2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3
O Cerqueda segue a petar na porta da promoción.
Xallas FC 2-0 Praiña Sporting Club
Encontro que quedou solventado en favor das xalleiras na primeira media hora de xogo. Yolanda aos 5 minutos de encontro xa poñía en vantaxe as xalleiras, que por medio de Michelle facían o segundo, que a postre sería o definitivo.
O vindeiro Domingo 20 de Marzal xógase a 19ª xornada, cando o Xallas FC visitará o “Sampaio de Refoxos” no derbi costeiro ante o UC Cee. As xalleiras suman 19 puntos e afianzan a 7ª praza.
ED As Miúdas 1-2 UC Cee
Plantoulle cara o equippo muradán ao ceense, a pesares de chegar escasas de xogadoras con 13 na conviocatoria. As de Cee parecían deixar resolto o encontro na primeira metade con goles de Minerva, (38´) e Andrea, (40´), pero un gol na segunda metade das muradanas, obra de Patri, aos 56 minutos de xogo, deulle emoción o choque ata o pitido final.
O vindeiro Domingo 20 de Marzal xógase a 19ª xornada, cando o UC Cee recibirá ao Xallas FC no “Sampaio de Refoxos“, no derbi costeiro. Con este trunfo as ceenses teñen asegurada a segunda praza con 40 puntos, a 4 do lider CF Noia e 7 por enriba do SR Calo e Cacheiras SD. Pola sua banda as muradanas continuan na penúltima praza con 5 por enriba do colista Amio SD.
UD Cerqueda 2-0 Cacheiras SD
Trunfo para seguir soñando para as cerquedenses, a falla de 4 xornadas para o final da liga regular, ante un rival direto pola promoción. Isabela no 50 e Paula no 85 certificaban o trunfo, para seguir presionando a Cacheiras e Calo.
O vindeiro Domingo 20 de Marzal xógase a 19ª xornada, cando o UD Cerqueda visitará o “Anexo do Julio Mato” de Noia, para enfrontarse ao lider CF Noia. Con esta vitoria as cerquedenses continúan na 5ª praza, a 2 puntos do Cacheiras SD e Calo SR, que ocupan a 3ª e 4ª praza da promoción.
OUTROS RESULTADOS
SR Calo 6-0 Amio SD
Victoria FC “C” 1-5 CF Noia
Descansou : CD Unión.
-Fotos : UD Cerqueda
-Texto : piratasdemuxia