LIGA DA COSTA
Manu Nogueira suma o seu 7º gol co Muxía CF.
-GRUPO 1 A-
17ª Xornada
Domingo 20 Marzal 2022
SCDR Esteirana 2-0 Camariñas FC
Hora : 17:00
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)
Colexiado : Nicolás Elespe Tireux.
Xogábase moito o equipo camariñán neste choque ante o lider e campión do grupo, que a pesares de ter todo resolto fai tempo, non baixa o pé do acelerador. Os de Camariñas ainda gardan esperanzas de entrar na promoción, gracias a derrota do Muros en Cee, (4-2). Adiantáronse os de Esteiro aos 12 minutos cun tanto de Carlos Lestón, e finiquitaban o choque ben entrada a segunda metade por medio de Carlos Rama, (72´).
CD Baiñas 0-1 CF Muxía
Hora : 16:30
Campo : Municipal de Vimianzo
Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo.
Esgotou a derradeira bala para optar a entrar na promoción o equipo baiñés, que non dependía de si mesmo, pero que tiña que gañar estes dous encontros que quedaban. Un Muxía que comezou a campaña titubenabte e que pouco a pouco se convirteu xunto coa Esteirana no mellor conxunto do grupo, non floxeou a pesares de ter xa firmado o segundo posto seguro e gañou con gol do de “sempre”, Manu Nogueira, (85´), nun estado de forma encomiable.
CF Lira 0-4 UD Monte Louro
Hora : 17:00
Campo : “Lombáns”, (Carnota)
Colexiado : David Cancela García.
Un capítulo máis do Lira, que está desexando que a tempada acabe canto antes e que se veu superado e goleado na primeira metade polo veciño. Xián, (27´), Juan Lois, (35´), e Iker Lado, (36´), deixaban o choque resolto na primeira metade. Xiçan, repetía a volta de vestiarios, (52´), para convertir en puro trámite o resto da segunda metade.
UC Cee 4-2 CD Muros
Hora : 16:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Extraordinaria primeira metade do equipo ceense que se foi ao descanso cun claro 4-0, con goles do fisterrán, Bruno, (1´, 6´, 32´e 40´). Con todo peixe vendido e cos ceenses a deixar ir correndo os minutios, Alonso facía o primeiro dos muradáns, que se xogaban asegurar a praza de Play-Off, que segue aberta e da que dependen de si mesmos na derradeira xornada da liga regular. Antón Lestón en propia porta facía o definitivo 4-2, (56´). Os muradáns perden para o derradeiro encontro de liga a Ramón e Iván, expulsados con cartón vermello direto.
Descansa : Outes CF
CLASIFICACIÓN
-GRUPO 1 B-
17ª Xornada
Domingo 20 Marzal 2022
Cabana SD 2-0 UD Cerqueda
Hora : 16:30
Campo : “As Redondas”, (Cánduas-Cabana)
Colexiado : Bruno Méndez Castro.
O Cabana recupera o liderato e depende de si mesmo para acabar campión de grupo se para a semana na derradeira xornada de liga vence, ou fai o mesmo que faga o Castriz, que esta semana descansaba. Nun choque tremendamente disputado Raúl rompía a igualada aos 75 minutos de xogo, e a sentenza final non chegaba ata o desconto final, cando Manuel batía a Óscar para facer o definitivo 2-0.
SCD Buño 3-2 CD Nantón
Hora : 16:00
Campo : “Xaviña”, (Buño)
Colexiado : Chrístian Sendón Villar.
Por duas veces foi quen de neutralizar a ventaxe adversa o clube oleiro nun choque entretido ata o pitido final, no que se levaban os 3 puntos os de Buño. José Souto adiantaba aos nantoneses aos 11 minutos de xogo, gol que neutralizaba Luis para os oleiros no ecuador da primeira metade, (23´). Nada máis comezar a segunda metade, Souto, voltaba a poñer por diante aos nantoneses, que xogaban este encontro con moitas baixas. Pasada a hora de xogo José Suarez igualaba de novo a contenda, (68´), e non era ata o trito final do tempo de desconto, cando Elías, facía o definitivo 3-2, cando todo apuntaba táboas. Antes no 75 era expulsado o adestrador visitante Carlos Vidal.
O San Lorenzo nadou e gardou a roupa.
SD San Lorenzo 3-0 Sporting Zas
Hora : 17:00
Campo : “As Pedreiras”, (Berdillo-Carballo)
Colexiado : David Vázquez Lema.
Vitoria para seguir aferrándose ao Play-Off por parte dos de Berdillo, que dependen de si mesmo para a semana na derradeira xornada da liga regular. Tres erros en defensa dos zacenses na primeira metade non foron perdoados por Eloy, que facía o primeiro e o terceiro, (9´e 44´), e por Brais, (41´), que facía o segundo. Na segunda metade, fútbol control e saida a contra dos berdilleses, e mellores prestacións dos zacenses, que sempre buscaron meter un gol que abrise as opcións a algo, que nunca chegou.
Corredor de campións aos alevíns do SD Coristanco.
SD Coristanco 2-1 SCD Malpica
Hora : 17:00
Campo : “A Rocheira”, (San Roque-Coristanco)
Colexiado : Adrián Pérez Rellán.
Segue as portas dos Play-Off o equipo da Terra da pataca, que ocupou cáseque toda a liga eses postos, sendo lider en varias xornadas, pero todo depende do que fagan eles, e o San Lorenzo na derradeira xornada, que é o que marca o posto de promoción en xogo. Comezou o choque cun “pasillo de campións” para os rapaces do alevín da SD Coristanco, que viñan de convertirse en campións da liga na sua fase regular, para logo pasar a un choque no que o Malpica non foi convidado de pedra e adiantábase aos 4 minutos de xogo, ainda cos nenios sen borrar o sorriso do homenaxe feito polos seus ídolos. Dani Castiñeiras a media hora de xogo igualaba a contenda. Resultado co que se ía a vestiarios. Non foi ata o 70, cando repetía Dani, para abrir unha peuena porta a acadar o ansiado posto de promoción.
Descansa : SD Castríz
CLASIFICACIÓN
A nosa máis cordial noraboa aos alevíns da SD Coristanco que se proclamaban campións de liga e que foron agasallados co corredor de campións no encontro SD Coristanco-SCD Malpica.
-Foto : piratasdemuxia/Sporting Zas/Paco López
-Texto : piratasdemuxia