CRÓNICAS 18ª XORNADA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4 : “O XALLAS VENCE NO DERBI E MANTÉN O LIDERATO, O CEE DERROTA O CACHEIRAS NUN DUELO DIRETO POR TODO, AS MIÚDAS VENCEN E SEGUEN ARRIBA E A ÚNICA DERROTA A DO MAZARICOS QUE MERECEU MÁIS”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-18ª Xornada-

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

UC Cee 1-0 Cacheiras SD

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) :Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”

UC Cee : Noemi, Laura, Lucía Rodríguez, Alba, Nerea, Lucía Caamaño, Saray, María Lijó, Ruth, Andrea e Lucía Martínez. Tamén xogou : Lucía Facal, Antía, Nayara, Sabela Abel e Sabela Corbelle.

Goles : 1-0, María Lijó, (62´).

Árbitro : Roberto Baña. Non amosou ningún cartón.

 

O Xallas levouse o derbi da costa e segue primeiro.

 

Xallas FC 2-1 CF Dumbría

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “O Derbi Costeiro no mediodía do Domingo saldouse coa victoria do Xallas diante dun Dumbría que puxo en moitos apuros as xalleiras. As baixas nos dous conxuntos foron notables apesares deso o esforzo por acadar a victoria e levar os tres puntos do municipal de Fontenla non cesaron nos noventa minutos.
Por parte do xallas xogou con tres infantís na que para algunha era o seu debut coas maiores, xogadoras con problemas físicos como Barbeira, Luchy ou Olalla tiveron que facer un esforzo para xogar e as ausencias de Ali, María, Xastia notaronse negativamente sobre o verde. O Xallas comezou ben e tivo varias chegadas por medio de Yasmina e Olalla nas que non estiveron atinadas no remate, mesmo unha falta que pasou rozando o longueiro. O Dumbría por medio de Paula Fandiño coa súa calidade individual creaba superioridade no medio campo de forma continua as nosas mermadas centrocampistas, foi despois dunha boa triangulación, na que inteviu a propia Fandiño, que tivo a mellor ocasión da primeira parte o Dumbría que tivo que facer lucir a Rosío en dúas ocasións na mesma xogada que estivo moi atinada.
Chegamos o descando do partido co 0 a 0 con todo por decidir e coas espadas en alto, no comezo da segunda metade unha boa combinación de Olalla e Yasmina deixaría a esta última no man a man diante da meta visitante batendoa por abaixo. Co partido de cara o Xallas tiña pensado un partido máis doado pero non tardou nin tres minutos Paula Fandiño en equilibrar de novo o encontró cun golazo de falta directa que sorprendiu a nosa meta Rosío polo medio da portería.
O partido seguiu sin demasidadas ocasións e moito centrocampismo, ata que nun remate dentro da área unha xogadora do Dumbría sobre a liña sacaba o balón coa mán co correspondente penalti e a expulsión do partido.
Saskia tomaba o balón e transformaba o 2-1 no marcador, os últimos 10 minutos do encontró o Dumbría cunha xogadora menos tivo o empate a balón parado nas botas de Fandiño de novo que fixo un gran encontró, pero o balón foise a trave e non entrou. O Xallas conseguiu unha victoria moi necesaria para poder seguir loitando por quedar o máis arriba posible nesta gran tempada que están a facer”.

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Novo derbi costeiro desta volta ma casa das líderes que sacaron un gran botín en duas ocasións ailladas dando mostras do talento ofensivo que posuen, así e todo un talento que se veu frenado por un gran traballo do conxunto dumbriés que foi quén manexou os tempos do partido en todo momento, de feito Yasmina cando iban 25 minutos de encontro xa caera 4 veces en fora de xogo polo orden defensivo das visitantes que sin arrugarse trenzaban ataques dominando no medio e gañando cada duelo. As xalleiras buscaban en todo momento ás talentosas Olaya e Yasmina con balóns en longo sin elaborar, pero a zaga do Dumbría non concedeu terreo. A única ocasión local da primeira metade dispuxoa Olaya nunha falta lateral que sale alta e desviada. Pola contra as ocasións de Kelly, Fandi e Eva puxeron a traballar a Rosío que foi claramente determinante en que os puntos quedasen en Santa Comba. Intentárono de tódalas maneiras posibles as visitantes pero superon resistir incluso cortando o xogo as xalleiras. Empate a cero ao descanso.
Na reanudación ainda meteron as dumbriesas unha marcha máis, adiantando a presión e rompendo liñas trenzando polo carril central, pero foi Yasmina, dando mostras do que sabe a que nos desperdiciou un balón ó espacio para adiantar ás suas. Pouco durou a alegría, Fandi nun libre directo, golpea potente sorprendendo por alto a Rosío e recollendo premio do traballo que viñan facendo. Varios saques de curruncho e intensidade nas disputas con claro dominio do Dumbría, e as líderes seguían achicando balóns, unha constante do partido que, novamente nunha xogada a balón parado atopou un remate na area que cando o tiro iba a porta peta na man de Martina. Penalti expulsión (doble castigo), e Saskia non perdonou ante Lissette para poñer o 2-1 con 20 minutos (12 máis desconto) por disputarse.
Un tempo en inferioridade no que lonxe de ceder terreo as de Dumbría ainda asediaron máis xogando en campo rival, buscando un merecido premio que non chegou, tendo incluso outro libre directo nos pes da capitana que o longueiro e o pau evitaron o empate, balóns afora das verdes que tardaban en volver facendo que o crono puxera fin a outro derbi dos que fan afición pero que non reflexou a diferencia que hai na clasificación. A nota negativa foi outra baixa en forma de lesión, desta volta Naira que tuvo que abandonar o campo no minuto 17 mancada nun xeonllo”.

Xallas FC : Rosío; Carla, Laura, Saskia, Rita; Paula Barcia, Andrea Barbeira, Luchy, Andrea Otero; Olalla e Yasmina.
Tamén xogaron: Nuria, Valeria, Mayte, Claudia Facal e Leti.

CF Dumbría : Naira, Noa, Sabela, Mai, Martina, Eva, Kelly, Claudia, Fandi, María das Carisas e Juliette.
Tamén xogaron : Lissette, Serena, Sara e Lucía.

Goles : 1-0, Yasmina, (53´); 1-1, Paula Fandiño, (56´); 2-1, Saskia, (78´de penalti).

Árbitro : Manuel Castro. Expulsou no 78 a Martina do Dumbría, con vermello direto e amonestou ao adestrador dumbriés Fran Figueroa e a xogadora Kelly. Por parte xalleira ningunha amonestación.

 

 

ED As Miúdas 6-0 AD Nicrariense

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Partido no que nos primeiros 10 minutos xa íamos 2-0 e eso beneficiounos con respecto o ritmo do partido. 4-0 o descanso. Na segunda parte tivemos bastantes ocasións pero a porteira rival fixo moi bo partido. Seguimos aprendendo e disfrutando”.

ED As Miúdas : Adriana, Uxía, Alba, Marta Verán, Bárbara, Pati, Leticia, Paula, Sofía, Marina e Marcela. Tamén xogaron : Elba, Claudia, Marta, Ximena e Ana,

Goles : 1-0, Leticia, (2´); 2-0, Marta Verán, (10´); 3-0, Bárbara, (11´); 4-0, Leticia, (31´); 5-0, Pati, (46´); 6-0, Sofía, (80´).

Árbitro : Óscar Costa. Non amosou cartóns.

 

 

Praiña Sporting Club 4-2 CF Mazaricos

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) :Partido no que comezamos moi enchufadas onde Jirra tivo dúas oportunidades claras para poñernos por diante pero a súa porteira estivo acertada. Sería Tamara quen lograría marcar o 1-0. Pouco despois chega o 1-1 tras o rechace dun corner nun tiro dende fora da area. Chegamos ao descanso con todo por decidir e levando o peso do partido.

Na segunda parte cambio totalmente o xogo, elas levaron o peso do partido e nun córner conseguen o 2-1 e tendo o control total do balón. Pouco despois teñen un man a man onde conseguen o 3-1. Repuxémonos un pouco e Tamara consegue o 3-2 que nos daba vida. Jirra ten un man a man contra a porteira pero nn o materializa. Finalmente nun saque de banda colgan o balón a área e acadan o 4-2 definitivo. Competimos ben pero seguenos a faltar físico e ánimos“.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra.
Tamén xogaron: Romay, Leire, Katia, Buján e Saray

Goles : 0-1, Tamara, (20´); 1-1, Estefanía, (26´); 2-1, Iria, (48´); 3-1, Aintzane, (69´); 3-2, Tamara, (72´); 4-2, Aintzane, (78´).

Árbitro : Bárbara Ana Álvarez. Amonestou polas de Vedra a Aintzane.

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

 

-Foto Xallas :  Rupper

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”