CRÓNICAS 19ª Xda 1ª GALICIA G2 : “XORNADA NEFASTA PARA BAIO, MAZARICOS, SONEIRA E VOLANTES…BOA PARA DUMBRÍA E TORDOIA”.

1ª GALICIA G2

-17ª Xornada-

(Equipos “Zona Pirata”)

CF Mazaricos 0-2 SD Negreira 

Volantes de Baño CF 1-3 SD Esclavitude 

CF Dumbría 3-0 SD Soneira 

CD Baio 0-3 SD Tordoia 

 

COMENTARIO

Nefasta xornada para a maioría dos equipo costeiros, nunha xornada na que tivemos derbis. Un da costa, como o CF Dumbría-SD Soneira, na que os dumbrieses sorprenderon aos vimianceses goleando nun Municipal do Conco ateigado de afeccionados de ambos equipos e do fútbol costeiro, e véndose beneficiados pola expulsión de David Agra nos soneiristas, con 40 minutos por diante de partido e cun tanto en propia porta 3 minutos despois da expulsión, o que supoñía o 2-0. Vitoria sen paliativos dos dumbrieses que se poñen a 2 puntos dos vimianceses que continúan na segunda praza a 3 puntos do actual lider SD O Pino, que non pasaba do empate ante o CD Lalín, (0-0). Os dumbrieses están agora a 5 puntos do lider. Tamén houbo outro derbi pero neste caso de proximidade. O CD Baio caía ante o SD Tordoia do adestrador buñés, Dani Calvete, (0-3), que fai que estes superen aos de Baio na clasificación.

Por abaixo o Volantes de Baño CF séguelle a faltar atención en certos intres do encontro e sufrían unha derrota máis abultada do que se veu no terreo de xogo ante o Esclavitude SD. Pola sua banda o CF Mazaricos, caía no que podemos considerar outro derbi, ante un equipo coma o SD Negreira, (0-2), que atrás concede moi pouco e sabe aporveitar as que ten. 

 

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

O Mazaricos veuse sorprendido por un Negreira moi ordeado.

 

CF Mazaricos 0-2 SD Negreira

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) :Saimos buscando facer presión, cun posicionamiento plegado nun 4-4-2 pero o forte vento condicionou o partido. Na 1ª metade o Negreira co vento a favor xogando con golpeos dende atrás, buscando os dous puntas, meteunos atrás e creou perigr e chegadas con segundos balóns e marcan nun saque de curruncho no desconto desta primeira metade. Na segunda metade damos un tímido paso adiante pero non tivemos a profundidade suficiente para crear perigo. O ir por detrás no marcador vamos con todo o ataque e nunha contra cóllennos, e o árbitro pita un dubidoso penalti que sentencia o partido“.

 

CF Mazaricos : Ángel, Mario, Pose, Cutu, Maroñas, Joseph, Ricardo, Kevin, Yago, FANO e Piqui. Tamén xogaron : Adrián, Barbeira, Raúl, e Manuel.

 

Goles : 0-1, Jorge, (45´); 0-2, Rubén, (88´ de penalti).

Incidencias : O árbitro, Eloy Galán que estivo asistido por Samuel Pardo e Jorge Escribano, expulsou con dobre cartón ao xogador do CF Mazaricos, Cutu, (70´e 78´). Foi baixa de última hora o meta mazariquense Fedello por mor dunha gastroenterite.

 

 

CF Dumbría 3-0 SD Soneira 

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A primeira parte foi bastante igualada. A lesión de Matías no minuto 3 trastocábanos un pouco o plan, pero 5 minutos despois Marcote, que entrara Matías no campo facía o primeiro gol. A partir de aí o dominio era bastante alterno, ainda que tiñamos o vento en contra e permitía que o Soneira nos tivese máis atrás do que queríamos,e cando tiñamos o balón tiñamos moitos metros que recorrer. Na segunda metade saímos moito máis dominadores e en campo contrario, e froito deso chegou a expulsión de Agra ao derribar a Marcote cando quedaba só ante o porteiro. 3 minutos despois nunha falta lateral de Diego Cespón, Richi marca en propia porta. A partires de ahí, fomos dominadores do partido ata o final, e puidemos facer o terceiro no 75 por medio de Darío”.

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “A primeira metade foi de claro dominio visitante. Ainda así,na primeira chegada, o Dumbría tras un mal rexeite consegue poñerse por diante. O Soneira non se descompuxo e tivo ocasións suficientes por medio de Richi,Rober, Leilán,Javi ou Diego Lois para darlle a volta ó marcador pero faltounos eficacia na finalización. No comezo da segunda metade o partido troca ca expulsión de Agra e o conseguinte gol de Richi en propia meta. Co 2-0 as contras do Dumbría foron constantes ata o final, e co 3-0 xa sentenciaron o choque”.

Goles : 1-0, Marcote, (8´); 2-0, Ricardo, (57´ en propia porta); 3-0, Darío Capelo, (73´).

Incidencias : O árbitro, Denís Añón que estivo asistido por Edgar Soto e José Neira, expulsou con vermello direto ao xogador do SD Soneira, David Agra, (54´). Lesionáronse polo CF Dumbría, Matías con problemas musculares e Pablo Paz cunha escordadura de nocello.

 

 

Volantes de Baño 1-3 Esclavitude SD

José Manuel “Sil” (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Partido moi disputado. No que creo que entramos ben, tendo varias aproximacións con perigo. Pero como ven sendo habitual, practicamente sin que nos chegaran a área encontrámonos cun 0-3 en contra en 15 minutos. Primeiro un penalti por mans de Rubén, a saida dun corner. Despois un despexe dun central deles desde o seu campo que entra na portería. E o terceiro naceu dunha contra que nos colle desorganizados. A partires de aí intentámolo, tivemos algunha ocasión, pero xa era moi difícil e máis ante un rival que é dos menos goleados da categoría, e como se poñan por diante compiten ben. Vámonos ca sensación outra vez máis, de que sin que nos fixeran nin unha soa situación de gol, encaixamos 3”.

Volantes de Baño CF : David, Charles, Alejandro, Rubén, Jesús, Juan “Rachón”, Ángel “Pesco”, Berto, Kevin, Óliver e Roberto Amoedo. Tamén xogaron : Ángel Sestayo, Abel e Xián.

Goles : 0-1, Ángel “Pesco”, (5´); 1-1, Pablo, (23´); 1-2, Berto, (40´); 1-3, Kevin, (45´).

Incidencias : O árbitro, Marcos Bravo que estivo asistido nas bandas por Diego García e Claudio Castro, expulsou con vermello direto ao 2º adestrador do Volantes de Baño CF, Gabriel Lago, (78´).

 

 

CD Baio 0-3 SD Tordoia

Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aqui.

Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Fixemos un moi bo partido a nivel defensivo, e apenas concedemos ocasións o Baio. Denis foi o home do partido, e se fabricou os dous primeiros goles superando en velocidade a defensa local. E filtrou un pase precioso para que Maki sentenciara. Faltounos ter máis tranquilidade co balón cando o marcador estaba a favor, pero fixemos un partido moi completo, polo que estou moi contento da forma de competir do equipo”.

 

Goles : 0-1, Denís, (21´); 0-2, Denís, (39´); 0-3, Iván Noya, (73´).

Incidencias : Trío arbitral da costa con David Bravo como áribtro principal e que estivo asistido nas bandas por Carlos Señarís e Sebastián Rellán. Amonestaron polos baieses a Norberto, (42´) e Iván, (75´) e polos tordoieses a Rubén, (40´), e José A. (61´).

 

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 2º con 36 puntos

CF Dumbría : 4º con 34 puntos

SD Todoia : 9º con 28

CD Baio : 10º con 25 puntos

CF Mazaricos : 12º con 24 puntos

Volantes de Baño CF : 16º con 16 puntos.

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies