CRÓNICAS 17ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3 : “VITORIA DE UC CEE E XALLAS FC, E EMPATE DO ED AS MIÚDAS”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

O Xallas FC sumou a sua 5ª vitoria do campionato.

 

Praiña Sporting Club 1-1 ED As Miúdas

A piques estivo o equipo muradán de levarse os 3 puntos ante o Praiña, nun choque que acabaou na sua primeira metade co empate inicial e no que se adiantaban aos 54 minutos de xogo por medio de Patricia. O gol do empate chegaba no derradeiro treito do choque, por medio de Sna Valladares, (80´). Segunda xornada en positivo das de Muros, trala vitoria da xornada anterior ante o Amio SD.

O vindeiro Domingo 13 de Marzal xógase a 18ª xornada, cando o ED As Miúdas recibe no “Eleuterio Balayo” de Muros, ao UC Cee, no derbi costeiro da xornada. As muradanas seguen na penúltima praza con 6 puntos, 5 máis co colista Amio SD.

 

Amio SD 0-4 Xallas FC

Aguantoulles ben na primeira metade o colista as xalleiras, que se ían a vestiarios gañando pola mínima cun tanto de Inés Pérez. Sigueu forte en defensa o equipo visitante e non se abriría definitivamente o choque ata a hora de xogo, cando a visitante Inés Pérez marcaba en propia porta. Alicia Rila facía o terceiro pouco despois, (72´) e un novo gol en propia porta, desta vez de Zoila, pechaba o encontro a favor das xalleiras. 

O vindeiro Domingo 13 de Marzal xógase a 18ª xornada, cando o Xallas FC recibe no “Municipal da Fontenla” de Santa Comba, a partires das 18:00 hioras, ao Praiñas Sporting Club, 8º clasificado. As xalleiras continúan na 7ª praza con 16 puntos, a 9 do 6ª chanzo que ocupa o CD Unión.

 

CD Unión 0-1 UC Cee

Trunfo moi traballado das ceenses ante un duro rival. Un tanto de Lucía Martínez aos 28 minutos de xogo, dáballes os 3 puntos as de Cee, que seguen a presionar ao lider CF Noia, que non amosa fisuras, e que tras gañar o encontro que tiña adiado por COVID-19, durante este “Entruido”, suman 41 puntos, 4 máis cas ceenses.

O vindeiro Domingo 13 de Marzal xógase a 18ª xornada, cando o UC Cee visitará o “Eleuterio Balayo” de Muros, para enfrontarse o ED As Miúdas no derbi costeiro da xornada. Con esta vitoria as ceenses continúan na 2ª praza, a 4 do lider CF Noia.

 

UD Cerqueda

Nesta xornada tralo parón do “Entruido” as cerquedenses tocoulles xornada de descanso. O vindeiro Domingo 13 de Marzal xógase a 18ª xornadas, e as cerquedenses reciben no “Xaviña” de Buño ao Cacheiras SD, ás 12:30 horas. As rapazas de Cerqueda seguen na 5ª praza, a 2 do SR Calo, que marca as posicións de promoción de ascenso.

 

OUTROS RESULTADOS

CF Noia 3-2 SR Calo

Cacheiras SD 3-1 Victoria FC “C”

 Descansou : UD Cerqueda. 

 

 

-Fotos : Xallas FC/piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies