CRÓNICAS 16ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O CORME DERROTA O LIDER SAN LORENZO E ACURTA DISTANZAS PARA ÉL E PARA O MUXÍA”.

Boa actuación da colexiada Edith Pereyra na Arliña.

 

Crónicas 16ª Xornada

Ante a petición de numerosos afeccionados , xogadores, diretivos e adestradores, voltamos ao noso estilo das crónicas de antes da pandemia, coa visión dos adestradores, ou en algún caso diretivos, dos clubes, para ver a crónica do encontro dende ambos bandos. É un sistema que requer da colaboración de todos, para que salgan tódolos comentarios ao mesmo tempo. As veces por cuestións de traballo do colaborador, chéganos máis tarde, polo que as pendentes iranse poñendo, polo que as crónicas da xornada seguen vivas ata estar completadas. Darlle as gracias a tódolos que colaboran para poder levar a cabo este sistema de crónicas semanais.

 

 Gran encontro de Iago Muiño do Muxía CF.

 

Muxía CF 4-1 UD Cerqueda

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Empezamos moi ben, con un gol de Julián pronto e varias chegadas claras, pero non conseguimos facer o segundo. O Cerqueda foise sentindo máis cómodo e co paso dos minutos, acercábase máis á nosa área, ata que antes do descanso, fixo o empate nun córner.
Co comezo do segundo tempo, chega o noso segundo gol, obra de Michael Vilela. Controlamos a posesión do balón pero non estábamos acertados na área. Ata que, cerca do final, Manu fai o terceiro tras unha boa xogada, e Xan o cuarto de penalti feito sobre Iago”.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido bastante igualado contra un rival superior pero co que competimos moi ben.
Os primeiros minutos marcaron nun gol de rebote pero nos repuxemos e conseguimos empatar nun corner no 43′
Outra vez no primeiro minuto da 2ª parte nun balón parado, nun desaxuste entre defensa e porteiro encaixamos o 2-1 e conseguimos seguir no partido estando cerca de empatar ata o 83′, que se nos lesiona Hugo con todolos cambios feitos e quedamos con 10. Intentamos empatar indo arriba pero colléronos na contra cun gol no 87′, e un penalti no desconto. Melloramos progresivamente”.

Goles : 1-0. Julian, (tras dar en Guillamet, 3´); 1-1, José Guillamet, (43´); 2-1, Michael, (46´); 3-1, Manu Nogueira, (87´); 4-1, Xan Nogueira, (desconto, de penalti).

Incidencias : A colexiada Edith Pereyra, é a primeira que pasa nesta tempada pola Arliña e fixo un excelente arbitraxe.

 

Corme CF 2-1 SD San Lorenzo

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) : “Partido condicionado po la climatoloxia con moito vento sobre o Cairo pero que a pesar de non ser moi vistoso, con moita presión po los dous equipos non defraudou a afición Primeira parte que nos tocou xogar co vento en contra o cal defendemos en bloque alto, con unha presión axfisiante sobre o rival e solo o intentaba en balóns en longo imposible pos xogadores mais adiantados do rival que tan so tirou un tiro entre os tres paus facendo unha boa intervención o noso porteiro. Po la nosa parte tampouco fomos quen de facer o noso xogo, o rival presionaba moitisimo e había moitas imprecisions. E unha xogada por banda dereita cometen un penalty por man e o árbitro señala pena máxima. Penalti que lanza o noso “fichaxe” de inverno, Alejo pero o porteiro rival despexa o lanzamento, pero debido a entrada na área de xogadores rivais o árbitro manda repetir e a segunda si que consigue poñernos por díante do marcador. O partido seguía co mesmo guión con pocas ocasions pa ningún dos dous equipos co cal iríamos o tempo de lecer. Na segunda métade co aire a favor demos un paso atrás pa sair a contra o rival seguía presionando moito intentando con balóns a espalda da defensa crearnos peligro pero sin claras ocasions. E nunha imprecision da defensa e o porteiro e aproveitado por Iván pa poñer a igualada no marcador. Seguimos intentando tendo unha moi clara de Alejo pero o seu disparo atopase co pau. E noutra contra co balón a espalda da defensa desta ves si que e aproveitado de novo por Alejo pa poñernos por díante no marcador. Quedaban 8 minutos pa rematar o partido, o rival seguía intentando con balón aéreos pero sen acerto e sin crearnos peligro. Dispuxemos doutra boa ocasión desta ves dun saque en longo do noso porteiro ca axuda do forte vento e o balón da no longueiro e casi sorprende o porteiro rival. Final do partido cun 2/1 o noso favor nun partido quizás que non moi vistoso pero con moitisima intensidad e cun gran derroche fisico po los dous equipos, resultado baixo o meu punto de vista xusto por ocasions duns e outros que nos permite seguir “invitados” no alto da clasificación”.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

Goles : 1-0, Alejo, (26´de penalti); 1-1, Iván Rojo, (72´); 2-1, Alejo, (80´).

Incidencias : Expulsado o adestrador Dani Casal no desconto. 

 

SD Oza 2-2 Camariñas FC

Sebastián Andrade, (Adestrador do SD Oza) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que voltamos as andadas. Fixemos dous regalos, nada máis comezar o encontro un penalti de prebenxamíns, cunha man innecesaria estando só. Tivemos que remar e tras eses primeiros 10 minutos iniciais, dominamos o xogo e antes de empatar xa tiráramos duas o longueiro. O empate chegou cun remate de Djibril nun saque de curruncho. No segundo tempo embotellamos o Oza, pero nunha serie de erros chegou o segundo deles. Faltando cinco minutos para o final empatamos. Moito xogo brusco por parte do rival, e unha pena por eses dous goles con erros infantís, que nos privamos dos 3 puntos que merecemos”.

Goles : 1-0, Novi, (9´de penalti); 1-1, Djibril, (25´); 2-1, Eduanys, (38´); 2-2, Martín, (88´).

 

Volantes de Baño FC 1-3 SD Castriz

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantábase pronto o Cabana por medio de Simón despois de un roubo e asistencia de Manuel. O Cabana parecía estar mais cómodo e rondaba a porta local. Empatou pronto o Volantes e igualouse o encontró con alternativas. No segundo tempo volvía a adiantarse o Cabana por medio de Manuel, o transformar un penalti. O Volantes a base de balóns longos apretou, e o Cabana sacaba contras que poñian en apretos o Volantes. Ata tres goles anulou o colexiado, dous os visitantes e un os locais, todos por fora de xogo. No minuto 96 empataban os locais no enésimo balón colgado, e cando parecía que todo iba quedar en empate, Aaron, cunha entrada por banda dáballe a victoria o Cabana”.

Goles : 0-1, Simón, (8´); 1-1, Ángel “Pesco”, (18´); 1-2, Manuel Romero, (63´ de penalti); 2-2, Borja, (96´); 2-3, Aarón, (98´).

 

UD Monte Louro 2-1 Outes FC

Encontro moi disputado e que representa a quinta derrota consecutiva dos outeses, que a principios de liga eran a revelación e líderes inabordables, con 5 vitorias consecutivas e sin recibir un só gol en contra. O primeiro recibírono na 7ª xornada na que caían por primeira vez, por 0-1 ante o San Lorenzo, tras empatar na anterior a ceros, e a semana seguinte voltarían a empatar a ceros. Neste encontro adiantábanse os da Serra cun gol de Adrián, (24´), e empataría no inicio da segunda parte, Xián, (49´), para os loureses. O gol da vitoria local chegaba no 69, novamente con Xián como artífice.

Incidencias : Expulsado con dobre cartón, Sergio Santamaría, (57´e 85´).

 

SD Coristanco 1-1 Ponteceso SD

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido con bastante respeto entre ambos, nos que a órde se impoñía. Así, na primeira parte as máis claras son 2 remates de cabeza de Pazos e Niko e un ataque en 2 contra un defensa de Samu e Casti que non chegan a acabar a portería. Polo Ponteceso, unha boa xogada dentro da área dun dianteiro que reagateaba a un defensa e cando ía rematar so ante Rubén, chegaba Niko ó corte para atallar o disparo. Na segunda parte continuaba a mesma dinámica, co balón dominado polo Coristanco pero sen crear demasiado perigo. Cun para de ocasións creadas por Joni regateando a varios rivais e salvando o porteiro visitante nun paradón. Ou unha xogada por banda que tras un centro pasaba por diante de Randy por centímetros. No 80′, unha falta lateral sacada por Dani era peinada cara a sua propia portería por un xogador pontecesán, daba na cruceta e Niko remataba metendo o 1-0.
Remataban os últimos 10 minutos cun ponteceso subindo líneas pero sen tirar á portería, ata que no desconto un pase dentro da área a Charro era ben anticipado por Villajos, que non é quen de golpear con contundencia e deixaa para que o dianteiro a marque a pracer. 1-1 que por dominio de balón e número de ocasións podería ter sido unha victoria local, ó noso parecer.

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : Foi un partido con moita intensidad pero sin ocasións claras. O dominio do balón pertenecía máis a eles pero non creaban perigo salvo a balón parado. Tivon unha Eloy Álvarez ó comezo do choque que salva Nico in extremis e mediada a segunda parte Jonathan Fraga pudo facer o 1-0 pero sacou Damián unha boa man. Contra o final veu o desórden e o risco, sobre todo tras o gol deles, tras un mal despexe que da no pao e o rechace méteno dentro. Nos conseguimos o empate nunha gran internada de Neira, que fixo unha gran segunda parte, que centra o balón, Ángel deixalla a Charro que tras regatear marca polo primeiro pao. Desde o noso punto de vista, partido de cero cero. Dous erros dous goles”.

Goles : 1-0, Nico, (79´); 1-1, Montes, (desconto).

 

UD Corcubión 37 SD Castriz

Encontro no que os xalleiros foron moi superiores, en especial na segunda metade na que o Corcubión foi un xoguete roto nas suas botas. Destacar que a pesares da goleada, na que os corcubioneses lembraron pantasmas da primeira xornada, neste inicio da segunda volta, Iago Lema non perde o olfato goleador e fixo os 3 goles do seu equipo.

Goles : 0-1, Juan Álvarez, (1´); 0-2, Mourelle, (23´); 0-3, Adrián, (35´); 1-3, Iago Lema, (46´); 1-4, Juan Álvarez, (50´); 1-5, Adrián, (56´de penalti); 2-5, Iago Lema, (58´); 2-6, Fran Calvo, (70´); 3-6, Iago Lema, (83´ de penalti); 3-7, Pastoriza, (87´).

 

UC Cee 2-2 CD Muros

Dous goles en propia meta puxeron unhas táboas no marcador, nun choque no que se adiantaban os ceenses, remontaban os muradáns, e conseguían empatar os ceenses. O gol da remontada muradana, e o do empate, chegaron tras desvíos de xogadores do equipo rival en propia porta.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : Tan pronto teñamos o seu comentario poñerémolo aquí.

Goles : 1-0, Gabri Pazos, (37´); 1-1, Borja, (53´ en propia porta); 1-2, Xabier, (56´); 2-2, Miguel Gesto, (74´ en propia porta).

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Resultados de todo oFútbol 11 de base da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia