CRÓNICAS 17ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO SÁESE E A LOITA POLA PROMOCIÓN SEGUE A GRAN INTENSIDADE”.

 

Lance do Pereiriña-Camelle no San Paio de Refoxos

 

Crónicas 17ª Xornada

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

 

CF Porteño 6-0 SCD Buño

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “Presentábase este partido como que ía a ser duro e complicado pola entidade do rival, pero cambiou todo ca expulsión do porteiro deles aos 5 minutos por tocar o balón ca man fora da área, de maneira clara, con todo eso son un bo equipo e aguantaron ata o minuto 40 que se abreu a lata e xa fomos o decanso con 2-0. Nada máis sair de vestiarios chegou o terceiro e despois xa foi un recital. Estes rapaces estannos acostumbrando mal, e ca comunión que teñen ca afección, e con todo. Nos anos que levo no fútbol da costa, nunca viín o que estes rapaces me están a facer vivir. Agora mesmo con 13 puntos, moito ten que cambiar esto para que non ascendamos. Non hai que ser soberbios. seguir partido a partido, e a seguir ata que sexa matematicamente e se cumpla o obxetivo que nos temos marcado. Para semana outro oso duro, como é o Pereiriña, e a seguir loitando”. 

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido totalmente condicionado pola expulsión no primeiro ataque do Porteño de Xurxo por unha dubidosa man fora da área. A partir de aí, partido totalmente controlado polo Porteño, ó qué tiñamos bastante ben controlado na primeira metade. Tiveron unha ocasión clara con Carrabete que parou ben Darío, e nos tivemos unha ocasión clara con Martín que só diante de Josiño non define ben. Do posible 0-1 pasamos o 1-0 nunha xogada de córner, na que unha falta de concentración pola nosa parte marca Lucas Caamaño, xusto antes do descanso. Na seguinte xogada, un balón directo sin aparente peligro, mal defendido por nós…pon 2-0 antes do descanso. A partir de aí, toda a segunda metade estivemos totalmente fora do partido, con erros impropios dos nosos xogadores, e firmando posiblemente o noso peor partido da temporada”.

Goles : 1-0, Lucas Caamaño, (43´); 2-0, Álan Suárez, (45´); 3-0, Paredes, (47´); 4-0, Lucas Caamaño, (56´); 5-0, Paredes, (72´); 6-0, Ángel, (desconto).

Incidencias : O colexiado Roberto Baña, expulsou no 5 o porteiro do Buño, Xurxo con vermello direto por tocar o balón ca man fora do área.

 

 

CD Baiñas 4-0 CF Castrelo

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido no que empezamos coa lesión de Sergio no calentamiento e os 10 minutos, tamen lesión de Adrián. Marcamos o 1-0 cun golazo de fora da área de Esteban, marcamos, o 2-0 cunha chegada pola esquerda cun bo centro de Cristian, Raúl remacha o segundo. Xa na segunda parte sentenciamos cun balón en profundidade que Chipi finaliza cunha boa Vaselina. Uns minutos mais tarde Ruli conseguíu o cuarto tras unha boa xogada e extraordinaria deixada de Crístian. Ruli ainda dispuxo doutra boa para marcar o quinto. Creo que dominamos de principio a fin. Moi bo resultado pois na primeira volta aguantaron moi ben o 0-0”.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF castrelo) :  : “Resultado demasiado abultado para o visto no campo, donde pagamos moi caro os erros na saida de balón, onde o Baiñas, moi efectivo aprobeitou para levarse o partido”.

Goles : 1-0, Esteban, (25´), 2-0, Raúl, (37´); 3-0, Brais, (59´); 4-0, Raúl, (63´).

Incidencias : O colexiado Lucas Rey, expulsou con dobre cartón ao xogador do Baiñas, Dylan, (27´e 73´).

 

 

“Dez” do Ameixenda.

 

Sporting Zas 12-0 SD Ameixenda

Martín Vecino, (Sporting Zas) : “Partido sen moita historia cun Ameixenda que chegou a Zas con 10 xogadores, e apesares de que a media hora sufrimos a expulsion de Dario nun agarrón de último home e quedar 10 para 10, foi un partido plácido para nós. A media hora cando quedamos con 10 xa estabamos 4-0, o descanso 6-0. Segunda metade para dar minutos os que xogan menos, no que seguiron caendo goles ata o 12-0 final”.

Fernando, (Delegado SD Ameixenda) : “Aparte da suposta superioridade do Sp. Zas, o partido xa queda totalmente condicionado ao xogar o Ameixenda con tan só dez xogadores de inicio. E destes dez, Costa e Chapu con problemas musculares dende a semana pasada e Sambade con bronquite. Loxicamente era cuestión de minutos que foran caendo os goles ata que no minuto 29, con 5-0 no marcador, foi expulsado Darío por cortar unha xogada de gol sendo o derradeiro defensa. E notouse a igualdade de xogadores no tramo final do primeiro tempo así coma nos primeiros 20 minutos do segundo. O Zas xa non avasallaba e o Ameixenda tivo tres ou catro ocasións para marcar. Hasta que duraron as forzas, xa que o Zas pudo poñer xogadores de refresco e volver a dominar a situación hasta o resultado final de 12-0“.

Marcaron os goles : Álvaro, (2), Andrés, (2(, Chrístian, (2), Dani Mato, (2), Pablo, e Iván Caamaño, ademáis de goles en propia porta de sergio e Samuel.

Incidencias : O colexiado Roi Rey, expulsou con vermello direto o xogador do Zas, Darío (29´).

 

 

Xallas FC B 0-1 Sporting Seaia CF

Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Partido moi igualado con ocasiòns para os dous equipos. O empezar 2ª parte dominio do Xallas ata lesión de Chinda. Xusto despois da lesión, boa contra e 0-1. Houbo unha agresion o xuvenil do Xallas donde o árbitro esta de espaldas e só saca cartón amarelo. Ata o final varias ocasions para os dous equipos“.

Óscar Moscoso (Sporting Seaia CF) : “Pois foi unha primeira parte moi igualada na que practicamente non sufrimos en defensa, pero estábamos moi espesos en ataque non sendo capaces de afinar no ultimo pase, chegando desta forma 0-0 o descanso. Na segunda nada mais salir nunha boa xogada combinada poñemomos por diante no marcador e apartir de ahi incoscientemente metemonos atras , tamen polo empuxe do xallas e apartir de ahi sabemos sufrir en defensa xunto coa parada importante do noso Porteiro a unica ocasion clara de gol do Xallas e finalmente facémonos ca victoria“.

Goles : 0-1, Luis Manuel, (57´).

Incidencias : Lesión de Chinda, ao que lle desexamos unha pronta recuperación.

 

O Camelle celebrou unha traballada vitoria.

 

Atlético Pereiriña FC 1-2 SD Camelle CF Lira

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido moi igualado e con pouco xogo onde o acerto nas áreas foi determinante. O Pereiriña fallou as súas e o Camelle conseguiu materializar as que creou. Xa co resultado definitivo abriuse un pouco máis o partido, pero sen modificarse o desenlace”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado donde eles comezarían con un par de ocasións en fallos nosos en defensa, pero o balón non iría entre os 3 paos. Poñeríamonos nós por diante nun remate de corner de Dido, e haberia un par de ocasións máis, pero sin perigo. A segunda parte entraríamos algo máis enchufados e con ocasións para nós. Nunha desas xogadas chegaría o gol de Crejo, cun tiro desde fora da área que se cola por toda a escadra. Os últimos 10 minutos sufríamos as ocasións do Pereiriña, e nunha desas chegaría o gol deles, nun remate de falta que o noso porteiro non acerta a despexar ben, e case en liña de gol remataría o dianteiro deles. Nos últimos minutos seguiríamos aguantando as ocasións deles, pero o marcador non se moveria”.

Goles : 0-1, Carlos de Dido, (32´), 0-2, Rodri “Crejo”, (78´); 1-2, Augusto, (desconto).

 

CF Lira 3-0 SD Laxe

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Resultado xusto, ainda que houbo un tramo de 20 minutos na primeira parte despois do primeiro gol noso onde estivemos realmente mal, pero tampouco foron quen de crearnos ocasións. Encontrámonos co segundo nun córner antes do descanso que nos dou máis tranquilidade. Na segunda tras o terceiro gol todo foi moito máis sinxelo e puidemos ampliar a diferencia. Ca excepción do partido en Camelle estamos nunha boa dinámica en canto a fiabilidade defensiva e a xogo, e que nos permite ir collendo cada vez máis confianza en nós, despois dun complicado inicio de temporada”.

Lilo, (SD Laxe) : “Partido no que arrancamos mal, comezamos perdendo moi pronto, nunha xogada na que deixamso campo, distancia e balón o rival, e de aí chegou o gol, e non soubemos. Quixemos atacar direto e eles son forte nese aspevcto, xa teñen os xogadores idoneos para este tipo de campo e de xogo, sobre todo os centrais e dous dianteiros desas características e non foron superiores a nós pero o marcador dita sentenza. Pouco máis que comentar, estar nun camiño optimo para estar nas seis prazas estásenos alonxando o obxetivo, a ver se podemos revertir a situación neste vindeiros partidos, que xa son todos finais. O encontro foi moito fútbol coma o tenis, dun lado o outro devolvendo o balón. Tamén decir que tivemos algunha ocasión boa para marcar, coma unha de Bieito a madeira”.

 

Goles : 1-0, Pablo Leis, (2´), 2-0, Santi Senande, (43´); 3-0, Rubén Lago, (60´).

 

 

SCD Malpica 0-2 CD Nantón

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Repetimos o mesmo 11 que xogou en Laxe, era por darlle un premio os que viñeron a Laxe pero non saiu ben. No minuto 5 un balón o segundo pau que Fenosa non sabe donde está e empuxa de maneira doada Iván. Partido controlado en todo momento polo Nantón da man de Carlos, o presidente, e de Redondo. O Malpica tivo só unha ocasión nunha falta que colga Simón, e remata Paco tirándose en prancha, e sae por pouco. Despois un pase a Redondo que controla, da unha volta, toma unha cerveza, e tira e mete o 0-2. Dea aí o descanso. Metemos os irmáns Hombre, Fran e Kevin para darlle velocidade o xogo, pero Alberto non acerta nos pases. Pouco perigo creamos, un par delas de Baye pola banda, que centra atrás e non chega nadie rematar. Penalti tonto e para Lamas, e a última no 85, Baye só de todo dentro da área e abre a banda, (ainda non o entendo agora), e centro e nada“.

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido no que fomos só con 13 xogadores, e no que na primeira parte tivemos máis ocasións aproveitando irnos o descanso con dous goles de vantaxe con goles de Ivan e Redondo. Na segunda estivo máis igualada a cousa e apenas houbo ocasións para ningún dos dous equipos, e no que fallamos un penalti que nos podería dar a tranquilidade definitiva”.

Goles : 0-1, Iván Moreira, (5´), 0-2, Iván redondo, (38´).

Incidencias : O colexiado Alberto Pombo, expulsou con vermello direto o xogador do Malpica, José Arcay, (75´).

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Resultados de todo Fútbol 11 de base da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto Ameixenda : Fernando

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies