CRÓNICAS 19ª Xda 3ª DIVISIÓN NORTE : “O BERGAN A UN PUNTO DO TÍTULO; DERROTAS DE FISTERRA E FABRIL E VITORIA DO SILVA NO DERBI CO PAIOSACO”.

O Bergantiños a un punto do título tras derrotar ao Estudiantil.

 

Bergantiños CF 2-0 Agrupación Estufiantil

Trunfo incontestable do equipo carballés que co empate do Somozas ante o Arzúa, (1-1), queda a 1 punto de proclamarse campión de liga. Un punto que poderá acadar no Arasolis a vindeira semana ante o Fisterra no derbi da costa.

Os de José Luis Lemos foron superiores de principio a fin e puideron acadar máis goles, pero unhas veces os erros na definición e outras o meta visitante, coñecido da casa. Chistopher defendeu a meta santiaguesa, xogador de carballés e de pasado bergantiñista.

Duque pasada a media hora de xogo facía o 1-0, tras desperdiciar numerosas chegadas e remates perigosos, cos santiagueses a defenderse, e cun home menos dende o minto 29 por expulsión de Antón Vilas con vermello direto. Nada máis comezar a segunda metade éralle anulado un gol a Carlos, que se resarcía pouco despois para facer o segundo e ter un choque pracenteiro, no que puido haber máis goles. Tamén sería expulsado con vermello direto o adestrador visitante Gelucho, pasada a hora de xogo.

Bergantiños: Brais; Vela, Aarón, Abel, Iago, Cano (Diego, min. 68), Carlos (Martín, min. 84, Duque (Tarí, min. 81), Remeseiro (Uzal, min. 81), Concheiro y Lamelas (Yelco, min. 46).

 Agrupación Estudiantil : Christopher; Catu, Diego (Rubén Márquez, min. 81), Manu Rodríguez, Emilio (Moreira, min. 69), Nando, Suso, Chiño (Sebas, min. 69), Diego Iglesias (Bugallo, min 61), Antón Vilas y Salgado.

Goles: 1-0, Duque, (33´); 2-0, Carlos, (58´).

 

CD As Pontes 3-2 SD Fisterra

Non puido celebrar cunha vitoria Ángel López a sua volta o banquillo do equipo fisterrán e él mesmo nos conta a sua visión do encontro ante os vilalbeses :

“Perdemos, un partido que o noso equipo tiña moitas esperanzas de sumar 3 puntos. Os erros defensivos penalizaron un partido que dominamos casi todo, co As Pontes, pechado atrás e saindo a contra. O gol da primeira parte foi de un disparo desde o borde do área, por medio de Mitogo, que non fumos capaces de impedir, cando o noso equipo estaba dominando claramente o xogo. As sensacións eran boas, e seguimos dominando a primeira parte. Con ocasións de Juan de Dora, Julián e Cespón. Na segunda parte, nada máis sair, un erro da defensa facilitou o gol de Pardo. Puxenos o 2-1 de penalti que lle fixeron a Juan de Dora e marcou Eloy. O 3-1 foi outro erro defensivo craro, e chegou o 3-2 de novo de penalti. Os últimos 20 minutos foron de acoso a portería contraria. con ocasións de Makay, Herbert e Álex, pero o resultado non se movería. Non estivemos finos atrás, e non finalizamos ben os noso ataques.
Seguir pelexando, non queda outra, a ver si recuperamos xente. A pensar no Silva o mércores”.

SD Fisterra : Bouzón; Bilal, Pablo Vigo, Caridad (Herbert, min. 37), Aarón López, Jose Marcote, Cespón, Aarón Fernández (Nathaniel, min. 17), Álex Ramos, Eloy (Lobelos, min. 56) e Capelo (Juan de Dora, min. 56).

Racing Vilalbés : Rumbo; Diego López, Buyo, Verez, Muíña, Jose Varela, Make, Cuadrado (Aitor García, min. 89), Dani Pedrosa (Marino, min. 75), Santi (Anxo González, min. 83) e Bruno Caballero.

Gol : 0-1, min. 5: Muíña.

 

 

SD Silva 2-1 UD Paiosaco

Remontada do Silva ante un Paiosaco que se adiantaba no ecuador da primeira metade con gol de Otero, pero veu como o fío do descanso Savid Prieto facía o gol da igualada de libre direto o borde do área. Nada máis comezar a  segunda metade, e de novo a balón parado os silvistas facían o definitivo 2-1, por medio de Ballesteros. Puido empatar o equipo de Peisaco, pero a falla de definición evitou unha igualada que mereceron.

SD Silva : Ríos, Xusto, Fiuza, Paulo (Javi Ballesteros, min.45), Garda (Geri, min.81), Rafita Kun Chino (Souto, min.60), Parafita, Manuel Orosa (Callón, min.38), Prieto, Antonio López e Fabio (Cata, min.81)

UD Paiosaco:  Rama, Gamallo, Ventola (Eiroa, min. 59), Edu Días, Juanma, Iván Amor (Litos, min. 75), Otero, Moure, Verdejo (Casariego, min. 59), Tani (Sayés, min 52) e Agulló, (Ricardo, min. 75).

 Gol : 0-1, Otero, (20´); 1-1, Prieto, (41´); 2-1, Ballesteros, (47´).

 

Polvorín FC 3-1 Fabril

O Fabril caeu derrotado na súa visita a un Polvorín FC (3-1) superior aos branquiazuis nesta ocasión. O xuvenil Jairo anotou o único tanto fabrilista que supuña a provisional igualada a un gol. Logo, os lucenses puxeron terra polo medio no marcador grazas ao seu mellor xogo.

Polvorín: Julen, Asier, Martín, Torrado, m.85, Vidal, Jesús, Morais, Marcos, Fidalgo, m.70, Manu, Escobar, Cristian, m.79, Quindimil, Iago Novo.

Fabril : Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Guille Bueno, Javi Sanmartín, Jairo, Yeremay, Javi Sánchez, Adri Castro e Boedo. Tamén xogaron: Pescador, Sarmiento, Guedes e Álex.

 Gol : 1-0, Morais, (20´); 1-1, Jairo, (25´); 2-1, Morais, (39´); 3-1, Crístian, (85´).

 

RESULTADOS 19ª XORNADA

Bergantiños CF 2-0 Agrupación Estudiantil

CD As Pontes 3-2 SD Fisterra

SD Silva 2-1 UD Paiosaco  

Polvorín FC 3-1 Fabril

Racing Vilalbés 1-0 Viveiro CF  

CSD Arzúa 1-1 UD Somozas

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies