CRÓNICAS 19ª XDA DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA CASTRÍZ E MAZARICOS VANSE E POR ABAIXO AS COUSAS COMPLÍCANSE PARA OS DO DESCENSO DIRETO E OS POSTOS DE ARRASTRES”.

 

O Muxía con moitas baixas non pasou do empate na Arliña ante o Cabana o que fai que o lider Castriz, (47 puntos), e o Mazaricos, segundo, (41), se escapen. Os muxiáns suman na terceira praza 39 puntos e acércase a 3 puntos o Porteño tras derrotar con moitos apuros o Baiñas. Esto na loita polas duas primeiras prazas, na que pode entrar o Outes que suma 33 puntos tras derrotar o Camariñas. Por detrás dos outeses o Corme que caía goleado en Cee, que lle saben a groria estes 3 puntos na loita por escapar dos postos de arrastre nos que está agora con 23 puntos e no caso de que houbese dous, pero coa cousa moi igualada por enriba deles, xa que o Monte Louro que derrotaba o sábado o Camelle suma os mesmos 23 puntos cos ceenses e está por enriba por golaveraxe e o Cabana suma un punto máis ca eles, (24), tralo brilante empate en Muxía, e a dous dos cabaneses o Coristanco, que empataba o sábado co Ponteceso, tal como xa vos contamos.

Por abaixo o colista Baiñas fixo suar o Porteño para ser dobregado, pero segue sen síntomas de resurrección, ao igual co Camelle, (penúltimo). Na praza que marca o descenso direto o Volantes caeu ante o Mazaricos nun encontro que lle puxo as cousas moi difíciles o segundo. Son os de Baño os que están a dar mellores sensacións dos 3 do descenso direto con 11 puntos a 4 do Muros que caía na casa do lider, Castriz, e que está en posto de máis ca posible arrastre, e moi lonxe de Cee, e Monte Louro.

 

Seguimos a espera de que nos arranxen os problemas que temos co editor para traervos de novo as crónicas coma acotío.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”