dumbría 

Óscar “Mingui!, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que comezou igualado cunha ocasión para cada bando, a nosa nun corner que rematou Borja e foi fora por moi pouco, e despois encaixamos o primeiro gol nunha boa xogada do Dumbría, e a partires de aí e ata o descanso o equipo dumbriés foi moi superior, creando duas moi boas ocasións de gol, e marcando o segundo, co que nos fomos a vestiarios. Na segunda metade tentamos cambiar posicionamento  e sistema, melloramos bastante e tivo Kevin nada máis reiniciarse o xogo, un man a man que tapou moi ben Diego. Fixémonos co dominio, e eles tiveron unha moi clara nun corner rematado o longueiro. Nos tivemos algún achegamento por parte de Molinos e Marquiños, e contra o final un balón que lle quedou a Pose, tras un saque de curruncho, pero non houbo acerto. Quedarnos coa boa segunda parte que fixemos e a seguir que isto é moi longo”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Baba, (25´); 0-2, Diego estévez, (29´).

 

CD Lalín 3-2 CD Baio

A pesares de que os lalineses se poñían antes do descanso 2-0, o Baio reaccionou na segunda metade, marcou o 2-1, para meterse de cheo no encontro e a pesares de encaixar o terceiro, sempre buscaron o rival. Co 3-2 abreuse o encontro no treito final, e creou incertidume ata o pitido final.

Goles : 1-0, Brais, (11´); 2-0, Brais, (35´); 2-1, Bieito, (49´); 3-1, Viñariño, (59´); 3-2, Iván, (80´).

 

SCDR Esteirana 2-1 SD Cruces

Importante vitoria dos das Salinas que se poñía pronto por diante no marcador, pero pouco duraba a ledicia, pois logo emparaban os visitantes. Elias Ruso fixo saltar a ledicia no Xosé Luis Vara no tempo de desconto, cando marcaba o gol da vitoria.

Goles : 1-0, Tobío, (13´); 1-1, Xabier, (24´); 2-1, Elías Ruso, (Desconto). 

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Negreira 3-0 CF Vista Alegre

Cidade de Ribeira CF 5-1 SD Tordoia

CF Silleda 1-1 SD Agolada 

Flavia SD 1-1 Puebla FC

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia