CRÓNICAS 17ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : “VITORIAS DO DUMBRÍA E MAZARICOS NOS DERBIS COSTEIROS E EMPATE DO SONEIRA E DERROTA DO XALLAS NOS OUTROS DOUS ENCONTROS”.

 

CF Dumbría 3-1 SCDR Esteirana

Encontro igualado e xogado de poder a poder, no que os dumbrieses gozaron das máis craras e foron quen de materializar 3 delas. Dani González a media hora de xogo facía o primeiro dos dumbrieses, e antes do descanso un penalti era transformado por Rober “Pladur” para irse a vestiarios cas táboas no marcador. Puido caer de calquer banda o encontro, pero decidiríase no desconto, con dous goles dumbrieses, un de Sergio “Rivi”, e outro de Xabier, deixando os sureños ca mel nos beizos.

 

Xallas FC 1-2 Cidade de Ribeira CF

Era un encontro para trocar o sentido da liga e non deixou lugar a dúbidas. Ignacio Figueras aos 5 minutos de xogo adiantaba aos ribeirenses, pero a reacción xalleira non tardaba en chegar, pois 14 minutos despois, Juan de Selia conseguía o empate para os xalleiros, pero a ledicia pouco durabam xa que antes da media hora de xogo, Manuel, (27´), voltaba a poñer por diante aos do sur. Na segunda metade o equipo xalleiro foise arriba e tivo ocasións como para empaar, e que se iso se dese, moito máis.

 

Penalti do trunfo de Kevin.

 

CD Baio 1-2 CF Mazaricos

Encontro no que foi mellor o equipo baiés na primeira metade e adiantábase por medio de Martín MC, (18´), e no que podía ter feito algún gol máis, en especial dous envíos a madeira. Xa na segunda metade foron mellores os mazariquenses, que empataban por medio de Esteban Pereiro, pasada a hora de xogo, (66´), e conseguían a remontada no treito final, o transformar Kevin Trillo un penalti cometido sobre Molinos. Ata o final loitou o Baio por recuperar un punto, perio topouse cunha defensa férrea dos mazariquenses, que non deu concesións.

 

Soneira SD 4-4 Puebla FC

Encontro bo para os afeccionados e malo para os adestradores. Deses que non lles gustan polos tremendos erros en defensa. Adiantouse o equipo vimiancés por medio de Borja ao cuarto de hora de encontro, pero a partires de aí, todo trocaba radicalmente e os do Caramiñal, facían 4 goles en 11 minutos. Ver para creer. Importantísimo o gol de Javi Souto antes do descanso, (41´(, pois deixaba pé a quye as cousas trocasen no segundo tempo, e vaia se trocaron. Basti no 66 facía o 3-4, e Javi Souto, empataba no 76, e ademáis os visitantes quedaban cun menos, por expulsión con vermello direto de Boado. Tivo ocasións o equipo vimiancés como para gañar con ventaxe, pero non quixo entrar o balón, e todo acabaría en empate. 

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Agolada 1-2 Flavia SD

SD Tordoia 2-0 CF Silleda 

SD Cruces 0-3 Cordeiro CF

SD Negreira 1-1 CD Lalín

CF Vista Alegre 1-0 SR Calo

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia