CRÓNICAS 17ª XORNADA 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B : “XORNADA REDONDA PARA O CD BAIO QUE SE PON EN POSTO DE PROMOCIÓN DO QUE SE CAE O MAZARICOS A FALLA DUNHA XORNADA PARA O FINAL DA LIGA REGULAR…SÓ BAIO E SONEIRA SUMARON DE 3”.

1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B

Empate con consecuencias do Mazaricos.

 

Xornada redonda para o CD Baio que lle remontaba ao SD Tordoia, (2-1), e co resto de resultados colócase a falla de unha xornada para o final da Liga Regular, en posto de promoción, na segunda praza, con 1 punto por enriba dos tordoieses, que marcan o derradeiro posto que da acceso a loita polo ascenso a Preferente, e a mesma distanza do CF Mazaricos, que non pasaba do empate sen goles ante o Corme CF, (0-0), e que depende dos baieses e os tordoieses para entrar a vindeira semana no “Play-off”, sendo o único equipo que lles disputará esta opción, xa que o CF Dumbría caía ante o lider, (2-0), e xa non tiña opción ningunha. Na derradeira xornada os de Baio visitan o Volantes, que esta semana caía ante o Soneira, (3-0), e os de Mazaricos visitan o Ponteceso, que esta semana caía ante o Belvís, (3-0), que será quen recibe ao Tordoia. Pola sua banda o Corme remata a liga regular, recibindo ao lider e campión, Negreira. Dumbría e Soneira despiden a liga regular cun derbi no Conco.

 

Resultados, Goleadores e Clasificación

17ª Xornada

Domingo 06 de Marzal 2022

SD Soneira 3-0 Volantes de Baño FC

Hora : 17:00

Campo : “Municipal de Vimianzo”

Colexiado : Sergio Sánchez Martínez

Goles : 1-0, Diego Lois, (14´de penalti); 2-0, José Adrián, (36´); 3-0, Iván Noya, (desconto final).

 

 

CF Mazaricos 0-0 Corme CF

Hora : 17:00

Campo : “Pedra d óuro”, (Pino do Val-Mazaricos)

Colexiado : Eloy Galán Lagüela

Goles : 0-0

 

CD Belvís 3-0 Ponteceso SD

Hora : 17:00

Campo : “As Cancelas”, (Belvís)

Colexiado : Francisco Manuel Brión Sanisidro

Goles : 1-0, Baña, (9´); 2-0, Lucas, (19´); 3-0, Crístian, (66´).

 

CD Baio 2-1 SD Tordoia 

Hora : 12:00

Campo : “O Pinguel”, (Ponteveso) 

Colexiado : Miguel Suárez Carnota.

Goles : 0-1, Abel Torres, (58´); 1-1, Martín MC, (68´ de penalti); 2-1, Braian, (88´).

 

SD Negreira 2-0 CF Dumbría 

Hora : 17:00

Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira) 

Colexiado : Alberto Álvarez Cebreiro.

Goles : 1-0, Fran Sanín, (52´de penalti); 2-0, Alberto Rial, (69´).

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia