Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.
SD Soneira 5-0 CF Silleda
Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Foi un partido con pouco ritmo e intensidade. Na primeira metade o Silleda intentou levar a iniciativa pero os goles foron nosos(Javi e Pichi). Co 1-0 Javi parou un penalti. Na segunda metade tivemos xa máis control do xogo e os goles foron caendo(Alemán,Maki e Javi). Houbo máis ocasións claras de Javi, Fabián ou Maki”.
Goles : 1-0, Javi Souto, (12´); 2-0, Adrián Lema, (37´); 3-0, José A. Gesto, (61´); 4-0, Iván Noya, (82´); 5-0, Javi Souto, (desconto).
Xallas FC 4-1 SCDR Esteirana
Encontro desgraciado na primeira metade para os esteiráns que vían como se adiantaban os xalleiros aos poucos do inicio, cun tanto do xove, Carlos Riero, e como abrían terra de por medio a media hora de xogo, cun gol en propia porta de Damián. Elías Ruso, pouco despois facía o 2-1, co que se ía o descanso. Xa na segunda metade, e cos esteiráns buscando algunha rendixa para igualar, chgaba o segundo de Carlos Riero, antes da hiora de xogo, e un penalti que transformaba Esteban Capelo, acababa co encontro.
Goles : 1-0, Carlos Rieiro, (9´); 2-0, Damián, (30´ en propia porta); 2-1, Elías Ruso, (38´); 3-1, Carlos Rieiro, (57´); 5-0, Esteban Capelo, (73´de penalti).
CF Dumbría 1-2 SR Calo
Era un encontro para dar un golpe enriba da mesa. Un choque antre dous equipos que aspiran a todo, pero dous penaltis decidiron a contenda. Adiantáronse os dumbrieses por medio de Xabier na primeira metade, (21´), e xa na segunda, primeiro un penalti aos 67 minutos de xogo, e outro no 80, ambos materializados por Adri García, dábanlle os 3 puntos aos visitantes, e tioraban por terra todo o traballo dos de Dumbría.
CD Baio 2-3 SD Negreira
Fixo o máis difícil o equipo baiés ante un dos cocos da liga. Púxose por diante e cun esperanzador 2-0, con goles de Norberto, (13´), e Pazos, (30´), pero pouco despois, antes do descanso, Joel, (32´), facía o 2-1, e no primeiro achegamento na segunda, Miguel Gómez, (48´), acadaba o empate. Pesou este gol nos baieses, que pronto recibían o que sería o definitivo 2-3, por medio de novo de Joel, (52´). Loitaron ata o final polo merecido empate, pero este non chegou.
CF Vista Alegre 2-3 CF Mazaricos
Na primeira metade saimos moi metidos, sabendo o que tíñamos que facer, e xa marcamos pronto tras roubar na presión alta. Nunha boa acción de falta marcamos, onde Borja rematou ben e fixemos o terceiro cun bo disparo dende medio do campo sorprendendo o porteiro, obra de Chumico. Despois a partires de aí baixamos e eles aproveitaron para empatar antes do descanso, e tiveron ademáis antes un par delas boas. Xa na segunda metade e co empate tratamos de controlar o encontro o ir 3-1, non estábamos pasando apuros, pero chegou o segundo deles e meteunos o medo no corpo de que nos puideran empatr, ainda que as ocasións máis claras foron nosas, en especial, unha de Chiki o pau, e outra que que caeu mal e só ante o porteiro rematou mal. Agora pensar en como facerlle dano o Dumbría, e destacar o debut de Guille, procedente do Sofán, que debutou cun gol e que é algo importante para a confianza de todos.
Goles : 0-1, Guille, (3´); 0-2, Borja, (12´); 0-3, Chumico, (35´); 1-3, Lucas, (45´); 2-3, Brea, (71´).
RESTO DE RESULTADOS
SD Cruces 1-1 Cidade de Ribeira CF
SD Tordoia 0-2 Cordeiro CF
Flavia SD 3-3 CD Lalín
SD Agolada 1-3 Puebla FC
CLASIFICACIÓN
Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.
-Foto Mazaricos : Carreira de Cives
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia