CRÓNICAS 18ª XORNADA PREFERENTE NORTE : “O SOFÁN CAE DOUS MESES DESPOIS DE QUE O FIXERA POR ÚLTIMA VEZ, E O FISTERRA EMPATA UN MES DESPOIS DA ÚLTIMA VEZ SEN PERDER”.

PREFERENTE NORTE

-18ª Xornada-

Makaay de penalti facía o gol do empate para o Fisterra.

 

SD Fisterra 2-2 Atl. Coruña Montañeros

Machada dos fisterráns ante un dos da parte de arriba, que ademáis se poñía cun craro 0-2 aos 24 minutos de xogo, con goles de Diego, (3´), e Álex Sánchez, (24´), resultado co que se ía ao descanso. Todo apuntaba a unha nova goleada no Arasolis, pero aguantaron os de Calipo, (que era expulsado antes do descanso, xunto co seu delegado do equipo), a segunda metade, e acurtaban distanzas no 74 por medio de Guille Lago. Este gol deulles forzas aos fisterráns, e no 81 tiñan un penalti a favor que transformaba Adrián “Makaay”, para facer un punto, quinto no que vai de tempada, e sumar unha semana sen perder. O gran protagonista do encontro foi o meta Diego Cotelo, que a falla de 2 minutos para o final paraba un penalti. Seguen colistas os de Fisterra, pero agora a un punto do CF Portomarín, nestes intres e a 11 e 12 puntos do antepenúltimo, ambos equipos só unha miragre os podería salvar, pero as miragres existen.

 

SD Sofán 2-4 SD Dubra

Primeira derrota do SD Sofán neste 2023, e despois de 6 vitorias consecutivas e 2 empates. Podían os sofanistas superar aos dubreses na clasificación que chegaban ao Carral cun punto máis, e seguir na loita por colarse na promoción, pero esta derrota supuxo un paso atrás, e caen a 12ª posición, sendo superados por golaveraxe polo San Tirso e o SD O Pino cun punto máis cos sofanistas. O choque foi de poder a poder, e rompíase con dous penaltis, un para cada equipo. No primeiro Álvaro adiantaba aos dubreses, (28´), e Jacobo empataba para os sofanistas, (31´). Antes do descanso os visitantes voltaban a poñerse por diante, por medio de Cea, (43´), pero este gol non afectaba aos locais, que a volta de vestiarios empataban na primeira que tiñan, Taibo era o artífice da igualada, (46´). Si lles afectou o gol no 66 de Martín, pois na procura do empate, caía o definitivo 2-4, pouco despois, (74´).

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia