CRÓNICAS 17ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O CORME AGUANTA O TIRÓN DO LIDER SAN LORENZO E O MUXÍA DESCÓLGASE O EMPATAR EN MUROS, POR ABAIXO BROTES VERDES DO CERQUEDA, ÚNICO QUE SUMA DE 3 DOS 8 ÚLTIMOS”.

 

Crónicas 17ª Xornada

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma ooutra clase de persoas nomeadas, 8delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódlos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible.

 

Alejo marcou o gol da vitoria, (2º der.).

 

Camariñas FC 1-2 Corme CF

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Foi unha pena, parece que é chorar pero é verdade. Empezamos o encontro abasallando o Corme e a raiz diso puxémonos por diante e na primeira acción que pasan o medio do campo, un balón colgado, sae o noso porteiro, e tanto él como os defensas din que é falta de Alejo, cae aí o balón e empátannos. Co empoate o encontro volveuse sen dominador claro, ata pasada a media hora de xogo que volvemos a collerlle a manixa o partido, e tendo boas ocasións coma un man a man de Djibril, outro de Yuyo, pero cóstanos moito facer gol agora. A xogada clave ven no 45, balón colgado na área, cunha fora coma unha casa e Alejo, fai o 1-2. O árbitro xa non deixou nin sacar de centro, e cando ían os xogadores para o vestiario, expulsa a David, por, según o acta, decir : “Mimá que escándalo”, que di que era unha “ironía” e que por eso o expulsa. A volta de vestiarios desquicionos pola tardanza a hora de sacar faltas, pero con todo eso fixemos, para min, os mellores 45 minutos de xogo desde que estou no Camariñas. Con 10 arriscamos, xogamos cun 3-42, tivemos ocasións na pila, pero a pelota non quixo entrar. Ata a portería fallou unha Djibril, que se escorou demasiado. Derrota dura porque era un encontro para engancharnos arriba, pero non queda máis ca seguir peleando, que esto é moi longo. No que se refire o tema arbitral teremos que facer unha queixa formal, con educación, para que non nos volva a pitar”.

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) : “Partido con moito ritmo e moita intensidade, o cal o Camariñas empezou moi forte e nos con pouca intensidade e xa no minuto 5 adiantábase no luminoso. Pouco a pouco fomos entrando no partido e 5 minutos mais tarde sería Samuel o que poñeria o empate no marcador. Seguimos collendolle o ritmo o partido, tapando as saidas do rival e buscando as contras. E nunha delas sería Alejo quen faría o 1-2 co cal chegariamos o tempo de lecer. Na segunda métade a pesar de quedar cun xogador menos o camariñas seguido intentando, levando o peso do partido pero túbemos moi serios en defensa sin apenas dar opcions nin ter que intervenir o noso porteiro e buscando as contras pero sin acerto. Final do partido cun 1-2 díante dun rival que nos puxo as cousas moi dificil que nos permite seguir na zona alta da clasificacion”.

Goles : 1-0, Mario, (5´); 1-1, Samu Costa, (9´); 1-2, Alejo, (44´).

Incidencias : O árbitro Rai Reborido, expulsa o xogador do Camariñas, David Pasantes por decir : “Mimá que escándalo”, de camiño a vestirios no descanso.

 

CD Muros 0-0 Muxía CF

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Sabíamos que ía ser un partido difícil contra un equipo que ten moi bo trato co Balón. Na primeira parte creo que foi bastante igualada, cada equipo cas suas armas nós con un fútbol máis directo e cunha presión alta o Muxía ca posesión da pelota, o Muros tería duas ocasións moi claras. Todo mudou na segunda parte donde nos iríamos fisicamente a menos e o Muxía faciase co control do partido con un xogo combinativo que costábanos contrarrestar, e co paso dos minutos o equipo visintante apretaba cada vez máis con varias ocasións de gol, e un balón o pau, convertido a o noso porteiro en gran protagonista do partido con unha actuación sobresainte e así conseguir un gran punto contra un dos favoritos o ascenso. Dar a noraboa os meus xogadores polo gran esforzo realizado e os xuvenis Ivan e Jesús por botarnos unha man”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Fixemos un moi bo partido, na primeira metade sen grandes ocasións, pero co dominio claro. Tras o descanso dispuxemos de varias ocasións claras, as mellores para Manu e Michael, pero entre a defensa e un gran Xandre, e a falta de puntería, o marcador non se moveu”.

Goles : 0-0

 

 

Outes FC 3-1 SD Oza

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Unha primeira parte na que dominábamos o partido, éramos donos do balón, pero faltábamos claridade neses metros finais, para xerar ocasións e poñer en perigo a meta do rival, pero non éramos capaces. Eles tampouco nos xeraban ningunha ocasión, xogando repregados e saindo a contra e con balóns longos tentando sorprendernos. Na segunda metade axustamos liñas, e tentamos combinar máis sen ser tan diretos arriba, pero nunha xogada aillada conseguiron adiantarse no marcador. Seguimos e tivemos a sorte de empatar pronto, cun tanto de Martín de cabeza nun corner. O equipo veuse arriba e conseguimos marcar dous goles de forma consecutiva. Eles trataron de reaccionar e colgaron balóns no área, pero sen pergigo, un par de veces que tivo que sair Ryan, pero nada máis. Foi cuestión de que pasaran os minutos e romper esta xeira de malos resultados cunha vitoria”.

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

 

Goles : 0-1, David López, (65´ ); 1-1, Martín, (67´); 2-1, Joao, (72´); 3-1, Adrián, (73´).

Incidencias : O árbitro Xairo Antelo, expulsa o xogador do Outes Joao con dobre cartón, (87´e 90´), e o do Oza, David López, (85´e 90´).

 

UD Cerqueda 2-0 Volantes de Baño FC

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi completo pola nosa parte que confirmou a melloria que estamos experimentando. Na 1ª parte o partido foi nivelado, pero a partir do minuto 20 fomos superiores e marcamos con gol de Atu a saida dun corner Na 2ª parte eles foron hacia arriba e nos meteron en problemas xogando directo, pero non pasamos demasiados apuros. Tivemos varias chegadas nas que puidemos marcar pero non foi ata o 88′ cando marcou Sergio tras un erro do porteiro rival que antes sufrira unha expulsión Progresamos adecuadamente”.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido no que empezamos moi ben os primeiros 25 minuyos. Moi bos
Na que nos vimos perjudicados 1° pola falta de profundidade, e 2° polo gran protagonista negativo do partido: o colexiado. Desde o momento primeiro non tuvo xeito, mal non o seguinte…equivocándose en todo…Na primeira para ambos, e na 2ª parte só cun perxudicado, nós. Eles marcan nun corner nun fallo de despexe do noso porteiro que erra o sair. E nunha contra en claro fora de xogo…que non pita. Na mesma xogada expulsa a Pablo por protestar e a partir de aí xa non se xogou un minuto”.

 

Goles : 1-0, Atu, (33´); 2-0, Sergio, (88´).

Incidencias : O árbitro Jonathan Pardiñas, expulsa o xogador do Volantes, Pablo Martínez con vermello direto, (80´).

 

Ponteceso SD 3-3 UD Monte Louro

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Nos puxémonos por diante moi pronto cunha acción por banda que remata Charro. Eles pronto nos remontaron con duas chegadas que tiveron. Unha cun penalti moi claro por man de Luca e nunha falta lateral que rematan mal e nos defendemos mal. Na segunda metade imos a por eles e Nando consigue o empate e eles volven a meterse por diante cun penalti e quedábamos con 10 pola expulsión de Juanjo. Iba a aumentar 10 minutos e non aumentou nen 5, e no 92 empatábamos cunha falta que remataba Dani. Creo que empate inxusto, xa que nos tiramos duas o pau, tivemos ocasións moi claras, rebumbioos dentro da área, e por ocasión teríamso que ter gañado o partido. Tivemos un xogo creando ocasións e eles tiraban de contras rápidas e creábannos accións de incertidume, máis ca de perigo. Xogamos moito por bandas e por dentro, creando perigo, pero faltounos finalizar. Faltounos a fortuna que tiveron eles, que chegaron e marcaron. Decir que o colexiado sacou fora do área un penalti claro, e tamén non pitou un gol que o porteiro deles sacouna e xa rebasara a liña. Casualmente o final o árbitro recoñeceume que se equivocara”. 

David González, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido moi disputado e con duas partes moi diferentes. A primeira parte estivemos mellor co rival, pero na primeira xogada que nos chegan, un erro defensivo noso cóstanos o primeiro gol. Despois do gol fomos capaces de poñernos 1 -2 e así acabaría a primeira parte.
Na segunda parte o Ponteceso apretounos moito e non éramos capaces de aguantarlle o ritmo e ainda que nos empataron, o final creo que é o resultado máis xusto o empate. Doidos polo empate nunha das últimas xogadas pero valoramos o punto positivamente”.

 

Goles : 1-0, Charro, (7´ ); 1-1, Xián, (15´ de penalti); 1-2, Xián, (47´); 2-2, Nando, (75´); 2-3, Xián, (83´ de penalti); 3-3, Dani, (92´).

Incidencias : O árbitro Alfonso Caamaño expulsa  con vermello direto o xogador Juanjo do Ponteceso, (86´).

 

SD Castriz 2-0 SD Coristanco

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Creo que fixemos un dos mellores partidos da temporada, ante un rival que nos coñecemos moito, somos veciños, podería chamarse un “mini-derbi”. Non concedemos practicamente ningunha ocasión o rival, presionamos moi ben, moi arriba, roubamos moitos balóns, e eles non estaban nada cómoidios en ningunha fase do partido. Faltounos eso sí, un pouco de puntería e chegamos o descanso co empate a ceros, cando deberíamos ter algún o lombo. Xa na segunda metade, Braulio, forozou un penalti que meteu Adrián García, e  a partires de aí xa todo foi costa abaixo, ese dominio que estábamos a ter no campo, aumentou e acabaría caendo o segundo por medio de Sebas, nunha boa xogada individual, e estaba máis preto o terceiro ca o gol deles, pero non chegou a sentenza e eles apretaron nos derradeiros minutos. Vitoria xusta ante un Coristanco moi ben plantado no campo, pero en canto se rompeu o partdio fomos moi superiores”.

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Arrincaba o partido con media hora claramente dominada polos locais, con moitas chegadas a balón parado que non eran capaces de rematar. A partir de aí fomos capaces de ter algo máis de posesión e tiñamos unha ocasión a portería valeira que mandamos o pau. Tralo paso por vestiarios, unha xogada en banda mal defendida remataba nun penalti ben pitado, no que se adiantaban os locais. Despois disto, na área local outro penalti igual de claro, (neste fútbol de hoxe en día no que toda man separada do corpo, erguida e en posición “antinatural” É PENALTI POR REGLAMENTO) a 4 metros e de fronte ó árbitro que este non pita porque non lle da a gana. Outra ocasión moi clara para nós nunha falta directa que o porteiro do Castriz desvía cun paradón. E de novo o árbitro sacaba a pasear algún antigo resentimento cara o Coristanco, xa que tras unha falta dura don xogador noso o rival levantase e apartao dun manotazo, rematando a acción con 2 amarelas para nós. Tiña moito perigo o Castriz nas contras, sentenciando Sebas cun gran gol, e desperdiciando outro par de boas ocasións. Gañou o que máis creou e foi máis contundente na área rival. E aínda así, nos imos moi enfadados pola actitude non imparcial dun “xuíz”, por cuxo colectivo, ademais, acabamos de vir de dar a cara a semana pasada”.

Goles : 1-0, Adrián García, (48´ de penalti); 2-0, Sebas Rial, (71´).

Incidencias : O árbitro David Cancela, expulsa  con vermello direto o adestrador do Coristanco, Juni, (63´).

 

 

Cabana SD 4-4 UD Corcubión

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido con moitas alternativas e decisións arbitrais moi protestadas. Empezaba o Cabana con duas ocasions claras ben solventadas polo porteiro visitante. Nun resbalón de Aaron o Corcubión recupera un balón e adiantase no marcador. Pronto empatou o Cabana por medio de Sergio Ferreiro nun corner. Anulaballe un gol os locais nun remate de Sergio Pensado por fora de xogo mui protestado. Atacaban os visitantes e o Cabana sacaba duas veces consecutivas o balón debaixo dos paus e sacaba unha contra que Simon marcaba poñendo 2-1 mui protestado por entender que o balón entrará na portería do Cabana . Xa no segundo tempo marcaba o terceiro o Cabana por medio de Aarón e na mesma xogada o colexiado expulsaba o local, Castro, con media hora por diante. Os visitantes víñanse arriba e logo de un gol a saida dun corner e un golazo dende fora da area acababan o empate. Xa nos últimos minutos penalti mui protestado polos locais e o Corcubion tomaba a dianteira. Nun final loco era Pablo o que poñia o 4-4 definitivo”.

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido competido, bonito, onde cometemos unha gama de erros pequenos pero con consecuencias graves. Pasamos nunha xogada dun gol noso que entrou e non subeu a marcador a un deles. Quedei contento co equipo, pero doido pola lesión do noso capitán Iago, que levou un golpe de cadeira espectacular. Tivemos fases moi boas de xogo e eles tamén. É unha pena destacar a labor dun árbitro, que é moi difícil, pero desta volta todo foi en contra nosa. Agradecer as boas palabras do adestrador cabanés hacia o noso equipo o remate do encontro, a pena que houbese moitos golpes por malas caidas”.

Goles : 0-1, Iago Lema, (8´); 1-1, Sergio, (16´); 2-1, Simón, (35´); 3-1, Aarón, (46´); 3-2, César Lojo, (73´); 3-3, Samuel, (89´); 4-3, Pablo Pose, (Desconto); 4-4, Mario Suárez, (No desconto de penalti).

Incidencias : O árbitro Óscar Rey, expulsa  con dobre cartón ao xogador do Cabana, Diego Castro, (22´ e 49´). No minuto 58 o capitán do Corcubión, Iago Lema tivo que abandoar o terreo de xogo tras unha aparatosa caida sobre a sua cadeira de moi mala maneira. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

SD San Lorenzo 3-1 UC Cee

Dani Casal, (adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado dónde na primeira parte empezábamos nós a levar a iniciatiba do partido pero non acertábamos no último pase e solo dispoñemos de unha ocasión clara por medio de Taibo, que chega de segunda línea, pero íbaselle fóra por moi pouco. O Cee soubo aprobeitar a súa oportunidade e adelantariase no marcador por medio de Ezequiel en unha segunda xogada. Deron un paso atrás e pecháronse un pouco máis para salir a contra e chegariamos ao descanso con moitas chegadas pero sin ocasións importantes. Na segunda parte empezamos moi intensos e ao pouco, un remate de Jairo o traveseiro aprobeitariao Iván para empatar o partido. Aos pouco minutos Raúl, faría o segundo a balón parado para darlle a volta o marcador e eso foi un duro golpe para o Cee. Aí fixémonos co dominio do partido e chegaría o terceiro con unha xogas por banda de Eloy que recibe falta dentro da área, e Iván marcaría ao transformar de penalti para facer o terceiro. Victoria moi importante para nós e a seguir traballando para o próximo partido”.

Rafa Suárez, (adestrador do UC Cee) : Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí.

Goles : 0-1, Ezequiel, (36´); 1-1, Iván Rojo, (48´); 2-1, Raúl, (66´); 3-1, Iván Rojo, (72´de penalti).

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Resultados de todo Fútbol 11 de base da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : Eduardo Cambón

-Texto : piratasdemuxia